Adelante (A Coruña)

Adelante foi un periódico editado na Coruña entre 1930 e 1931.

Adelante

Editar o valor en Wikidata
Fundación1930
Lingualingua castelá
LocalidadeA Coruña
Descrito porEnciclopedia Galega Universal e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Na rede
Galiciana: 577505
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Semanario republicano, apareceu o 18 de maio de 1930.[1][2] Fundado por Fernando Osorio Docampo, Carlos Monasterio Valeiro e Ánxel Casal, estaba dirixido por Fernando Osorio. A comisión promotora estaba formada por Fernando Osorio Docampo, Enrique Freijido García, César Alvajar Diéguez, Eduardo Paredes Rodríguez, Ramón Lago Portela, Antonio Zapata Fernández e Fernando Balsa Antón.[3] Despois foi dirixido por César Alvajar. Publicou extraordinarios e suplementos.[4] Foi multado e censurado polo Gobernador civil.[5] Publicou un número extraordinario con motivo do aniversario da I República o 11 de febreiro de 1931.[6] O 20 de febreiro de 1931 foi secuestrado por publicar un artigo de Luis Jiménez de Asúa.[7] O seu director, Fernando Osorio, foi acusado de sedición e xulgado na Coruña en abril de 1931.[8] Coa proclamación da República pasou a ser diario o 18 de maio de 1931,[9] co subtítulo de Diario republicano de la tarde, co compromiso dos fundadores-propietarios, de suspendelo cando fose aprobada a Constitución, momento no que cada un deles recobraría a súa independencia política. Porén, cesou a súa publicación un pouco antes, o 15 de agosto de 1931.[10]

  1. La Voz de Galicia, 20-5-1930, p. 1.
  2. El Pueblo Gallego, 20-5-1930, p. 7.
  3. El Orzán, 11-5-1930, p. 1.
  4. La Voz de Galicia, 30-7-1930, p. 1.
  5. El Pueblo Gallego, 6-9-1930, p. 5.
  6. La Voz de Galicia, 12-2-1931, p. 2.
  7. La Voz de Galicia, 22-2-1931, p. 7.
  8. El Pueblo Gallego, 10-4-1931, p. 6.
  9. El Orzán, 19-5-1931, p. 2.
  10. El Orzán, 16-8-1931, p. 1.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar