Chipre nos Xogos Olímpicos

Chipre participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1980. Chipre conseguiu a súa primeira medalla olímpica nos Xogos de 2012, cando Pavlos Kontides conseguiu a prata en vela. O primeiro deportista olímpico moderno de Chipre foi Anastasios Andreou en 1896, quen competiu baixo a bandeira de Grecia. Naquela época, Chipre era unha colonia británica.

Chipre nos Xogos Olímpicos

Código COI CYP
Comité nacional Comité Olímpico de Chipre
www.olympic.org.cy (en grego)
Medalleiro
Ouro
0
Prata
1
Bronce
0
Total
1

Debido a que a República Turca do Norte de Chipre é non é recoñecida internacionalmente por ningunha autoridade (incluíndo o COI), non ten comité olímpico.[1] Polo tanto, tódolos deportistas olímpicos chipriotas deben competir baixo a bandeira da República de Chipre. Aqueles que non desexen competir baixo a bandeira da República poden competir por Turquía,[2] ou por calquera outro país.

Táboas coas medallas editar

Medallas nos Xogos de Verán editar

Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Moscova 1980 14 0 0 0 0
  Os Ánxeles 1984 10 0 0 0 0
  Seúl 1988 9 0 0 0 0
  Barcelona 1992 17 0 0 0 0
  Atlanta 1996 17 0 0 0 0
  Sydney 2000 22 0 0 0 0
  Atenas 2004 20 0 0 0 0
  Pequín 2008 17 0 0 0 0
  Londres 2012 13 0 1 0 1 70
  Río de Xaneiro 2016 16 0 0 0 0
  Toquio 2020 15 0 0 0 0
  París 2024 Evento futuro
  Os Ánxeles 2028
Total 0 1 0 1 127

Medallas nos Xogos de Inverno editar

Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Lake Placid 1980 3 0 0 0 0
  Saraxevo 1984 5 0 0 0 0
  Calgary 1988 3 0 0 0 0
  Albertville 1992 4 0 0 0 0
  Lillehammer 1994 1 0 0 0 0
  Nagano 1998 1 0 0 0 0
  Salt Lake City 2002 1 0 0 0 0
  Turín 2006 1 0 0 0 0
  Vancouver 2010 2 0 0 0 0
  Sochi 2014 2 0 0 0 0
  Pyeongchang 2018 1 0 0 0 0
  Pequín 2022 Evento futuro
  Milán–Cortina 2026 Evento futuro
Total 0 0 0 0

Medallas por deporte editar

Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Vela 0 1 0 1
Total 0 1 0 1

Notas editar

  1. Occupied Cyprus, Interest Tourism, Scuba Diving, Paintball, Horse Riding, Karting
  2. obv.org.uk, ed. (10 de agosto de 2012). "Meliz Redif to make Olympic history". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2017. Consultado o 21 de novembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar