Abrir o menú principal
Mercedes-Benz Clase S, un automóbil de luxo do segmento F
BMW Serie 7, un automóbil de turismo do segmento F.

O segmento F é un segmento de automóbiles que se sitúa por encima do E. Estes vehículos miden polo menos 5´00 m e son máis potentes, luxosos e custosos que os de segmentos anteriores.

Un automóbil de turismo do segmento F case sempre ten carrozaría sedán. Algunhas formas alternativas de nomealos son "berlina de luxo", "automóbil suntuoso" e "automóbil de representación". Polo xeral, os turismos están deseñados pensando no confort dos pasaxeiros máis que no do condutor.

Algúns modelos presentes no mercado actual son os Mercedes-Benz Clase S e Clase CL, o Ford Fairlane, o Lincoln town car, o BMW Serie 7, o Lincoln MKS, o Cadillac DTS, o Audi A8, o Jaguar XJ, o Cadillac STS, o Lexus LS, o Maserati Quattroporte, o Volkswagen Phaeton, os Bentley Flyng Spur e Azure (e a súa variante, o Brooklands), o Kia Opirus, o Honda Legend e o Porsche Panamera.

Os sedáns como o Maybach 57 e 62 e o Rolls-Royce Phantom pertencen a un segmento máis elevado.

Un todoterreo equivalente en tamaño a un turismo do segmento F adóitase denominar "todoterreo grande"; polo xeral, teñen tres filas de asentos e un maleteiro máis grande que o de todoterreos máis pequenos, como o Audi Q7, o Mercedes-Benz Clase GL, o Lexus LX, o Cadillac Escalade, o Lincoln Navigator, o Range Rover e o Toyota Land Cruiser.

Véxase taménEditar