Carrozaría

parte dun vehículo na que viaxan os pasaxeiros ou a carga

A carrozaría[1] ou carrocería dun automóbil é aquela parte do vehículo na que viaxan os pasaxeiros ou a carga. Nos vehículos autoportantes, a carrozaría suxeita ademais, os elementos mecánicos do vehículo.

Nomenclatura dos piares no automóbil, útil á hora de seguir as explicacións.

Carrozarías segundo construción

editar

Chasis independente

editar

Os vehículos todo terreo, camións e autobuses empregan unha carrozaría formada por dúas estruturas, o bastidor ou chasis e a carrozaría. A técnica de construción de chasis independente usa un chasis ríxido que soporta todo o peso, as forzas do motor e da transmisión. A carrozaría, nesta técnica, cumpre moi pouca ou ningunha función estrutural.[2][3]

Esta técnica de construción era a única utilizada ata 1923,[4] ano no que se lanzou o primeiro automóbil con estrutura monocasco, o Lancia Lambda. As carrozarías autoportantes, ao longo do século XX, foron substituíndo ao chasis independente. Actualmente só se constrúen con chasis independente algúns vehículos todo terreo, deportivos utilitarios, e a maioría das camionetas grandes e algunhas das camionetas lixeiras así como varios automóbiles americanos.

Os primeiros chasis independentes eran de madeira, herdando as técnicas de construción dos coches de cabalos. Nos anos 1930 substituíronse de forma xeneralizada por chasis de aceiro.

Existen chasis con bastidores de largueiros en forma de escaleira; dous traveseiros paralelos lonxitudinais cruzados por traveseiros transversais, con traveseiro en forma de X e de tubo central (Backbone frame - en).

 
Ford T, vehículo veterano con chasis independente.
 
O Toyota Land Cruiser, moderno vehículo con chasis independente.
 
O Ford Crown Victoria, favorito entre os taxistas pola súa fortaleza e rixidez.

Nos Estados Unidos o chasis independente durou máis que noutros países, xa que o costume estadounidense do cambio anual de deseño era máis difícil con estruturas monocasco. Desde os anos 60 a maior parte dos automóbiles de pasaxeiros utilizaron a construción monocasco; só os camións, autobuses, todo terreo para uso rudo e automóbiles grandes seguen usando o chasis independente, aínda que cada vez máis se incorpora a estrutura autoportante.

O chasis independente segue sendo o preferido para os vehículos industriais, que han de transportar ou arrastrar cargas pesadas. De entre os automóbiles de gran serie que se fabricaron con chasis independente destacan o Ford Crown Vitoria (- en), o Mercury Grand Marquis (- en) e o Lincoln Town Car (- en). As vantaxes son a facilidade de reparación en caso de colisión (o que o fai ser preferido como vehículo policial) e de alargar para facer unha limusina.

Autoportante

editar

A carrozaría autoportante é unha técnica de construción na cal a chapa externa do vehículo soporta algunha (semimonocasco) ou toda a carga estrutural do vehículo.

O primeiro vehículo en incorporar esta técnica construtiva foi o Lancia Lambda, de 1923.

Os primeiros vehículos de gran serie en ter carrozaría autoportante foron o (en inglés) Chrysler Airflow e o Citroën Traction Avant.

O Volkswagen Escaravello de 1938 tiña unha carrozaría semimonocasco, xa que tiña chasis independente, pero este necesitaba tamén da carrozaría para soportar o peso do vehículo.

A Segunda Guerra Mundial supuxo un alto no desenvolvemento automobilístico. Trala guerra, a carrozaría autoportante difundiuse.

O Morris Minor de 1948 foi un vehículo de posguerra que axiña adoptou a técnica.

O Ford Consul introduciu unha variante de carrozaría autoportante chamada unit body ou unibody, na cal os distintos paneis da carrozaría se aparafusaban a unha estrutura monocasco.

Outros vehículos (por exemplo o Chevrolet Camaro de 1967) utilizaron unha técnica mixta, na cal un semimonocasco se combináaba cun chasis parcial (subchasis) que soportaba o motor, a ponte dianteira e a transmisión. Esta técnica trataba de combinar a rixidez e a resistencia da carrozaría autoportante coa facilidade de fabricación do vehículo con chasis independente; actualmente este sistema atópase en algúns SUV das marcas xaponesas Toyota, Mitsubishi e Suzuki para obter maior rixidez torsional e ter á vez a vantaxe monocasco en SUV que requiran maior resistencia a malos tratos. Os inconvenientes eran desaxustes entre o chasis parcial e a carrozaría, solucionado agora con puntos de soldadura de nova xeración e adhesivos especiais.

Actualmente, case todos os automóbiles se constrúen coa técnica de monocasco, realizándose as unións entre as distintas pezas mediante soldadura de puntos. Nos vehículos modernos, ata os cristais forman parte da estrutura do vehículo, colaborando en darlle fortaleza e rixidez.

 
Lancia Lambda, primeiro vehículo con carrozaría autoportante.
 
Citroën Traction Avant (1934).

 

Tubular

editar

A carrozaría tubular ou superleggera ("superlixeira" en italiano), é un tipo de carrozaría utilizado en vehículos clásicos deportivos de mediados do século XX e polos grupos B dos anos 80. Foi creada polo carroceiro italiano Touring en 1937.

Esta técnica utiliza como estrutura do vehículo unha rede de finos tubos metálicos soldados, recuberta despois con láminas metálicas, frecuentemente de metais exóticos tales como aluminio ou magnesio.

Esta técnica consegue unha carrozaría de gran rixidez e resistencia con moi pouco peso. Por outra banda, a fabricación é moi cara e laboriosa.

A técnica aínda se utiliza en modelos deportivos feitos a man.

 
Estrutura tubular dun Caterham Seven actual.
 
Estrutura tubular no habitáculo dun Ferrari 250 GTO de 1962.

Carrozarías segundo o número de volumes

editar

Monovolume

editar
Artigo principal: Monovolume.

Un monovolume é unha carrozaría na que non se diferencia máis dun volume. A zona do motor, a cabina e o maleteiro están completamente integrados. Xeralmente, un monovolume é máis alto que un automóbil de turismo (1´60 a 1´80 metros contra 1´40 a 1´50 metros).

Os monovolumes grandes e algúns compactos (desde 4´40 metros en diante) teñen frecuentemente tres filas de asentos, mentres que os máis pequenos só teñen dúas filas.

 
Volkswagen Combi, monovolume clásico por excelencia.
 
Monovolume Renault Espace da primeira xeración.

Dous volumes

editar

Os deseños de dous volumes articulan un volume para o capó co motor e un volume que combina o compartimento de pasaxeiros e carga, por exemplo, o familiar ou o hatchback de tres ou cinco portas, e monovolumes como o Chrysler Voyager.

Tres volumes

editar
Artigo principal: Tricorpo.

Nun tres volumes ou tricorpo distínguense claramente os tres volumes: un volume para o capó co motor, outro volume para o habitáculo e un terceiro para o compartimento de carga.

Os sedáns son case sempre tricorpos, e numerosos cupés tamén os son. Algunhas raras excepcións a esta regra son o SEAT Toledo de primeira xeración e o Daihatsu Applause.

 
Volkswagen Santana, versión de tres volumes.
 
Mercedes-Benz tres volumes dos anos 60.

Carrozarías segundo a forma

editar

Os automóbiles teñen distintas formas de carrozaría. Algunhas destas formas están en produción, outras teñen un interese soamente histórico. Parte desas formas reciben o nome do deseño equivalente que tiñan os coches de cabalos antes de aparecer o automóbil.

Lístanse deseguido os estilos en uso e o seu significado actual.

Sedán

editar
Artigo principal: Sedán.

Sedán é un tipo de carrozaría típica dun automóbil de turismo; é un tres volumes no que a porta do maleteiro non inclúe ao vidro traseiro, polo que este está fixo e o maleteiro está separado da cabina. O maleteiro esténdese horizontalmente desde a parte inferior da lúa traseira algunhas decenas de centímetros cara atrás. A cantidade de portas é a das portas laterais, practicamente sempre dúas ou catro. Denomínanse "berlina", se se trata dun sedán de gran tamaño.

 
Opel Omega sedán.
 
Ford Falcon sedán australiano.

Tres portas e cinco portas

editar

A porta traseira (terceira ou quinta porta, segundo o vehículo teña dous ou catro portas laterais), inclúe ao cristal traseiro e ábrese vertical ou case verticalmente para permitir o acceso á zona de carga. En inglés chámase a este vehículo "hatchback".

En países anglófonos diferénciase ademais o "liftback", que é un automóbil cunha quinta porta non vertical, senón inclinada suavemente.

Os automóbiles todo terreo, os monovolumes e as furgonetas tamén teñen normalmente unha porta traseira, no entanto, os termos "tres portas" e "cinco portas" adóitanse reservar para os turismos.

Familiar

editar
Artigo principal: Familiar.

Un familiar, rubia, ou rancheira, é un automóbil co teito elevado ata a porta traseira, que serve para acceder á plataforma de carga.

Os fabricantes adoitan utilizar os termos correspondentes noutros idiomas: "Break" en Francia, "Kombi", "Tourer" ou "Touring" en Alemaña e Suecia, "Station Wagon" en inglés norteamericano e "Estate" en inglés do Reino Unido.

Dado que os termos familiar e station wagon teñen, para certos compradores, certo estigma de designar a vehículos aburridos, algúns fabricantes crearon nomes alternativos, máis suxestivos e estimulantes, para as súas versións familiares. Cabe destacar que o Volvo 240 Familiar saíu en innumerables películas en Hollywood, sendo unha estrela por si só.

 
Volkswagen Jetta Sportwagen.
 
Volvo 240 familiar.

Woodies

editar

Estes vehículos foron denominados "rubias" en España, dado que a madeira coa que se construían adoitaba ser de cor clara. Era normal que, ao falar nunha revista especializada española contemporánea de, digamos, un SEAT 1500 Familiar, chamábaselle "SEAT 1500 rubia", malia que non houbese madeira auténtica nin simulada neste vehículo. Outra denominación para esta carrozaría (e para o "Familiar") foi o de Rancheira.

A historia do woodie (de wood, "madeira" en inglés, e woodie, "feito de madeira") é unha historia de cambios tecnolóxicos e sociais.

Nos anos 1920, algúns carroceiros empezaron a adaptar chasis de sedáns para transportar vultos. Esta adaptación dáballes unha forma moi parecida ao que actualmente chamamos familiar ou station wagon. Dado que os coches daquela época tiñan o chasis independente da carrozaría, era posible facer cambios na carrozaría sen afectar á estrutura básica do vehículo, polo que os paneis de carrozaría modificados adoitaban ser de madeira, xa que este material facía posible unha transformación artesanal, dado que o estampar paneis metálicos require dun gran investimento inicial.

Naquela época o coche era aínda un artigo minoritario, e o método de transporte máis popular era o ferrocarril, xurdindo así para moitos hoteis o problema de que os seus clientes necesitaban transportar maletas e vultos desde a estación de ferrocarril ata o hotel. Os hoteis, consecuentemente, adquiriron frotas destes vehículos para transportar maletas de clientes desde a estación do tren ata o hotel. De aí o nome "Station Wagon".

Nos anos 1930 empezaron a aparecer woodies de luxo. Probablemente pola asociación mental do woodie co tempo de lecer e os hoteis de luxo que os empregaban. Lonxe da connotación utilitaria e comercial que o "Familiar" tivo en Europa, nos Estados Unidos o "Woodie" era moitas veces o tope de gama, un vehículo moi caro e cargado de extras, e un símbolo de status social.

Ata esta época, o woodie tivo os paneis de madeira ditados por necesidades técnicas.

 
Biscuter comercial.
 
Pontiac Special Series 25 woodie de 1940.
 
Ford Country Squire Faux woodie 1967.

Nos anos 1950 os vehículos para transporte de vultos xa eran vehículos de gran serie, e non conversións artesanais, polo que estaban construídos exclusivamente con chapa metálica. O woodie xa non tiña ningunha razón de ser, salvo o mantemento dunhas expectativas psicolóxicas do comprador sobre como "tiña" que ser un familiar de luxo. A madeira, aínda madeira auténtica, era xa un mero aplique sobre unha carrozaría metálica, encarecendo a fabricación e complicando o mantemento do vehículo.

Nos anos 1960 e 1970 o woodie é xa un mero exercicio de estilo, xa que a "madeira" consiste xa nuns paneis de falsa madeira adheridos á superficie da carrozaría.

Artigo principal: Cupé.

