Un cadaleito é a caixa onde se introduce o cadáver que vai ser soterrado[1]. Tamén recibe os nomes de ataúde, caixa e féretro. Os cadaleitos son resistentee e impermeábeis, provistos no seu interior de material absorbente, usada para o acondicionamento, transporte e sepultamento de restos mortais humanos. En casos de cremación, as cinsas resultantes da incineración e moído dos ósos, gárdanse nun receptáculo denominado urna cineraria[2].

Cadaleitos nun mausoleo do Cemiterio da Recoleta, Buenos Aires
The Old Shepherd's Chief Mourner (Edwin Landseer, 1837)

A palabra ataúde vén do árabe التبوت , at-tābūt; «caixón», «cofre»; e este do aramaico tēbūtā, e este do hebraico: tēbāh, e este á súa vez do exipcio: ḏb't.

Historia

editar

Dende tempos remotos o ser humano procurou un xeito de preservar os corpos daqueles mortos que tiñan un valor significativo en vida. Algunhas culturas da antigüidade depositaban o cadáver nunha tarima para que ficase exposta aos elementos e noutros casos (como aínda se fai na India) incinerábanse.

Cando o home de acordo ás súas crenzas requiriu preservar o corpo e abeiralo dos elementos concibiu a idea dun elemento funerario que tivese esas condicións, como grandes vasillas de greda cocida nas que o defunto se colocaba en posición fetal ao interior, tamén foron feitos de arxila e de pedra ou madeira con forma de caixa, ou antropomorfa, como foi no caso da cultura exipcia. Noutras culturas utilizábanse envolturas con forma de fardos funerarios ou esteiras vexetais, co fin de resgardar o cadáver.

Época contemporánea

editar

Dende a época contemporánea é unha caixa, que pode ser de diferentes materiais, normalmente de madeira rústica ou de boa calidade, na que se deposita o cadáver para o protexer na súa exposición, transporte e soterramento.

Existe toda unha industria arredor da construción de cadaleitos, fabrícanse de madeira elaborada e vernizada, cun acolchamento no seu interior, que pode levar un vidro que se usa só unha vez para o velorio, ou ben, poden ser semiabertos. Nalgúns casos extráselles o ar para evitar unha descomposición rápida e teñen accesorios como caixas nos que se depositan algúns obxectos que foron valiosos para o finado estando en vida, posúen agarradoiras de metal, abrazadeiras, e nalgúns casos moi suntuosos, un interior de luxo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cadaleito.
  2. Urna funerária Arquivado 12 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. Site do Goberno do estado de São Paulo

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar