O segmento D é un segmento de automóbiles que se sitúa entre os segmentos C e E. Xeralmente teñen espazo para cinco adultos, ou para sete ou oito adultos no caso dos monovolumes.

BMW Serie 3, un automóbil do segmento D con carrozaría de 4 portas.

Actualmente estes automóbiles miden aproximadamente entre 4´50 m e 4´85 m de longo, sexa en carrozaría liftback, sedán, familiar ou monovolume. Os modelos máis económicos adoitan ser máis longos, mentres que os máis custosos adoitan ser máis curtos, ter un beirado dianteiro e batalla máis grandes. Os motores van no primeiro caso desde catro cilindros de 1.6 litros de cilindrada ata seis cilindros de 3.0 litros, e no segundo ata oito cilindros de 6.2 litros como o Mercedes Benz C63 AMG.

Dentro do segmento D hai varios subsegmentos que corresponden aos tipos de automóbil. Un automóbil de turismo do segmento D adóitase denominar "automóbil mediano" ou "mediano grande"; un todo terreo deste tamaño chámase "todo terreo mediano"; e un monovolume do segmento é un "monovolume grande".

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar