Anjo de terra
Anxo de terra (1ª edición, 1950[1]) ou Anjo de terra (edición de 1980[2]) é un libro de poemas de Ricardo Carballo Calero.
Anxo de terra | |
---|---|
Título orixinal | Anxo de terra e Anjo de terra |
Autor/a | Ricardo Carballo Calero |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galega |
Xénero(s) | Poesía |
Editorial | Colección Benito Soto |
Data de pub. | 1950 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarA preocupación existencial, a incógnita sobre o eu, a dúbida como única verdade accesíbel ao humano, a figura do anxo, a consciencia da condición humana e o desexo de retorno ao paraíso, forman o discurso poético do autor.[3]
Segundo Henrique Rabuñal: é un retrato do poeta como anxo de terra que aspira a subir ao ceo, coma anxo da néboa e da señardade que contempla o verdor da terra e cisma no sentido da morte.[4] Para Henrique Dacosta: o home, neste poemario, será concebido como o tal anxo da terra, como o que se move entre a covarde arxila de que está construído e a ansia de tentar alcanzar o paraíso perdido.[5]
Poemas
editarNa edición de 1980 inclúense:
- Retrato de poeta
...
E as orellas do poeta;
medran atal as dun sátiro triste
nos seus rostos de lama
cujos ollos ja leron os oráculos
e cujas moas ja non roen a vida
como a carne dun deusa cazada
na fraga do solpor [6]
- Anjo de terra
Anjo de terra, de cobarde argila,
que co teu po queres rubir ao ceo.
Entre o verde e o azul fas o teu niño.
Da nube e do piñeiro pendurado,
arrandeando entre o que foge e dura
...[7]
- Verdor 1
- Verdor 2
- Nome lanzal
- Cidade dos anjos
Oh, cidade dos anjos. Asas loiras,
brancas penas que escreben polos ares
maiúsculas de exames prudentes.
Vila no vento alicerzada. Voas
batendo nubes. Os teus pazos de ouro
Polos ollos de Deus alapeados.
...[8]
- Choiva
- Rolda da morte
- A vida
- home
- Ven ti acó
- Muller
- Beleza de muller
- Danza
- Égloga entre o verde e o azul
Notas
editar- ↑ Carballo Calero, Ricardo (1950). Anxo de Terra. Colección Benito Soto.
- ↑ Carballo Calero, Ricardo (1980). Pretérito imperfeito (1927-1961). Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-047-7.
- ↑ Villamayor 1996, p. 1042.
- ↑ Rabuñal, Henrique (2020). Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra. Galaxia. p. 130. ISBN 978-84-9151-436-7.
- ↑ Dacosta, Henrique (2020). Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético. Edicións Xerais de Galicia. p. 49. ISBN 978-84-9121-625-4.
- ↑ Carballo Calero 1980, p. 84.
- ↑ Carballo Calero 1980, p. 85.
- ↑ Carballo Calero 1980, p. 89.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carballo Calero, Ricardo (1980). Pretérito imperfeito (1927-1961). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-047-7.
- Villamayor, Sindo (1996). Historia da Literatura Galega. 33. O silencio interior (1940-1950). Vigo: Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-89679-05-3.