Rebeca Quintáns

xornalista, escritora de investigación e profesora galega


Rebeca Quintáns López, nada en Arzúa en 1964, é unha xornalista, escritora de investigación e profesora galega.[1]

Modelo:BiografíaRebeca Quintáns
Biografía
Nacemento(es) Rebeca Quintáns López Editar o valor en Wikidata
1964
Arzúa
Profesora universitaria
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspañola
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Q89547790Un Rey golpe a golpe (2000)
Juan Carlos I: la biografía sin silencios (2016)
Actividade
OcupaciónXornalista, escritora de investigación e profesora
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioPatricia Sverlo Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm11158239 Facebook: RebecaQuintansl Twitter: rebecaquint BNE: XX1535224 Dialnet: 513090 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Rebeca Quintáns é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid cunha tese sobre a análise do discurso de Xoán Carlos I.[2]

O seu primeiro libro, Un Rey golpe a golpe, publicouse na editorial Ardi Beltza baixo o pseudónimo de Patricia Sverlo por motivos de seguridade.[3] Foi unha continuación da investigación realizada na súa tese doutoral, que en palabras da autora: "había tanto contraste entre a verdade da figura de Juan Carlos e a imaxe creada nos medios de comunicación durante a Transición que eu estaba a desexar contar todo iso".[2]

Como xornalista escribiu en diversos medios tanto convencionais (Interviú, Tiempo, El Semanal ou El Correo Gallego entre outros) como alternativos (Ardi Beltzav, Kale Gorria, El Otro País, No a la Guerra ou Diagonal). Tamén é profesora de Ensino Secundario e traballou como profesora asociada para a Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.[4]

En 2016 publicou Juan Carlos I: la biografía sin silencios, unha ampliación actualizada da traxectoria do rei emérito na que repasa diferentes aspectos da súa vida non tratados polos medios convencionais.[5][6]

Libros

editar
  • Un Rey golpe a golpe. Biografía no autorizada de Juan Carlos de Borbón (2000). Baixo o pseudónimo de Patricia Sverlo.[7]
  • Gran Hermano: el precio de la dignidad (2000). Xunto a Andrés Sánchez Díaz.[8]
  • Juan Carlos I: la biografía sin silencios (2016).[9]