Carlos Monasterio Valeiro
Carlos Monasterio Valeiro, nado na Coruña cara a 1890 e finado en Fraga (Huesca) en 1938, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1890 A Coruña, España |
Morte | 1938 (47/48 anos) Fraga, España |
Causa da morte | morte en combate, explosión |
Educación | Escola Superior de Comercio da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarEstudou na Escola Superior de Comercio da Coruña e fíxose perito mercantil. Foi inspector-instrutor do Asilo da Coruña (1917), interventor do concello de Ortigueira (1928) e administrador de libros da Deputación da Coruña (1929).[2] Amigo de Alfredo Somoza, foi un dos fundadores das Irmandades da Fala da Coruña da que foi secretario en 1922 e despois vogal e tesoureiro. O 18 de maio de 1930 fundou con Fernando Osorio Docampo e Ánxel Casal o semanario republicano Adelante, que se mantivo até mediados de 1931. Coa República foi secretario particular de Casares Quiroga.
Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Sobrado dos Monxes. Foi detido e condenado a morte, pero conseguiu a conmutación da pena e fuxiu a Lisboa, de onde marchou a Chile para reunirse cos seus irmáns. Permaneceu en Chile ata mediados de 1937, e volveu á España republicana sendo nomeado comisario político na fronte de Aragón. Morreu en Fraga (Huesca), ao ser alcanzado por unha bomba nun ataque aéreo.
Vida persoal
editarCasou con Silvina Ruibal Fraga en 1924 e foi pai de Carlos Monasterio Ruibal.
Notas
editar- ↑ Diéguez, Uxío-Breogán (2016). "As Irmandades da Fala, fitos e logros no seu fecundo evoluir (1916-1931)". As Irmandades da Fala (1916-13931): reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-330-3.
- ↑ La Voz de Galicia, 3-5-1929, p. 4.