Clásicos Xuntanza

colección literaria en lingua galega

Clásicos Xuntanza é unha colección de libros editados entre 1999 e o 2001 por Xuntanza Editorial, da Laracha, con José Raúl Seoane Prieto como editor. Incluía obras clásicas da literatura traducidas ao galego. Estaba subvencionada pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Política lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Detalle da portada de Arte de amar.

Descrición editar

A colección completa ten o ISBN 84-86614-86-4. Foi impresa por IMAGRAF en Santiago. Os volumes foron editados en rústica de 120 x 210 mm. As cubertas son de cor negra, con rótulos de autor e título en branco e unha imaxe do autor na portada.

Títulos editar

Publicáronse 13 títulos.

Título Contido Autor Lingua
orixinal
Tradutor Páxinas ISBN
1 Diálogos Platón: datos biográficos, Apoloxía de Sócrates, Gorxias,
Banquete, Fedón, Fedro
Platón Grego Xurxo Sierra Veloso 189 p. ISBN 84-86614-92-9
2 A República Introdución e Libros VII-X da República Platón Grego Xurxo Sierra Veloso
e X. C. Rodríguez Pérez
117 p. ISBN 84-86614-93-7
3 O arte da persuasión
ou como convencer coa palabra
[sic]
Introdución e Libro II da Retórica Aristóteles Grego Manuel Quintáns Suárez 106 p. ISBN 84-86614-94-5
4 Edipo Rei Introdución e a traxedia Edipo Rei Sófocles Grego María Fe González Fernández 96 p. ISBN 84-86614-90-2
5 Electra Introdución e a traxedia Electra Sófocles Grego José Antonio Rodríguez Blanco 94 p. ISBN 84-86614-89-9
6 O asno de ouro Introdución, O autor de "O Asno de Ouro", O Asno de Ouro, Psique e Cupido (artigo),
Criterios de edición, Historia de "Psique e Cupido", Limiar,
Psique e Cupido (obra de Apuleio), Epílogo, Nota bibliográfica
Apuleio Grego Manuel Quintáns Suárez 141 p. ISBN 84-86614-95-3
7 Fábulas completas de Esopo e Barrio Fábulas de Esopo, Vida de Esopo, Fábulas de Barrio Esopo, Barrio Grego Xoan Carlos Domínguez Alberte 379 p. ISBN 84-86614-87-2
8 Traxedias completas Introdución, Agamenón, As Coéforas, As Euménides, Os Persas,
Prometeo Agrilloado, Os Suplicantes, Os Sete contra Tebas
Esquilo Grego Xoan Carlos Rodríguez Pérez 333 p. ISBN 84-86614-88-0
9 Comedias Introdución, Aristófanes, As Avespas, Lisístrata Aristófanes Grego M.ª Teresa Montagudo Cabaleiro 117 p. ISBN 84-86614-91-0
10 O contrato social Arredor de Rousseau e o Contrato Social Rousseau Francés Rebeca Quintáns López 189 p. ISBN 84-86614-96-1
11 Diálogos Introdución, Vida e obras, A doutrina de Platón, Análise da obra:
O banquete ; O Fedón ; O Fedro, Os diálogos ; O banquete ; Fedón ; Fedro
Platón Grego Xurxo Sierra Veloso 307 p. ISBN 84-86614-97-X
12 Arte de amar Ovidio Grego Xoan Carlos Domínguez Alberte 123 p. ISBN 84-86614-98-8
13 Catilinarias. Tratados das leis Cicerón Latín 151 p. ISBN 84-95586-02-9


Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar