Boris Eltsin

(Redirección desde «Boris Yeltsin»)

Boris Nikolaevich Eltsin[1] (ruso: Борис Николаевич Ельцин) nado en Butká, óblast de Sverdlovsk, Unión Soviética o 1 de febreiro de 1931 e finado en Moscova, Rusia o 23 de abril de 2007, foi o primeiro presidente da Federación de Rusia, entre 1991 e 1999.

Infotaula de personaBoris Eltsin

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Бори́с Никола́евич Е́льцин Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1931 Editar o valor em Wikidata
Butka, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte23 de abril de 2007 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii 55°43′27″N 37°33′15″L / 55.72422, 37.55405 Editar o valor em Wikidata
Comandante en Xefe Supremo das Forzas Armadas da Federación de Rusia
7 de maio de 1992 – 31 de decembro de 1999
Ministro de Defensa
16 de marzo de 1992 – 18 de maio de 1992
← Konstantin Kobets (en) TraducirPavel Grachev →
Primeiro ministro de Rusia
6 de novembro de 1991 – 15 de xuño de 1992
← sen valor – Yegor Gaidar →
Presidente da Federación Rusa
10 de xullo de 1991 – 31 de decembro de 1999
← sen valor – Vladimir Putin →
Presidente do Soviet Supremo de Rusia
29 de maio de 1990 – 10 de xullo de 1991
← Vitaly VorotnikovRuslan Khasbulatov →
Primeiro Secretario do Partido Comunista de Moscova
23 de decembro de 1985 – 11 de novembro de 1987
← Viktor GrishinLev Zaykov →
Deputado do Soviet Supremo da República Socialista Federada Soviética de Rusia
Membro do Conselho Supremo da Unión Soviética
Consello de Ministros da Unión Soviética
Deputado do Pobo da Unión Soviética
Membro do Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética
Secretariado do Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética
Comité rexional de Sverdlovsk do PCUS
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaQorı Yılğa (valor descoñecido–1934)
Moscova (1985–2007)
Ekaterimburgo (1949–1985)
Berezniki (1937–1949)
Professor Мöxämmätyarof Street (en) Traducir (1934–1937)
Butka (1931–1934) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRusia (1991–2007)
Unión Soviética (1931–1991) Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa rusa e Cristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica Estatal dos Urais
Universidade Federal dos Urais Editar o valor em Wikidata
Altura187 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Moscova (1985–2007)
Ekaterimburgo (1961–1985) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro civil , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticopolítico independente (1990–)
Partido Comunista da Unión Soviética (1961–1990) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Rango militarComandante en Xefe Supremo das Forzas Armadas da Federación de Rusia Editar o valor em Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Forzas Armadas de Rusia Editar o valor em Wikidata
ConflitoIntento de golpe de estado na Unión Soviética, Crise constitucional russa de 1993 (pt) Traducir, Guerra Civil na Geórgia (pt) Traducir, Primeira Guerra da Chechênia (pt) Traducir, Guerra Civil do Tadjiquistão (pt) Traducir, Invasão do Daguestão de 1999 (pt) Traducir, Segunda Guerra Chechena, Conflito na Ossétia do Norte de 1992 (pt) Traducir, Conflito de Nagorno-Karabakh (pt) Traducir, Conflito da Transnístria (pt) Traducir e Incidente de Pristina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalWilliam Jefferson Clinton Editar o valor em Wikidata
Participou en
2 de xullo de 199028th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir
28 de xuño de 198819th All-Union Conference of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir
25 de febreiro de 198627th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir
23 de febreiro de 198126th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir
Soviete Supremo da Rússia (pt) Traducir
Congreso dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNaina Yeltsina (en) Traducir (1956–2007) Editar o valor em Wikidata
FillosTatyana Yumasheva (en) Traducir, Elena Yeltsina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisNikolai Ignatievich Yeltsin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Claudia Vasilievna Jeltsina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMikhail Yeltsin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0947418 Allocine: 37167
WikiTree: Yeltsin-1 Find a Grave: 19058255 Editar o valor em Wikidata

O 12 de xuño de 1991 foi elixido para o recentemente creado posto de presidente da República Socialista Federativa Soviética de Rusia co 57% dos votos. Foi reelixido en 1996, derrotando a Guennadi Ziugánov do revivido Partido Comunista. Porén, Eltsin nunca recuperou a súa popularidade inicial despois dunha serie de crises económicas e políticas en Rusia durante a década de 1990.

A era Eltsin estivo marcada pola corrupción xeneralizada, o colapso económico, as guerras de Chechenia e enormes problemas sociais e políticos que afectaron tanto a Rusia como a outros estados da desaparecida Unión Soviética. Durante os primeiros anos da súa presidencia, moitos dos partidarios políticos de Eltsin volvéronse na súa contra e o vicepresidente Aleksandr Rutskoi denunciou as reformas como un «xenocidio económico».[2] Os constantes enfrontamentos co Parlamento culminaron na crise constitucional rusa de outubro de 1993, cando o Parlamento intentou apartar do seu cargo a Eltsin e este, como resposta, asediou a Casa Branca de Moscova, na que morreron centos de persoas. Eltsin desfíxose da Constitución vixente, prohibiu temporalmente a oposición política e proseguiu coa súa experimentación económica. A continuación, introduciu unha nova Constitución cun forte poder presidencial e que foi aprobada nun polémico referendo antes de finalizar o ano.

O 31 de decembro de 1999, Eltsin anunciou a súa renuncia ó cargo de Presidente, deixando o cargo nas mans do seu sucesor, o entón Primeiro Ministro, Vladimir Putin. Eltsin deixou o cargo sendo amplamente impopular entre a poboación do país.[3] Segundo algunhas estimacións, os seus índices de aprobación ó deixar o poder foron tan baixos como o 2%.[4]

Primeiros anos editar

 
Boris Eltsin (segundo pola esquerda) con amigos da infancia

Boris Eltsin naceu en Butka, no óblast de Sverdlovsk na entón Unión Soviética, o 1 de febreiro de 1931.[5] En 1932 despois de que o estado se levara toda a colleita pola colectivización de Butka, a familia de Eltsin trasladouse tan lonxe como puido, a Kazán, a máis de 1.100 quilómetros de distancia. Alí o pai de Boris, Nikolai, comezou a traballar na construción. Boris Eltsin estudou na Universidade Estatal dos Urais (hoxe Instituto Politécnico dos Urais), e comezou a súa carreira na industria da construción.[6] En 1934 Nikolai Eltsin foi acusado de axitación anti-soviética e condenado a realizar traballos forzosos nun gulag durante tres anos.[7]

Trala súa liberación en 1936, Nikolai levou a súa familia Berezniki no Krai de Perm, onde o seu irmán Iván, fora exiliado o ano anterior tras non entregar a súa cota de gran.[8] Nikolai quedou desempregado por un período e máis tarde volveu traballar na construción. A nai de Boris, Klavdiya Vasileevna Eltsina, traballou como costureira. Nesta época Boris estudou no Instituto Pushkin de Berezniki. Era afeccionado ós deportes –sobre todo ski, ximnasia, balonvolea, entre outros– aínda que perdera o polgar e o índice da súa man esquerda cando entrou xunto a algúns amigos nun arsenal do Exército Vermello, roubaron varias granadas e trataron de desarmalas.[9]

En 1949 foi admitido na Universidade Técnica Estatal dos Urais en Sverdlovsk, graduándose en 1955. O tema do seu proxecto final foi Construción dun pozo mineiro.[10] Desde 1955 ata 1957 traballou como capataz na construción do edificio Uraltyazhtrubstroy. Desde 1957 ata 1963 traballou en Sverdlovsk, e foi ascendido a xefe da Dirección de Construción coa confianza de Yuzhgorstroy. En 1963 converteuse en enxeñeiro xefe, e en 1965 responsable das sumidoiros e canos. Uniuse á nomenklatura do PCUS en 1968, cando foi nomeado Xefe de Construción polo Comité Rexional do Partido en Sverdlovsk.

Membro do PCUS editar

Eltsin foi membro do Partido Comunista da Unión Soviética desde o 17 de marzo de 1961[11] ata o 13 de xullo de 1990,[12] e membro da nomenklatura desde 1968.

