Abrir o menú principal

Bríxida é un nome propio feminino de orixe gaélica na súa variante galega. Provén do gaélico Brighid ou Bridgid, da raíz celta brigh (forza). Brighid era o nome dunha deusa céltica do lume, moitos de cuxos atributos pasaron coa cristianización a Santa Bríxida de Irlanda.

A deusa Brighid é a orixe de numerosos topónimos en todo o arco atlántico, como as cidades da antiga Gallaecia: Braga, Braganza (hoxe en Portugal) e Brigantia (hoxe Betanzos); e outros como Brìghde (Escocia), Fraid (Gales), Brigantis (Gran Bretaña) ou Bregenz (Austria).

SantoralEditar

23 de xullo: Santa Bríxida (Bríxida de Suecia), relixiosa e mística cristiá sueca, fundadora da orde católica que leva o seu nome, nomeada patroa de Europa.

Venérase tamén a Bríxida de Irlanda o 1º de febreiro.

VariantesEditar

Variantes noutras linguas
Alemán Birgitta
Bretón Brec'hed
Búlgaro Бригита (Brigita)
Castelán Brígida
Catalán Brígida
Checo Brigita
Dinamarqués Birgitta
Esperanto Birgita
Estoniano Birgitta
Éuscaro Birkide, Birxita
Finlandés Birgitta
Francés Brigitte
Galego Bríxida
Holandés Birgitta
Húngaro Brigitta
Inglés Bridget
Islandés Birgitta
Italiano Brigida
Latín Birgitta
Lituano Brigita
Noruegués Birgitta
Polaco Brygida
Portugués Brígida
Romanés Brigita
Ruso Бригитта (Brigitta)
Sueco Birgitta

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3. 
  • Tibón, Gutierre (1994). Diccionario etimológico comparado de nombres propios de persona. Fondo de Cultura Económica, México. ISBN 968-16-2284-7. 
  • Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2.