Bungarus fasciatus

Bungarus fasciatus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Suborde: Serpentes
Familia: Elapidae
Xénero: Bungarus
Especie: Bungarus fasciatus
(Schneider, 1801)
Sinonimia

Bungarus fasciatus é unha especie de serpe da familia dos elápidos que vive no subcontinente indio e no sueste asiático.[2] É unha das serpes máis grandes do xénero Bungarus, cunha lonxitude máxima de 2,1 m.[3] Ten un veleno neurotóxico.

O nome científico do xénero deriva da palabra da lingua telugu bangarum, que significa 'ouro', en referencia aos aneis amarelos do seu corpo.[4]

Descrición

editar

É unha especie doada de identificar polas súas bandas alternantes negras e amarelas que cruzan o seu corpo como aneis, a súa sección transversal corporal triangular e a súa marcada crista vertebral consistente en escudos vertebrais agrandados ao longo do corpo. A cabeza é ancha e deprimida. Os ollos son negros. Ten marcas amarelas con forma de punta de frecha na súa cabeza que no resto é regra, e son de cor amarela a súa zona labial, os loros, queixo e gorxa.[4]

Mide como máximo 2,25&nbsp:m de longo, pero normalmente as lonxitudes que adoita ter son de 1,8 m.[3]

Ten unha placa anal completa e subcaudais únicas. A cola é pequena, de aproximadamente unha décima parte da lonxitude da serpe.[5]

Distribución e hábitat

editar

Vive en toda a subrexión indochina e a India, a península de Malaca e o arquipélago de Indonesia e no sur da China.[3] É unha especie común na India nos estados de Mizoram, Assam e Tripura, así como no Nepal e Bangladesh, pero vaise facendo progresivamene menos común cara a parte occidental da India.[4]

Foi rexistrada cara ao leste desde India central ata Bangladesh, Myanmar, Camboxa, Tailandia, Laos, Vietnam e sur da China (incluíndo Hong Kong), as Filipinas ata Malaisia e as illas grandes de Indonesia de Borneo, Xava e Sumatra, e tamén en Singapur.

Na India, foi rexistrada en Andhra Pradesh,[6] Bihar, Chhattisgarh, Jharkhand, Madia Pradesh, Maharashtra,[7] India do Nordeste, Odisha, Tamil Nadu e Bengala Occidental.[3] Rexistrouse recentemente no distrito de Hassan en Karnataka e Chalkari, distrito de Bokaro, Jharkhand.[8]

A especie pode atoparse en diversos hábitats, que van desde os bosques a zonas agrícolas. Habita en termiteiros e buratos de roedores e na auga, e adoita vivir preto dos asentamentos humanos, especialmente en aldeas, debido a que atopa alí unha provisión de roedores e auga. Prefire as chairas abertas do campo. Atopouse en Myanmar ata alturas duns 1500 m.[3]

Comportamento

editar

Son serpes tímidas, que normalmente non se deixan ver e son maiormente nocturnas. Cando son acosadas, agochan a cabeza baixo o corpo enroscado e xeralmente non tratan de trabar o seu acosador,[2] aínda que de noite son moito máis activas e son consideradas máis perigosas nese período.

Durante o día descansa na herba, buratos ou drenaxes. Son bastante pasivas e preguiceiras incluso se son provocadas. Vense principalmente durante a chuvia.[4]

Alimentación

editar

Aliméntase principalmente doutras serpes, pero tamén come peixes, ras, escíncidos e ovos de serpes. Entre as serpes que come están as seguintes:[4] -

A presa é tragada empezando pola cabeza, unha vez que quedou inactiva polo veleno inxectado.[4]

Reprodución

editar

Sábese pouco dos seus hábitos reprodutores. En Myanmar, unha femia foi desenterrada mentres incubaba unha posta de oito ovos, catro dos cales fixeron eclosión en maio. As crías miden de 298 a 311 mm ao faceren eclosión. Crese que chegan ao estado adulto aos tres anos, cunha lonxitude aproximada de 914 mm.[10]

Veleno

editar

O veleno desta especie contén principalmente neurotoxinas (neurotoxinas pre- e postsinápticas), como as bungarotoxinas. O veleno ten valores de LD50 de 2,4 mg/kg[11]—3.6 mg/kg[12][13] subcutáneo, 1,289 mg/kg intravenoso e 1,55 mg/kg intaperitoneal.[12][13] A cantidade de veleno inxectado como media é de 20 a 114 mg.[12] Engelmann e Obst (1981) listaron o rendemento do veleno en 114 mg (peso seco).[14] Os principais efectos clínicos causados polo veleno desta especie son: vómitos, dor abdominal, diarrea e mareos. Os envelenemaentos grves poden orixinar insuficiencia respiratoria e pode producirse a morte por asfixia.[15]

Un estudo toxicolóxico clínico atopou unhas taxas de mortalidade en casos non tratados do 1 ao 10%, o cal pode ser porque o contacto cos humanos é raro e cando se producen trabadas, a taxa de envelenamento en trabadas defensivas se cre que é moi baixa.[2] Actualmente, disponse dun antiveleno polivalente na India e Indonesia.

Galería

editar
  1. Stuart, B.; Nguyen, T.Q.; Thy, N.; Vogel, G.; Wogan, G.; Srinivasulu, C.; Srinivasulu, B.; Das, A.; Thakur, S. & Mohapatra, P (2013). Bungarus fasciatus 2013. p. e.T192063A2034956. doi:10.2305/IUCN.UK.2013-1.RLTS.T192063A2034956.en. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Clinical Toxinology-Bungarus fasciatus". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 24 de decembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Smith, Malcolm A. Fauna of British India...Vol III - Serpentes, pages 411 to 413
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Daniels, J.C. (2002), Book of Indian Reptiles and Amphibians páxinas 134-135.
  5. Boulenger, George A., (1890), The Fauna of British India including Ceylon and Burma, Reptilia and Batrachia. páxina 388.
  6. Srinivasulu, C; D. Venkateshwarlu; M. Seetharamaraju (26 June 2009). "Rediscovery of the Banded Krait Bungarus fasciatus (Schneider 1801) (Serpentes: Elapidae) from Warangal District, Andhra Pradesh, India". Journal of Threatened Taxa 1 (6): 353–354. doi:10.11609/jott.o1986.353-4. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2011. Consultado o 2009-07-19. 
  7. Khaire, NeelimKumar (2008) [2006]. Snakes of Maharashtra, Goa and Karnataka. Pune: Indian Herpetological Society. p. 40. 
  8. http://www.deccanherald.com/content/240673/slithering-wonder-black-yellow.html
  9. 9,0 9,1 Knierim, Tyler., Barnes, Curt H., Hodges, Cameron., (2017), Natural History Note: Banded Krait (Bungarus fasciatus) diet. Herpetological Review 48(1):204 · March 2017
  10. Evans, G.H. (1906):Breeding of the banded krait (Bungarus fasciatus) in Burma. J. Bombay nat. Hist. Soc. 16:519-520 como se menciona en Daniels, J.C. (2002), Book of Indian Reptiles and Amphibians Referencias, ser no 28, px 219.
  11. Venom and toxin research group. Snake of medical importance: Banded krait. Singapore. ISBN 9971-62-217-3. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "LD50". Arquivado dende o orixinal o 2012-02-01. 
  13. 13,0 13,1 "LD50 menu". 
  14. Engelmann, Wolf-Eberhard (1981). Snakes: Biology, Behavior, and Relationship to Man. Leipzig; English version NY, USA: Leipzig Publishing; hai unha versión en inglés publicada por Exeter Books (1982). pp. 51. ISBN 0-89673-110-3. 
  15. Davidson, Terence. "IMMEDIATE FIRST AID for bites by Kraits". Snakebites First Aid. University of California, San Diego. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012. Consultado o 25 December 2011. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Boulenger, George A., (1890), The Fauna of British India including Ceylon and Burma, Reptilia and Batrachia. Taylor and Francis, Londres.
  • Daniels, J.C. (2002), Book of Indian Reptiles and Amphibians. BNHS. Oxford University Press. Mumbai.
  • Knierim, Tyler., Barnes, Curt H., Hodges, Cameron., (2017), Natural History Note: Banded Krait (Bungarus fasciatus) diet. Herpetological Review 48(1):204 · March 2017
  • Smith, Malcolm A. (1943), The Fauna of British India, Ceylon and Burma including the whole of the Indo-Chinese Sub-region, Reptilia and Amphibia. Vol I - Loricata and Testudines, Vol II-Sauria, Vol III-Serpentes. Taylor and Francis, Londres.
  • Whitaker, Romulus. (2002), Common Indian Snakes: A Field Guide. Macmillan India Limited, ISBN 0-333-90198-3.

Ligazóns externas

editar