En 1977, como oficial do partido en Sverdlovsk, Eltsin recibiu a orde de Moscova de destruír a Casa Ipatiev, onde o tsar Nicolao II e a súa familia foran asasinados polas tropas bolxeviques. A Casa Ipatiev foi demolida a noite do 27 de xullo de 1977.[13] Durante esta etapa en Sverdlovsk, construíuse o palacio do PCUS, ó que os residentes chamaron o Dente Branco.[14] En xaneiro de 1981 Eltsin foi galardoado coa Orde de Lenin, a condecoración máis alta da Unión Soviética, polos servizos ó Partido Comunista e o Estado Soviético e en conexión co 50 aniversario.[5] En marzo de 1981, Eltsin foi elixido como membro de pleno dereito do Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética.[5]

Moscova editar

O 11 de marzo de 1985, Gorbachov foi elixido Secretario Xeral do PCUS polo Politburó trata morte de Constantino Chernenko. O primeiro reto de Gorbachov era resucitar a economía soviética; porén, deuse conta que sería tarefa imposible sen unha reforma da estrutura social e política da Unión Soviética.[15] Para comezar esas reformas comezou a atraer a Moscova a un equipo de membros do partido máis novo e enerxético. O 4 de abril de 1985 Eltsin recibiu a chamada de Eegor Ligachev instándolle a acudir á capital para asumir o cargo de Xefe do Departamento de Construción do Comité Central do Partido.[16] Menos de tres meses despois, foi ascendido a Secretario para a Construción do Comité Central, unha posición dentro do alcance do Secretariado do Comité Central do PCUS.[5]

O 23 de decembro de 1985, Mikhail Gorbachov ascendeu a Eltsin a Primeiro Secretario do Comité da Cidade de Moscova, a efectos prácticos o alcalde da capital, e como resultado, o 18 de febreiro de 1986, Eltsin foi invitado a ser Membro Candidato do Politburó.[17] Como membro do Politburó, Elstin recibiu unha casa rural que previamente fora ocupada por Gorbachov, quen trasladarase a unha máis grande e luxosa nas proximidades. Durante este período, Eltsin retratouse como un reformista e populista, despedindo e reorganizando ó persoal en varias ocasións. Chegou a ser popular en Moscova por despedir a membros corruptos do partido.

Presidente da RSFSR editar

 
Boris Eltsin con George H. W. Bush.
 
Eltsin en febreiro de 1989.

Baixo o seu liderado, en xuño de 1990, a RSFS de Rusia (RSFSR) declara a súa independencia da URSS. Nas primeiras eleccións multipartidistas, celebradas o 12 de xuño de 1991, gañou a Presidencia da RSFSR ó obter o 57% de votos. Convértese no Presidente da RSFSR o 10 de xullo dese ano.

O 19 de agosto de 1991, un intento de golpe de estado contra o presidente da URSS Mikhail Gorbachov é levado a cabo por comunistas de liña dura, liderados por Vladimir Kriuchkov. Gorbachov foi feito prisioneiro na súa residencia de verán (dacha) de Crimea, mentres Eltsin chegou ó Parlamento de Moscova para desafiar ós golpistas. Rodeado de tropas, logrou convocar manifestacións populares que fixeron desistir ás tropas rebeldes de apoiar o golpe. Eltsin estaba na súa cima política, ó dar un memorable discurso desde a torreta dun carro de combate.

Para o 21 de agosto a maioría dos líderes golpistas xa abandonaran Moscova. Gorbachov foi «rescatado» do seu cativerio en Crimea e devolto a Moscova. A pesar de que estaba de volta na súa posición, Gorbachov non tivo control da Unión Soviética nin de Rusia. Eltsin era xa o líder indiscutible de Rusia, logrando mostras de apoio de varias partes do mundo. Para finais de 1991, Eltsin ordena tomar control dos ministerios soviéticos e declara ó PCUS ilegal en territorio ruso.

En decembro de 1991, Ucraína vota a favor da independencia. Crece a rivalidade entre o presidente da URSS Mikhail Gorbachov e o presidente da RSFSR Boris Eltsin. Unha semana máis tarde, Boris Eltsin reúnese co Presidente de Ucraína, Leonid Kravchuk e o líder de Belarús, Stanislav Shushkévich en Belovézhskaya Puscha. Nesa reunión, por medio do Tratado de Belavezha, é declarada a disolución da URSS e o establecemento da Comunidade de Estados Independentes no seu lugar.

