Maharashtra

estado da India

Maharastra, transcrito do marathi महाराष्ट्र como Maharáshtra (AFI /məhaˈɾaʂʈɾə/) e ás veces tamén transcrito Maharashtra, Mahārāshtra e Maarastra[1][2][3] é un dos 28 Estados da India, clasificándose como o segundo máis poboado do país, co maior produto interno bruto [4] e o terceiro máis extenso do subcontinente.[5]

Modelo:Xeografía políticaMaharashtra
महाराष्ट्र (mr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 18°58′N 72°49′L / 18.97, 72.82
PaísIndia Editar o valor en Wikidata
CapitalBombai Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación112.372.972 (2011) Editar o valor en Wikidata (365,19 hab./km²)
Lingua oficialLingua marathi Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie307.713 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoKalsubai (en) Traducir (1.646 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Bombaim (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación1 de maio de 1960 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Governor of Maharashtra (en) Traducir Editar o valor en WikidataRamesh Bais (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoMaharashtra Legislative Assembly (en) Traducir (Escano: 289) Editar o valor en Wikidata
• Chief Minister of Maharashtra (en) Traducir Editar o valor en WikidataEknath Shinde (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoMaharashtra Legislature (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2IN-MH Editar o valor en Wikidata

Páxina webmaharashtra.gov.in… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5291609

O Estado foi fundado o 1 de maio de 1960 (este día coñecido no país como "Día de Maharastra"), pouco despois da independencia da India.

Templo labrado na roca, mandado construír por Krishna I.

Economía e desenvolvemento

editar

A súa capital e cidade máis grande, Bombai (Mumbai), é o maior centro urbano e financeiro da India, coa súa rexión metropolitana que representa ao redor do 5,5 % do PIB do país.[6] No seu conxunto, o Estado representa máis do 13% do PIB da India e máis do 23% do Produto Interior Bruto Nominal (uns 225.000 millóns de dólares ) en 2010, e arredor do 25 % das actividades financeiras realizadas no país, sendo o máis desenvolvido da India.[7]

Tamén é un dos máis desenvolvidos socialmente, co sétimo mellor IDH en 2011, o que, aínda que bastante superior á media india no mesmo período, estivo por debaixo da media mundial ese ano. De feito, facendo unha comparación con outro Estado-nación dos BRICS, segundo a ONU, Maharastra ten, de media, peores indicadores sociais que os que presenta Alagoas, o estado co Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) máis baixo do Brasil, segundo a última enquisa oficial.

Xeografía

editar

Maharastra, que ocupa unha superficie de 307.700 km², sendo o terceiro máis grande do país (ocupando ao redor do 9,8% do territorio do país), limita co mar Arábigo ao oeste, os Estados de Gujarat e o territorio de Dadrá e Nagar-Aveli ao noroeste, cos Estados de Madia Pradesh ao nordeste, Chatisgar ao leste, KarnataKa ao sur, Andra Pradesh ao sueste e Goa ao suroeste.

Demografía

editar

Cunha poboación estimada de 112,3 millóns de habitantes en 2011, Maharastra é o segundo Estado máis poboado do país, só superado polo estado de Uttar Pradesh, no norte do país. Se fose independente, Maharastra sería o décimo país máis poboado do mundo, por diante de México.

Cidades

editar

A pesar de que case 90 millóns de habitantes separan a poboación de Uttar Pradesh, o Estado máis poboado da India, e Maharastra, o segundo, este último é, sen dúbida, o de maior poboación urbana en canto a número de habitantes (aínda que máis do 70 % dos 200 millóns de habitantes de Uttar Pradesh é rural , o Estado ten máis cidades nas 100 cidades máis poboadas da India que calquera outro Estado indio.

# Cidade Poboación (est. 2011)[8] Notas
1 Bombai 12.478.447 Capital e maior cidade de Maharastra, é tamén a maior cidade da India, principal e máis desenvolvido centro urbano, financeiro e cultural do país.
2 Pune 3.115.431 Segunda maior cidade do Estado, é a nona máis populosa da India, e un dos maiores centros financeiros do país.
3 Nagpur 2.405.421 Nagpur é a terceira cidade mais poboada de Maharastra, a décima terceira da Índia, e a maior cidade da parte central do país.
4 Tana 1.818.872 Tamén coñecida como Shri Sthanak, é a cuarta cidade máis poboada do Estado e a décima quinta do país. Fai parte da rexión metropolitana de Bombai.
5 Pimpri-Chinchwad 1.729.359 Localizada no Distrito de Pune, onde a cidade de mesmo nome é a sede, Pimpri-Chinchwad é décima oitava cidade máis populosa da Índia.
6 Nashik 1.486.973 Localizada entre Bombai e Pune, ás marxes do rio Godavari, a cidade de Nashik é a sexta maior do Estado e está entre as 30 mais poboadas da India. É sede do distrito homónimo.
7 Kalyan-Dombivli 1.246.381 Kalyan-Dombivli, tamén coñecida simplesmente como Kalyan, está localizada no distrito de Tana.
8 Baçaim 1.221.233 Cidade que formou parte do Imperio Portugués, é a oitava cidade máis populosa de Maharastra, situada no estuario do río Ulhas, tamén localizada no distrito de Tana.
9 Aurangabade 1.171.330 Poboación excluindo a área periférica Ualuje (que, de ser incluída, saltaría a 1,7 millóns de habitantes), Aurangabade é sede do distrito de Aurangabade, e é unha das cidades que máis crecen no mundo actualmente, tanto en canto á poboación como á economía. É coñecida polos seus monumentos históricos.
10 Nova Bombai 1.119.477 Desenvolvida en 1972, é unha das maiores cidades planeadas do mundo, localizada na periferia de Bombai.
11 Solapur 1.000.118 Sede do distrito de mesmo nome, é unha importante cidade industrial.
12 Mira-Baiander 814.994 Décima segunda cidade máis poboada do Estado, está localizada na rexión metropolitana de Bombai.


  1. "Co galego tamén nos podemos entender en Goa". bicodaria.gal. Consultado o 2024-10-29. 
  2. Wikiloc. "Las mejores rutas de Senderismo en Vasāli, Mahārāshtra". Rutas del Mundo (en castelán). Consultado o 2024-10-29. 
  3. Paulo, Correia (Verán de 2020). "Toponímia da Índia — breve análise" (PDF). p. 4. ISSN 1830-7809. Consultado o 8 de outubro de 2020. 
  4. "India - statewise_gdp; copia arquivada". web.archive.org; unidow.com. Arquivado dende o orixinal o 2012-07-24. Consultado o 2012-04-03. 
  5. "PlanningDevelopment/Statistics/table_1; Copia arquivada" (PDF). gov.bih.nic.in; web.archive.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2015-05-13. Consultado o 2012-04-03. 
  6. "Projects - Mumbai Urban Infrastructure Project; copia arquivada". www.mmrdamumbai.org; web-archive.org. Arquivado dende o orixinal o 2018-10-08. Consultado o 2019-05-03. 
  7. "Cópia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 2016-03-03. Consultado o 2012-02-25. 
  8. "census.website". censusindia.gov.in. 

Véxase tamén

editar

----

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.