Proposición pode referirse a:

  1. En lingüística textual, chámase proposición ás unidades mínimas que debemos percibir á hora da comprensión dun texto. As proposicións son unidades puramente lingüísticas que captamos por medio do proceso de segmentación e conmutación. Logo de observar a pertinencia dos signos, ó lles atribuír un significado os sinais escritos, acadamos o primeiro elemento perceptible e exclusivo da lingüística textual: a proposición (a proposición é o significado dunha oración illada).
  2. En matemáticas, unha proposición é a enunciación dunha verdade demostrada ou que se trata de demostrar.
  3. En filosofía, unha proposición é a expresión verbal dun xuízo.