O 24 de decembro, a Federación Rusa toma o asento da URSS nas Nacións Unidas. Ó día seguinte, o presidente da URSS Mikhail Gorbachov dimite e a URSS deixa de existir.[18]

Presidente da Federación Rusa editar

 
Gráfico económico de Rusia moderna. Durante os anos de Eltsin, a economía viviu os seus peores momentos.

Ós poucos días da caída da Unión Soviética, Boris Eltsin embarcou nun programa de reformas económicas radicais, co obxectivo de reestruturar o sistema económico de Rusia, transformando a maior economía socialista do mundo nunha economía de mercado.

Ó final de 1991, Eltsin favoreceu os especuladores e institucións estranxeiras, como o Banco Mundial, o FMI e até mesmo o Departamento do Tesouro dos Estados Unidos, que nos anos 1980 desenvolveran técnicas de recuperación económica para economías en transición. Esas políticas ficaron coñecidas como "Consenso de Washington", e máis particularmente no caso de Rusia, como "terapia de choque", por conta das duras penas que os rusos sufriron durante este período.

O 2 de xaneiro de 1992, Eltsin, actuando como Primeiro Ministro, ordenou a liberalización do mercado estranxeiro, dos prezos e da moeda. Ó mesmo tempo, seguiu unha política de estabilización macroeconómica, baseado nunhas políticas de austeridade para controlar a inflación. Baixo o programa de estabilización de Eltsin, a taxa de interese creceu ata niveis extremos, para controlar o rublo e restrinxir os créditos.

Notas editar

  1. Tamén romanizado como Yeltsin, Ielsin. "Pautas para un correcto uso da linguaxe" (PDF). Universidade de Vigo. Consultado o 4 de setembro de 2016. 
  2. New York Times, ed. (febreiro de 1992). "Yeltsin Deputy calls reforms Economic Genocide". Consultado o 23 de setembro de 2011. 
  3. Paul J. Saunders, "U.S. Must Ease Away From Yeltsin", Newsday, 14 de maio de 1999. [1]
  4. "Transcripts of 'Insight' on CNN". CNN. 7 de outubro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 17 de xullo de 2007. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Leon Aron, Boris Yeltsin A Revolutionary Life. Harper Collins, 2000. pg. 739; ISBN 0-00-653041-9.
  6. Leon Aron, Boris Yeltsin A Revolutionary Life. Harper Collins, 2000. p. 5.
  7. "Timeline of a Leader". Canadian Broadcasting Corporation. outubro 1998. Archived from the original on 16 de outubro de 2007. Consultado o 17 de abril de 2007. 
  8. Leon Aron, Boris Yeltsin A Revolutionary Life. Harper Collins, 2000. p. 6.
  9. BBC, ed. (27 de abril de 2007). "10 things we didn't know last week". Consultado o 29 de abril de 2007. 
  10. Leon Aron, Boris Yeltsin A Revolutionary Life. Harper Collins, 2000. p. 16.
  11. Leon Aron, Boris Yeltsin A Revolutionary Life. Harper Collins, 2000. p. 30.
  12. Leon Aron, Boris Yeltsin A Revolutionary Life. Harper Collins, 2000. p. 740.
  13. Searchfoundation (ed.). "Chronology". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2010. Consultado o 3 de novembro de 2010. 
  14. Panorama (ed.). "Yeltsin Boris Nikolayevich". Consultado o 3 de novembro de 2010. 
  15. Archontology.org, ed. (27 March 2009). "Михаил Сергеевич Горбачёв (Mikhail Sergeyevič Gorbačëv)". Consultado o 3 de abril de 2009. 
  16. Leon Aron, Boris Yeltsin A Revolutionary Life. Harper Collins, 2000. page 132.
  17. The Strange Death of the Soviet Empire, páxina 77; ISBN 0-8050-4154-0
  18. "Yeltsin, el obrero travieso que disolvió la URSS". www.elmundo.es. Consultado o 2020-01-15. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Predecesor:
Ninguén
 
Presidente da Federación Rusa

1991 - 1999
Sucesor:
Vladimir Putin