Coello precámbrico
Os "coellos precámbricos" ou "coellos fósiles do Precámbrico" son unha das respostas atribuídas ao biólogo J.B.S. Haldane cando lle preguntaron que probas poderían destruír a súa confianza na teoría da evolución e o seu campo de estudo. Se fósiles duns animais modernos como os coellos se encontrasen en estratos tan antigos como os precámbricos iso faría cambalearse a teoría da evolución tal como se interpreta hoxe. A resposta converteuse nunha imaxe popular en debates sobre a evolución e o campo científico da bioloxía evolutiva na década de 1990. Moitas das afirmacións de Haldane sobre a súa investigación científica foron popularizadas ao longo da súa vida.
Algunhas explicacións usan esta resposta para rebater aos que afirman que a teoría da evolución non é falsable por unha evidencia empírica. Isto seguiu a unha aserción do filósofo, Karl Popper, que propuxera que a ''falsabilidade'' é unha característica esencial dunha teoría científica. Popper tamén expresou dúbidas sobre o status científico da teoría evolutiva, aínda que posteriormente concluíu que ese campo de estudo era xenuinamente científico.
Os coellos son mamíferos. Desde unha perspectiva puramente da filosofía da ciencia, é dubidoso se un descubrimento de mamíferos fósiles auténticos en rochas do Precámbrico refutaría instantaneamente a evolución, aínda que, como mínimo, tal descubrimento indicaría serios erros na comprensión moderna do proceso evolutivo. Os mamíferos son unha clase de animais cuxa aparición na escala de tempo xeolóxica está datada nun momento moi posterior ao de calquera estrato do Precámbrico. Os rexistros fósiles indican que, aínda que os primeiros mamíferos verdadeiros apareceron no Triásico, as ordes modernas de mamíferos apareceron no Paleoceno e Eoceno (período paleoxeno). Este período está separado por centos de millóns de anos do Precámbrico.
Orixe da frase
editarVarios autores escribiron que J.B.S. Haldane (1892–1964) dixo que o descubrimento dun coello fósil en rochas do Precámbrico sería suficiente para destruír a súa crenza na evolución.[1][2][3][4][5][6] Porén, estas referencias datan da década de 1990 ou posterior. En 1996 Michael J. Benton citou a edición de 1993 do libro Evolution de Mark Ridley,[7] Richard Dawkins escribiu en 2005 que Haldane estaba respondendo a un reto dun "fanático popperiano".[6] En 2004 Richa Arora escribiu que a historia fora contada por John Maynard Smith (1920–2004) nun programa de televisión.[8] John Maynard Smith atribuía a frase a Haldane nunha conversación con Paul Harvey a inicios da década de 1970.
Fundamento teórico
editarO filósofo Karl Popper mantiña que calquera proposición científica debe ser falsable, é dicir, debe polo menos ser posible imaxinar algún experimento reproducible ou observación cuxo resultado sería refutar a hipótese.[9] Inicialmente pensaba que a teoría de Charles Darwin da selección natural (a miúdo resumida como "a supervivencia dos máis aptos"[10]) non era comprobable neste sentido, e, por tanto, "case tautolóxica."[7] Popper posteriormente cambiou o seu modo de ver o asunto, concluíndo que a teoría da selección natural é falsable e que o propio exemplo de Darwin da cola do pavo real refutara unha variación extrema da mesma, que toda evolución estaba impulsada pola selección natural.[11] Aínda que en 1978 Popper escribira que a súa anterior obxección fóra especificamente sobre a teoría da selección natural, en conferencias e artigos de 1949 ata 1974 afirmara que o "darwinismo" ou "a teoría de Darwin da evolución" fora un "programa de investigación metafísica" porque non era falsable.[12] De feito, continuou expresando a súa insatisfacción coas afirmacións contemporáneas da teoría da evolución, que se centraban na xenética de poboacións, o estudo das frecuencias relativas dos alelos (diferentes formas do mesmo xene). Desafortunadamente, algúns dos axustes que propuxo lembraban o lamarckismo ou o saltacionismo, teorías evolutivas que eran e aínda son consideradas obsoletas, e por iso os biólogos evolutivos discordaban das súas críticas.[9] En 1981 Popper queixouse de que el fora malinterpretado ao dicir que as "ciencias históricas" como a paleontoloxía ou a historia da evolción da vida na Terra non eran ciencias xenuínas, cando, de feito, el cría que podían facer predicións falsables.[9][13]
Outra confusa controversia orixinouse en 1980–1981, cando houbo un longo debate nas páxinas da revista Nature sobre o status científico da teoría da evolución.[14][15] Concretamente, a discusión estaba centrada nos factores que influían e na natureza da unidade de selección no xenoma, e un lado posicionábase a favor da selección natural,[16][17] e o outro e favor das mutacións neutras.[18][19] Ningunha das partes dubidaba seriamente que a teoría era tanto científica coma, de acordo co coñecemento científico actual, verdadeira. Porén, algúns participantes obxectaron a afirmacións que parecían presentar a actual teoría da evolución como un dogma absoluto, en vez dunha hipótese que ata agora funcionara moi ben, e ambas as partes citaban a Popper para apoiar as súas posicións. Os críticos da evolución como Phillip E. Johnson aproveitaron a oportunidade para declarar que a teoría da evolución non era científica.[9][15]
Un fósil anacrónico refutaría a evolución?
editarO biólogo evolutivo Richard Dawkins dixo que o descubrimento dun mamífero fósil en rochas precámbricas "arrasaría completamente a evolución."[20] Porén, o filósofo Peter Godfrey-Smith dubidaba de que un só conxunto de fósiles anacrónicos, incluso de coellos no Precámbrico, refutase completamente a teoría da evolución. A primeira cuestión que suscitaría tal descubrimento sería se os supostos "coellos precámbricos" son realmente coellos fosilizados. Podería haber interpretacións alternativas como unha interpretación incorrecta do "fósil", unha datación incorrecta das rochas, ou unha falsificación deliberada como no caso do home de Piltdown. Mesmo se os "coellos precámbricos" resultasen ser xenuínos, isto non refutaría instantaneamente a teoría da evolución, porque esa teoría é un amplo conxunto de ideas, como: a vida na Terra evolucionou ao longo de miles de millóns de anos; esta evolución está dirixida por certos mecanismos; estes mecanismos produciron unha "árbore xenealóxica" específica que define as relacións entre especies e a orde na cal apareceron. Por tanto, os "coellos precámbricos" probarían que había un ou varios erros graves nalgunhas partes dese conxunto de ideas e a seguinte tarefa sería identificar e corrixir eses erros.[2]
Benton sinalou que, a curto prazo, os científicos a miúdo teñen que aceptar a existencia de varias hipóteses en competencia, cada unha das cales explica grandes partes (pero non todas) dos datos relevantes observados.[7]
Os coellos máis antigos coñecidos
editarOs fósiles auténticos dos primeiros coellos dos que se atopou rexistro datan do Eoceno, unha época xeolóxica entre hai 56 e 33,9 millóns de anos. Estableceuse que os membros do xénero Gomphos son a raíz filoxenética dos lagomorfos (coellos e lebres).[21] Ata hoxe, o Gomphos máis antigo atopado é o G. elkema, descuberto en 2008 en Gujarat, India, cunha antigüidade de 53 millóns de anos.[22][23]
Notas
editar- ↑ Mark Ridley (2004). Evolution. Blackwell Publishing. p. 66. ISBN 978-1-4051-0345-9. Consultado o 2008-10-28.
- ↑ 2,0 2,1 Peter Godfrey-Smith (2003). Theory and Reality: An Introduction to the Philosophy of Science. University of Chicago Press. pp. 72–74. ISBN 978-0-226-30062-7. Consultado o 2008-10-28.
- ↑ Benton, M.J. (1996). "Testing the Time Axis of Phylogenies". En Harvey, P.H.; Brown, A.J.L.; Smith, J.M.; Nee, S. New Uses for New Phylogenies. Oxford University Press. p. 222. ISBN 978-0-19-854984-0. Consultado o 2008-10-28.
- ↑ Lane, N. (2005). Power, Sex, Suicide: Mitochondria and the Meaning of Life. Oxford University Press. p. 271. ISBN 978-0-19-280481-5. Consultado o 2008-10-28.
- ↑ Greener, M. (2007). "Taking on creationism. Which arguments and evidence counter pseudoscience?". EMBO Reports 8 (12): 1107–1109. PMC 2267227. PMID 18059309. doi:10.1038/sj.embor.7401131.
