Abrir o menú principal

Presidente da Unión Soviética

artigo de listas da Wikimedia

Lista de xefes de Estado da Unión SoviéticaEditar

 
Lev Kámenev en 1918
 
Leonid Brézhnev
 
Mikhail Gorbachev

Presidente do Comité Executivo Central do Congreso dos Soviets de toda RusiaEditar

O primeiro Comité Executivo Central do Congreso dos Soviets de toda Rusia elixiuse en xuño de 1917, pero non era un órgano de goberno e o seu presidente non era o xefe do Estado. Esta situación mudou no II Congreso dos Soviets de toda Rusia durante a Revolución de Outubro.

Presidente do Comité Executivo Central da URSSEditar

A Unión Soviética fundouse o 30 de decembro de 1922, incluíndo nun principio á República Socialista Federativa Soviética de Rusia, a República Socialista Soviética de Ucraína, a República Socialista Soviética de Belarús e a República Socialista Federativa Soviética de Transcaucasia. Mikhail Kalinin retivo o cargo como Presidente do Comité Executivo Central dos Soviets de toda Rusia e converteuse tamén no presidente do novo Comité Executivo Central da URSS. Co avance do stalinismo ambos postos tornáronse simbólicos.

Presidente do Presidium do Soviet Supremo da URSSEditar

Presidente do Soviet Supremo da URSSEditar

Presidente da Unión SoviéticaEditar

O 15 de marzo de 1990 a maioría das atribucións do Presidente do Soviet Supremo transferíronse a un novo cargo, o de Presidente da Unión Soviética, Anatoli Lukianov foi elixido Presidente do Soviet Supremo para substituíra Gorbachev, pero o cargo agora correspondía ao dun secretario parlamentar. A xefatura do Estado continuou entón a cargo de Gorbachov.