Cupé (ou coupé) é un tipo de carrozaría de dous ou tres volumes e dúas portas laterais. Un cupé denomínase fastback ou tricorpo (notchback), segundo o ángulo que forma a luneta traseira coa tapa do maleteiro ou do motor. Os cupés, xunto cos convertibles, forman o grupo dos automóbiles deportivos. Entre as seguintes fotos pódese apreciar un antigo Ford Model A Coupé e un Auto Union 1000 coupé, precursor de Audi, con teito corredizo de lona, 2 portas sen piar tipo hardtop e carrozaría semi-fastback, coche moi avanzado na súa época e moi popular non só no seu país natal senón tamén en Brasil e Arxentina.

       

Hardtop

editar

As carrozarías tipo hardtop ou "teito duro" eran unha especialidade norteamericana. Consistían nunha versión sen piar B (sen parantes) dun vehículo de serie.

O propósito do hardtop é conseguir a estética do convertible, pero evitando algúns dos seus inconvenientes.

O máis frecuente é que fosen vehículos de dúas portas, pero tamén se chegaron a facer versións hardtop de vehículos de catro portas e ata de familiares.

O hardtop presentaba algúns inconvenientes:

  • A ausencia do piar B facía que o vehículo perdese rixidez torsional e resistencia en caso de envorco ou accidente. Os Hardtop, por conseguinte, eran frecuentemente chasis ou monocascos de convertibles (e polo tanto reforzados) aos que se engadía un teito fixo. O Hardtop era, entón, máis pesado que o vehículo normal do que se derivaba, pero con menor rixidez torsional.
  • A falta de piar B nos Hardtop de catro portas provocaba problemas de axuste e de filtracións de auga entre as portas. Ás veces, debido á flexión da carrozaría, as portas podían chegar a abrirse sobre a marcha ao tomar unha curva pronunciada.

       

Vehículo deportivo utilitario

editar
Artigo principal: Vehículo deportivo utilitario.

Un vehículo deportivo utilitario é un automóbil todo terreo con carrozaría monocasco deseñado para ser utilizado maioritariamente en asfalto. Os deportivos utilitarios adoitan ser máis altos que o vehículo do que se derivan e poden presentar detalles visuais tomados dos todo terreos, tales como barras frontais de protección ou rodas de reposto externas na porta traseira.

 
AMC Eagle, o primeiro deportivo utilitario.
 
Renault Scénic RX4, derivado dun monovolume.

Vehículo todo terreo

editar
Artigo principal: Vehículo todo terreo.

Non confundir un automóbil todo terreo cun vehículo deportivo utilitario, xa que un automóbil todo terreo é un tipo de vehículo deseñado para ser conducido en todo tipo de terreos. Estes automóbiles xurdiron como necesidade nas guerras de principios do século XX, e adaptáronse para uso civil sendo aproveitados para realizar travesías, vixiar zonas protexidas e moverse en terreos ásperos ou escorregadizos.

 
Jeep 2500 Made in China, con 6 en liña.
 
Land Rover Defender.
 
Todo terreo Mercedes-Benz para competición.

Camioneta

editar
Artigo principal: Pickup.

Unha camioneta (ou pickup) ten unha plataforma de carga descuberta por detrás do habitáculo. A plataforma de carga pode estar cuberta nalgúns modelos cunha lona ou cunha estrutura de fibra de vidro.

 
Chevrolet El Camino, baseado nun turismo.
 
Pickup Ford F150.
 
As camionetas son moi útiles nos países menos desenvolvidos.
 
Pickup, literalmente tradúcese do inglés como: «camioneta».
 
Santana pickup, derivado do Land Rover Defender.

Limusina

editar

Automóbil de luxo extremadamente longo, xeralmente baseado nun automóbil do segmento F. Ás veces incorpora unha partición de cristal insonorizado para evitar que o chofer escoite as conversacións entre os pasaxeiros.

Coche fúnebre

editar
Artigo principal: Coche fúnebre.

Un coche fúnebre é un vehículo que se utiliza para transportar cadaleitos que conteñen os restos mortais dunha persoa.

Estilos de traseira

editar

Shooting brake

editar
Artigo principal: Shooting brake.

É a combinación dun 'cupé' e un 'station wagon' ou familiar. Noutras palabras, un modelo derivado dun tres volumes, dous ou catro portas, ao que se lle engadiu un maleteiro e unha porta traseira máis grande e cunha abertura de acceso maior.

Notchback

editar
Artigo principal: Notchback.

Notchback é sinónimo de tres volumes. É un formato de carrozaría co cristal traseiro relativamente vertical e cos tres volumes claramente definidos.

Hatchback

editar
Artigo principal: Hatchback.

