José Ruibal
José Ruibal Argibay, nado en Xeve (Pontevedra) en 1925 e finado en Buendía (Cuenca) o 16 de febreiro de 1999, foi un dramaturgo galego, ideólogo da chamada "xeración simbolista".[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1925 Xeve, España |
Morte | 16 de febreiro de 1999 (73/74 anos) Buendía, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, dramaturgo |
Xénero artístico | Dramaturxia |
Familia | |
Nai | Aurora Argibay Iglesias |
Irmáns | Mercedes Ruibal |
Traxectoria
editarFillo dun funcionario municipal de Pontevedra e da tamén pintora Yoya. É autor da primeira monografía sobre Laxeiro que se publicou en 1951 como o primeiro dos Cuadernos de Arte Gallego na Colección Benito Soto. Viviu no Uruguai durante os anos cincuenta, e parte da súa obra foi escrita na Arxentina e nos Estados Unidos, onde estivo exiliado durante os últimos anos da ditadura de Francisco Franco. Foi profesor da State University of New York e da Minnessota University, asesor artístico do Festival Calderón (Texas), impartiu seminarios sobre teatro en universidades alemás e foi profesor no Actor’s Studio de New York, que o nomeou membro de honra. Colaborou en periódicos de Madrid e Hispaoamérica con artigos de política internacional.
Pasou os cinco últimos anos de vida incapacitado para a actividade intelectual, primeiro nunha residencia de Nigrán e finalmente nun xeriátrico de Buendía (Cuenca), onde morreu. As súas cinzas foron esparexidas na ría de Vigo.
O seu teatro
editarComezou a súa carreira literaria nos anos cincuenta con Los mendigos (1957), onde presenta a miseria e a especulación política que a produce mediante procedementos de desrealización que fan aparecer aos poderes sociais protagonistas como figuras animais: o militar (Perro) o civil (Asno), o eclesiástico (Cuervo).
A súa obra máis importante é El hombre y la mosca, brillante sátira do franquismo, en forma de metáfora política; o espazo é unha cúpula onde permanecen encerrados o Ditador e o seu Dobre e chegou a ser estreado en 1983, cando a súa mensaxe perdera boa parte da súa vixencia.
Ruibal define o seu teatro como "verbo en movimiento" e, aínda que o seu ton crítico e de denuncia política é constante e ingrediente esencial do seu teatro, sempre os reviste dun carácter simbólico e alegórico que amplía o seu referente de evocación.
Obras
editarPublicou en 1950 o poemario El dios de los precipicios na Colección Benito Soto.
Entre as súas obras teatrais destacan:
- La ciencia del birlibirloque, 1956.
- Los mendigos, 1957.
- El bacalao, 1960.
- El asno, 1962 (sobre a explotación colonialista).
- Su majestad la sota, 1966.
- El hombre y la mosca, 1968 (obra de simbolismo político).
- Los mutantes, 1968.
- El rabo, 1968.
- Los ojos, 1968.
- La secretaria, 1968.
- El padre, 1968.
- El superagente, 1968.
- El ascenso, 1968.
- El mono piadoso, 1969.
- El asno electrónico, 1969.
- La máquina de pedir, 1969.
- Currículum vitae, 1970.
- Teatro sobre teatro, 1975.
- Controles, 1976.
- El patio de Yocasta, 1987.
- Helena, 1989.
- Celestina, 1989.
- Otra vez los avestruces, 1991.
Vida persoal
editarÉ irmán de Mercedes Ruibal e Ángeles Ruibal.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 17-2-1999, p. 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Ruibal Argibay, Xosé". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Javier Huerta, Emilio Peral, Héctor Urzaiz, Teatro español de la A a la Z. Madrid: Espasa, 2005, p. 626.
Ligazóns externas
editar- "José Ruibal estrena la sátira 'El hombre y la mosca'" (3/2/1983). El País (en castelán).
- Páxina web de Ángeles Ruibal, irmá, en Internet Archive (en castelán).