- ↑ 6,0 6,1 Dawkins, R. (November 2005). "The Illusion of Design". Natural History Magazine. Consultado o 2010-11-15.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Benton, M.J. & Hitchin, R. (1996). "Testing the Quality of the Fossil Record by Groups and by Major Habitats" (PDF). Historical Biology 12 (2): 111–157. doi:10.1080/08912969609386559. Consultado o 3 de marzo de 2022.
- ↑ Arora, R. (2004). Encyclopaedia of Evolutionary Biology. Anmol Publications. p. 18. ISBN 978-81-261-1500-6. Consultado o 3 de marzo de 2022.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 Hull, D.L. (October 1999). "The Use and Abuse of Sir Karl Popper". Biology and Philosophy 14 (4): 481–504. doi:10.1023/A:1006554919188.
- ↑ "Esta preservación das diferenzas e variacións individuais favorables e a destrución das que son daniñas, chameina Selección Natural, ou Supervivencia dos máis Aptos." — Charles Robert Darwin. (2001). "IV. Natural Selection; or the Survival of the Fittest". En Charles W. Eliot. The origin of species. The Harvard classics (Bartleby.com).
- ↑ Popper, K. (1978). "Natural Selection and the Emergence of Mind". Dialectica 32 (3–4): 339–355. doi:10.1111/j.1746-8361.1978.tb01321.x.
- ↑ Popper, K. (2002). "Darwinism as a Metaphysical Research Programme". En Balashov, Y.; Rosenberg, A. Philosophy of science: Contemporary Readings. Routledge. pp. 302–304. ISBN 978-0-415-25781-7. Consultado o 2008-10-28.
- ↑ Popper, K.R. (1981). "Evolution". New Scientist 87: 611.
- ↑ Editorial (1981). "How true is the theory of evolution?". Nature 290 (5802): 75–76. Bibcode:1981Natur.290...75.. PMID 7207599. doi:10.1038/290075a0.
- ↑ 15,0 15,1 Johnson PE (2010). Darwin on Trial. InterVarsity Press. p. 238. ISBN 9780830838318.
- ↑ Orgel LE, Crick FH (1980). "Selfish DNA: the ultimate parasite". Nature 284 (5757): 604–607. Bibcode:1980Natur.284..604O. PMID 7366731. doi:10.1038/284604a0.
- ↑ Cavalier-Smith T (1980). "How selfish is DNA?". Nature 285 (5767): 617–618. Bibcode:1980Natur.285..617C. PMID 7393317. doi:10.1038/285617a0.
- ↑ Dover G, Doolittle WF (1980). "Modes of genome evolution". Nature 288 (5792): 646–647. Bibcode:1980Natur.288..646D. PMID 6256636. doi:10.1038/288646a0.
- ↑ Li WH, Gojobori T, Nei M (1981). "Pseudogenes as a paradigm of neutral evolution". Nature 292 (5820): 237–239. Bibcode:1981Natur.292..237L. PMID 7254315. doi:10.1038/292237a0.
- ↑ Wallis, C. (August 7, 2005). "The Evolution Wars". Time. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2012. Consultado o 2008-10-29.
- ↑ Asher RJ, Meng J, Wible JR, McKenna MC, Rougier GW, Dashzeveg D, Novacek MJ (2005). "Stem Lagomorpha and the antiquity of Glires". Science 307 (5712): 1091–1094. Bibcode:2005Sci...307.1091A. PMID 15718468. doi:10.1126/science.1107808.
- ↑ Rose KD, DeLeon VB, Missiaen P, Rana RS, Sahni A, Singh L, Smith T (2008). "Early Eocene lagomorph (Mammalia) from Western India and the early diversification of Lagomorpha". Proc Biol Sci 275 (1639): 1203–1208. PMC 2602686. PMID 18285282. doi:10.1098/rspb.2007.1661.
- ↑ National Geographic News (21 March 2008). "Easter Surprise: World's Oldest Rabbit Bones Found". National Geographic Society. Arquivado dende o orixinal o 18/02/2014. Consultado o 2 August 2013.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Artefactos fóra de lugar
- Río Paluxy - fíxose famoso na década de 1930 cando habitantes da zona atoparon fólsiles de dinosauros xunto con supostos fósiles de pegadas de pés humanos no mesmo estrato.