O termo "hatchback" designa aos vehículos cuxo beiril traseiro é relativamente curto e a porta traseira inclúe o vidro traseiro, por el pódese acceder ao habitáculo. A un hatchback con dúas portas laterais adóitaselle chamar "tres portas", e a un con catro portas laterais denomínaselle "cinco portas".

Un hatchback é un automóbil deseñado de tal xeito que o acceso ao espazo de carga faise por unha porta traseira, situada na parte posterior do vehículo. Esta porta ás veces consiste tan só na fiestra de cristal traseira.

Os hatchback adóitanse distinguir dos familiares en que os familiares teñen o beiril traseiro máis longo, polo cal o maleteiro adoita ser máis grande que nos hatchback. Nun familiar a porta traseira adoita estar moi vertical, mentres que nun hatchback a fiestra traseira pode estar máis inclinada.

O primeiro hatchback de gran serie foi o Renault 4. O hatchback gañou popularidade polo seu carácter práctico, estendéndose tamén ao mercado de coches de luxo (Rover SD1, por exemplo), ata converterse no estilo de carrozaría máis frecuente en Europa para os coches pequenos e medianos.

     

Liftback

editar
Artigo principal: Liftback.

O estilo de carrozaría "liftback" é unha variante do hatchback, na cal a quinta porta está moi inclinada, tendo así o vehículo a imaxe dun fastback ou -máis raramente- dun notchback, pero con porta traseira. En case todos os casos, os liftback teñen catro portas laterais; nestes casos, o termo "cinco portas" é tamén aplicable. Este estilo é aerodinamicamente máis eficiente que o do hatchback e o do notchback, aínda que aproveita peor o espazo que o do familiar. Moitos automóbiles do segmento D fabrícanse con carrozaría liftback, algúns exemplos son o Toyota Avensis, o Opel Vectra, o Ford Mondeo, o Renault 11 e o Renault Laguna.

Fastback

editar
Artigo principal: Fastback.

Fastback, tamén chamado Sportback, é un deseño no que o teito inclínase suavemente ata a cola do automóbil. O fastback é aerodinamicamente máis eficiente que o tres volumes. Historicamente, unicamente os cupés ofrecíanse en formato fastback, pero actualmente existen coches como o Audi A7 Sportback con este acabado.

Estilos de teito

editar

Landau

editar

O Landau incorpora elementos que simulan que o vehículo é convertible, como, no caso presentado, a falsa varela articulada no montante C. Para simular o teito convertible, o teito metálico está revestido con vinilo acolchado.

   

Véxase nas imaxes: a porta traseira limita coa falsa varela, unha estrataxema habitual neste tipo de vehículos. Nótese o vinilo no cristal da porta traseira para simular a capota creando un punto cego no piar C.

Convertible

editar
Artigo principal: Cabriolé.
 
Lincoln Continental, un convertible de catro portas.

Un cabriolé ou convertible ten un teito que se pode pregar, quitar e/ou gardar. Pódese desmontar o teito e a fiestra traseira.

Cabrio coach

editar

Un "cabrio coach" ou "semiconvertible" é un automóbil que ten un teito retractable de tea ou lona. Era común en modelos antigos, como o Citroën 2CV.

   

Roadster

editar
Artigo principal: Roadster.
 
Clásico Morgan Roadster.

Roadster é o nome aplicable a convertibles coa mínima protección do vento e os elementos.

Spider

editar
Artigo principal: Spider.

Os Spider (ou Spyder) son unha versión italiana do Roadster, mentres en Alemaña adoitan chamar ás versións teutónicas como Speedster.

Artigo principal: Targa.
 
Porsche 914-6 Targa.

Termo que utiliza a marca Porsche para definir aos seus vehículos que teñen piar C pero que se pode quitar parte do teito ríxido.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carrozaría.
  2. Dominguez Soriano/Ferrer Ruiz, Esteban Jose/Julian (2008). Elementos amovibles de la carroceria (Pcpi). España: Editex, S.A. ISBN 9788497713931.  p. 6 y 7 (en castelán)
  3. www.googlebooks.com.com Elementos amovibles de la carroceria. Carrocerías en todoterreno, camiones y autobuses - Consultado o 18 de xuño de 2014.
  4. G. N. Georgano, Cars: Early and Vintage, 1886-1930. (London: Grange-Universal, 1990) p. 206

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar