Ramón Lago Portela
Ramón Lago Portela, nado na Coruña cara a 1885, foi un político galego
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1885 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | século XX ![]() valor descoñecido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarMembro da Juventud Republicana da Coruña (1910) e do Centro Republicano da Coruña, participou no pacto de Lestrobe. Foi membro da comisión promotora do xornal Adelante que apareceu na Coruña en maio de 1930. Militante do Partido Radical Socialista, foi elixido concelleiro da Coruña en abril de 1931, foi destituído en outubro de 1934. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado na Coruña por rebelión na causa 213/37 o 13 de abril de 1937 con Eduardo Blanco Lemus e Antonio Zapata Fernández; a súa causa foi sobresida. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1938 e foi sancionado con multa e oito anos de inhabilitación.[1]
Vida persoal
editarCasou con Matilde Ínsua Sánchez en 1919.[2]
Notas
editar- ↑ BOE, 21-4-1941, p. 1544-1556.
- ↑ La Voz de Galicia, 16-10-1919, p. 4.