Juan Pérez Creus

escritor español

Juan Pérez Creus, nado en La Carolina (Xaén) o 28 de abril de 1912 e finado en Madrid en abril de 1999, foi un escritor español.

Infotaula de personaJuan Pérez Creus
Biografía
Nacemento28 de abril de 1912 Editar o valor em Wikidata
La Carolina, España Editar o valor em Wikidata
Morte1999 Editar o valor em Wikidata (86/87 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi mestre en La Linea de la Concepción. Participou na Guerra civil española como comisario político do goberno republicano, resultando ferido dúas veces. Licenciouse en Filosofía e marchou traballar a París, en organismos internacionais. De regreso a Madrid, ingresou no Corpo Técnico de Publicacións do Ministerio de Traballo e publicou poesías satíricas, primeiro no diario Arriba, co pseudónimo de Maese Pérez e despois nos semanarios Interviú e Sábado Gráfico, asinando, respectivamente, El Satiricón e Pájaro Pinto.

Nunca visitou Galicia, nin frecuentou amizade de escritores en lingua galega.[1] Coñeceu o galego a través da lírica medieval e escribiu nesta lingua os libros de poemas As canciós d’ise amor que se diz olvido (1951) e As derradeiras pombas do serán (1988).

Obras editar

Poesía editar

  • Poemas del Sur, 1932.
  • As canciós d'ise amor que se diz olvido, 1951.
  • Las coplas de Maese Pérez, 1973.
  • Los Cantos de Montenegro, 1981.
  • Molino de viento (Molino de recuerdos), 1984.
  • Los hilos del recuerdo, 1987.
  • As derradeiras pombas da serán, 1988.
  • Romancerillo de la 92 brigada, 1989.
  • Sonetario del desván, 1991.

Narrativa editar

  • Boletín del Parnaso.
  • Cartas del tío Prudencio.
  • El loto de mil pétalos (La India Milenaria).

Ensaio editar

  • El poeta también va al fútbol.
  • Los intereses glósicos en la primera infancia
  • Orientación y selección profesional, 1947.
  • África 1966, 1966.
  • A través de la fe llegó la vida, 1998.

Notas editar

  1. Mendez Ferrín 1984.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar