Madhya Pradesh
Madhya Pradesh (en hindi: मध्य प्रदेश ; literalmente ' Provincia Central') é un Estado do centro da India. A súa capital é Bhopal, e a súa maior cidade é Indore, con Jabalpur e Gwalior as outras grandes cidades.
मध्य (hi) मध्य प्रदेश (mr) ![]() | |||||
Epónimo | centro ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
País | India ![]() | ||||
Capital | Bhopal (pt) ![]() ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Bhopal division (en) ![]() Chambal division (en) ![]() Gwalior division (en) ![]() Indore division (en) ![]() Jabalpur division (en) ![]() Narmadapuram division (en) ![]() Rewa division (en) ![]() Sagar division (en) ![]() Shahdol division (en) ![]() Ujjain division (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 72.597.565 (2011) ![]() | ||||
Lingua usada | Agariya (en) ![]() Daknī (en) ![]() Varhadi (en) ![]() Bagheli (en) ![]() Birjia (en) ![]() Bhilali (en) ![]() Bhariati (en) ![]() Chamari (en) ![]() Língua nimadi (pt) ![]() Dhodia (en) ![]() Pardhi (en) ![]() Pardhan (en) ![]() Rathwi Bareli (en) ![]() Língua mewari (pt) ![]() Língua halbi (pt) ![]() Pauri Bareli (en) ![]() Palya Bareli (en) ![]() Holiya (en) ![]() Kaikadi (en) ![]() Andh (en) ![]() Kurmukar (en) ![]() Kanjari (en) ![]() Sansi (en) ![]() língua mundari (pt) ![]() Kamar (en) ![]() Bundeli (en) ![]() Bhalay-Gowlan (en) ![]() Khirwar (en) ![]() lingua hindi Lingua marathi Língua braj (pt) ![]() Língua kutchi (pt) ![]() Sora language Nagarchal (en) ![]() Lingua bhojpuri Língua bhili (pt) ![]() Lingua chhattisgarhi Hadauti (en) ![]() Lingua awadhi Kalto (en) ![]() Malvi (en) ![]() Língua lambadi (pt) ![]() Língua kolam (pt) ![]() Língua nihali (pt) ![]() Kui (en) ![]() Lingua sindhi Língua korku (pt) ![]() Bhunjia (en) ![]() Bhalay (en) ![]() Powari (en) ![]() Gowli (en) ![]() Dungra Bhil (en) ![]() Gade Lohar (en) ![]() Noiri (en) ![]() Rathawi (en) ![]() Língua gaddi (pt) ![]() Northern Gondi (en) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 308.245 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Dhupgarh (en) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 26 de xaneiro de 1950 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Xefe de estado | Om Prakash Kohli (en) ![]() Mangubhai C. Patel (en) ![]() ![]() | ||||
• Chief Minister of Madhya Pradesh (en) ![]() ![]() | Mohan Yadav (en) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Madhya Pradesh Legislative Assembly (en) ![]() ![]() | ||||
ISO 3166-2 | IN-MP ![]() | ||||
Sitio web | mp.gov.in ![]() | ||||
![]() |
Xeografía, historia e demografía
editar(Véxase tamén Historia da India)
Madhya Pradesh é o segundo Estado indio máis grande por área e o quinto por poboación con máis de 72 millóns de habitantes. Limita cos Estados de Uttar Pradesh ao nordeste, Chhattisgarh ao leste, Maharashtra ao sur, Gujarat ao oeste e Rajasthan ao noroeste.[1]
A área cuberta polo actual Madhya Pradesh inclúe a zona do antigo Avanti Mahajanapada, cuxa capital Ujjain (tamén coñecida como Avantika) xurdiu como cidade importante durante a segunda onda de urbanización do subcontinente indio no século VI a. C.
Posteriormente, a rexión foi gobernada polas principais dinastías da India. O Imperio Maratha dominou a maior parte do século XVIII. Despois da Terceira guerra anglo-maratha no século XIX, a rexión dividiuse en varios estados principescos baixo os británicos e incorporouse ás provincias centrais e Berar e á Axencia da India Central. Algúns anos despois da independencia da India, as provincias centrais e Berar foron rebautizadas como Madhya Pradesh con Nagpur como capital: este Estado incluía as partes do sur do actual Madhya Pradesh e a parte nordeste do actual Maharashtra. En 1956, este Estado reorganizouse e as súas partes combináronse cos Estados de Madhya Bharat, Vindhya Pradesh e Bhopal para formar o novo estado de Madhya Pradesh, a rexión de Vidarbha de fala marathi foi eliminada e fusionouse co Estado de Bombai (hoxe capital de Maharashtra). Este Estado foi o máis extenso da India até o 2000, cando a súa rexión do sueste de Chhattisgarh foi designada como Estado separado.
Economía
editarA economía de Madhya Pradesh é a décima máis grande da India, cun produto interior bruto estatal (PIB) de ₹ 9,17 billóns e ten a 26ª renda per cápita máis alta do país de ₹ 109372. Madhya Pradesh ocupa o posto 23 entre os Estados indios no índice de desenvolvemento humano. [2] Rico en recursos minerais, Madhya Pradesh ten as maiores reservas de diamante e cobre da India. O 25,14% da súa superficie está baixo cuberta forestal.[3] A súa industria turística experimentou un crecemento considerable, co Estado encabezando os Premios Nacionais de Turismo en 2010-11.[4] Aínda que segue a ser un dos Estados menos desenvolvidos da India, nos últimos anos, o crecemento do PIB do Estado foi superior á media do conxunto da India,[5] rexistrando en 2019-20, un crecemento do PIB do 9.07%.[6]
Galería de imaxes
editarTemplos
editar-
Pintura rupestre mesolítica, abrigos rupestres de Bhimbetka, Patrimonio da Humanidade da UNESCO
-
Templo Kandariya Mahadeva, Khajuraho
-
Complexo do templo de Bateshwar, Padavli, Morena
-
Templo Chausath Yogini, Mitavli, Morena
-
Templos de Sahasra Bahu, forte de Gwalior
-
Teli ka Mandir, forte de Gwalior
-
Templo de Shiva en Bhojpur
-
Templo de Lakshmi, Orchha
-
Estatua de Brahma con varias deidades en Amarkantak .
-
Forte de Gwalior, Gwalior
-
Forte de Gwalior
-
Templo Maa Chamunda Mata, Tekri Dewas
-
Templo Mahakaleshwar Ujjain
-
Maheshwar Ghats and Fort, Maheshwar, Khargone
-
Templo de Omkareshwar, Khandwa
Fauna
editar-
Mono Langur (Semnopithecus dussumieri), Orchha
-
Tigresa con crías na reserva de tigres de Kanha
-
Papamoscas azul de Tickell, Parque Nacional Bandhavgarh
-
Voitres no niño, Orchha
-
Nilgais machos loitando, Lakeshwari, distrito de Gwalior
Símbolos estatais de Madhya Pradesh
editarTítulo | Símbolo | Imaxe |
---|---|---|
Animal terrestre do Estado | Barasingha[7] ( Rucervus duvaucelii ) | |
Ave do Estado | Papamoscas do paraíso indio (Terpsiphone paradisi) [8] | |
Árbore do Estado | Banyan (ficus bengalensis) [9] | |
Peixe do Estado | Mahasheer (Tor tor) [8] | |
Flor do Estado | Lirio azucena Madonna (Lilium candidum) [10] |
Deportes
editarEn 2013, o goberno estatal declarou a mallakhamba (malkhamb) como deporte estatal.[11]
O cricket, o kabaddi, o hóckey, o fútbol, o baloncesto, o voleibol, o ciclismo, a natación, o bádminton e o tenis de mesa son os deportes máis populares no Estado.
Os xogos tradicionais como kho kho, gilli danda, sitaliya, kanche e langdi son populares nas zonas rurais.
O snooker, xeralmente considerado como inventado en Jabalpur por oficiais do exército británico, é popular en moitos dos países de fala inglesa e da Commonwealth, cos mellores xogadores profesionais que obteñen ingresos de varios millóns de euros co xogo.
Notas
editar- ↑ "madhyapradesh" (PDF). fsi.nic.in.
- ↑ "Ecowrap" (PDF). www.sbi.co.in ; documents.
- ↑ "isfr-2019 Vol. II. Madhya Pradesh" (PDF). fsi.nic.in.
- ↑ "Madhya Pradesh topped the National Tourism Awards 2010-11". Jagranjosh.com (en inglés). 2012-03-01. Consultado o 2024-10-30.
- ↑ Thakur, Pradeep (2013-03-30). "Madhya Pradesh topples Bihar, new No 1 in economic growth". The Economic Times. ISSN 0013-0389. Consultado o 2024-10-30.
- ↑ "Madhya-Pradesh-presentation". ibef.org.
- ↑ "Know India: National Portal of India". knowindia.india.gov.in. Consultado o 2024-10-30.
- ↑ 8,0 8,1 "Symbol". mpsbb.nic.in; Madhya Pradesh State Biodiversity Board. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2016. Consultado o 30 de outubro de 2024.
- ↑ "Madhya Pradesh' State Tree" (PDF).
- ↑ "State-Animals-Birds-Trees-Flowers-of-India". frienvis.nic.in.
- ↑ "State sport status to malkhamb". The Times of India. 2013-05-11. ISSN 0971-8257. Consultado o 2024-10-31.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: India |
----
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |