Xurxo Sierra Veloso
escritor galego
Xurxo Sierra Veloso, nado en Caracas o 26 de setembro de 1969, é un escritor galego.
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de setembro de 1969 (55 anos) Caracas, Venezuela |
Formación profesional | Filoloxía Hispánica |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Narrativa |
Premios | |
Traxectoria
editarLicenciado en Filoloxía Hispánica, subsección Galego-Portugués. Traballa na Escola de Maxisterio de Zamora como funcionario da Universidade de Salamanca. Entre 1990 e 1993 codirixiu e presentou o programa radiofónico Os mundos de Horacio Oliveira nunha emisora viguesa. Dende 2011 é membro do Seminario Permanente Claudio Rodríguez. Do 2011 ao 2016 coordinou os encontros literarios do campus universitario de Zamora. É secretario da Asociación Cultural MOVEX (Movimiento y Expresión).
Obras
editarNarrativa
editar- Os ollos do rei de copas, 1994, Edicións do Cumio.
- Licor de abelá con xeo, 2006, Sotelo Blanco.
- Os mércores de Fra, 2006, Sotelo Blanco.
- Dúbidas de María, 2007, Concello de Bueu.
- Os nomes do traidor, 2008, Xerais. Publicado en castelán en 2009 como Los nombres del traidor en Faktoría K.
- Os fíos, 2010, Galaxia.
- Hombres en chándal y sillones de escay, 2014, Círculo Rojo.
- Benvidos á cidade, 2020, Literaria, Galaxia.
Traducións
editar- Os círculos do inferno, de Justo Jorge Padrón, 1996, Xunta de Galicia. Con Luís Alonso Girgado.
- Diálogos, de Platón, 1999, Clásicos Xuntanza. Traducido do castelán ao galego.
- A república (Libros VII-X), de Platón, 1999, Clásicos Xuntanza. Con X. C. Rodríguez Pérez. Traducido do castelán ao galego.
Obras colectivas
editar- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
- Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova.
Edicións
editar- Era un son de buguina, de Agustín González López, 1998, Follas Novas. Con Luís Alonso Girgado.
Premios
editar- Finalista do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2006, por Licor de abelá con xeo.
- Premio Matilde Bares, Concello de Bueu, 2006, por Dúbidas de María
- Premio Vicente Risco de Creación Literaria no 2006, por Os mércores de Fra.
- Gañador do IV Premio Narrativa Breve Repsol no 2010, por Os fíos.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha en Sotelo Blanco[Ligazón morta]
- Ficha en Xerais Arquivado 22 de setembro de 2010 en Wayback Machine.
- Blog do autor