Berenxena
Berenxena | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Solanum melongena | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Solanum melongena' L., Sp. Pl., 1:186, 1753 [1] | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
A berenxena[2] (Solanum melongena) é unha planta anual do xénero Solanum dentro da familia das solanáceas, orixinaria da India, considerada de fácil cultivo nos trópicos, e que pertence á mesma familia do pemento (condimento), da pataca e do tomate. É sensíbel ao frío, ás xeadas e ao exceso de choiva na altura da floración. A época de plantío, no hemisferio norte, é de setembro a febreiro e, en rexións de clima quente, o ano todo.
En Galiza carece de nome popular ao non exister tradición do seu cultivo, porén hoxe en día é doado atoparmos o froito tanto a venda como nos agros.
Etimoloxía
editarO termo provén do persiano بادنجان bādinyān, que despois pasou ao árabe cunha moi lixeira variación, باذنجان bādhinyān, de aí pasou ao español: berenjena, que deu o galego berinxela e berenxena; e ao portugués: beringela[3].
O dicionario da Real Academia Galega só admite a forma berenxena, mais berinxela é unha forma que recollía o dicionario da RAG de 1913 so a grafía "beringéla" [4]; e que temén tiñan entrada noutra ducia de dicionarios galegos ata a década de 1980. Berenxena, escrito como "berengena", recolleuno Sarmiento no século XVII [5] e Marcial Valladares Núñez como "berengêna"[6]. A partir da década de 1980 e a voz que recollen a maioría dos dicionarios galegos.
Os pobos de fala inglesa coñécena coma "planta dos ovos" (eggplant) pola forma das súas primeiras variedades introducidas do tipo oviferum, que eran albas e en forma de ovo.
Historia
editarSegundo algúns historiadores, o seu cultivo comezou como planta ornamental, na India, arredor de 4 000 anos atrás, tendo chegado a Europa no século XIII a través dos árabes da Península Ibérica, que eran e son grandes apreciadores deste froito. En Galiza o cultivo non foi moi común inda que xa for recollido por Sarmiento no século XVIII
Características
editarPlanta
editarA planta presenta un talo erecto, piloso e ramificado. Pode ser espiñento, cunha altura que varía entre os 3 e os 6 dm. É delicada e doadamente creban se non ten un espeque titor cando carga os froitos.
As follas son de enteiras até profundamente lobadas, grandes e co envés cuberto dunha vilosidade cinsenta estrelada-pubescente; as nervaduras das follas teñen espiñas miúdas.
As flores son péndulas, grandes e de cor violeta de 5 cm de largo en media; teñen forma de estrela de 5 até 8 puntas, e igual número de estames. O cáliz, espiñento e con 5-9 lóbulos, perdura e medra moito durante o desenvolvemento do froito.
É unha planta moi esixente en luminosidade, require de 10 a 12 horas de luz. Atura ben as temperaturas elevadas sempre que haxa unha humidade axeitada e é moi sensíbel ao frío, temperatura mínima biolóxica (10 a 12 °C) e a máxima (40 a 45 °C), a humidade relativa óptima oscila entre o 50% e o 65%. Condicións de clima mediterráneo que limita o seu cultivo en Galiza. A semente para a sementeira tírase dos froitos ben chegados.
O ciclo da berinxela adoita durar de nove a dez meses; dende que se planta até se iniciar a colleita acostuman transcorrer 100 a 125 días, segundo variedades e época do cultivo.[7]
Froito
editarO froito, comestíbel, é unha baga de 5 até 30 cm de lonxitude de forma cilíndrica, oblonga ou alongada na maioría dos casos, cunha pela lisa, brillante e de cores diversos segundo a variedade, a máis común é a de cor morada ou negro ao madurar, porén existe branca, púrpura, negra, amarela, encarnada ou de cores mesturadas, especialmente branca, negra, morada e verde. A polpa é consistente, de textura esponxosa, de cor alba, ten certo sabor agre, presenta carabuñas miúdas de cor amarela. Atópase nos mercados todo o ano por ser cultivado en época de baixas temperatura en invernadoiro.
Na pela do froito identificáronse antocianinas (flavonoides), pigmentos que lle confiren a cor morada.
Conservación do froito
editarA súa conservación debe ser nun lugar refrixerado até o consumo e debe consumirse o máis cedo posíbel (resiste pouco máis de dez días), xa que o froito logo desenvolve manchas pardas e comeza a amargar. Porén existen procedementos de escabechado que permiten prolongar este período por un ano, como fan coas berenjenas de Almagro.
-
Froito comestíbel.
-
Froito comestíbel.
Propiedades nutritivas
editarValor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 104 kJ (25 kcal) |
5.88 g | |
Azucres | 3.53 g |
Fibra alimentaria | 3 g |
0.18 g | |
0.98 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 3% 0.039 mg |
Riboflavina (B2) | 3% 0.037 mg |
Niacina (B3) | 4% 0.649 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 6% 0.281 mg |
Vitamina B6 | 6% 0.084 mg |
Ácido fólico (B9) | 6% 22 μg |
Vitamina C | 3% 2.2 mg |
Vitamina E | 2% 0.3 mg |
Vitamina K | 3% 3.5 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 1% 9 mg |
Ferro | 2% 0.23 mg |
Magnesio | 4% 14 mg |
Manganeso | 11% 0.232 mg |
Fósforo | 3% 24 mg |
Potasio | 5% 229 mg |
Cinc | 2% 0.16 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 92 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
O seu valor enerxético e nutritivo é pequeno comparado con outros froitos, verduras e hortalizas. Contén escasas vitaminas, hidrocarbonos, proteínas e minerais, sendo o compoñente maioritario no seu peso a auga, nun 92% da súa composición. O mineral máis abundante é o potasio e en pequenas cantidades fósforo, calcio, magnesio e ferro. Ten vitaminas A, B1, B2, B3, C e folatos.
É de medio contido fibroso mais repartido máis na pela e semrntes. O seu contido calórico é case inexistente.
Tipos
editarExisten diferentes variedades de berinxelas, diferenciándose polas súas cores. As máis comúns son as vermellas escuras, púrpura, ou roxas, mais poden tamén ser brancas, aínda que estas adoitan ser raras.
De polpa macia e flexíbel, ten unha pela lisa e lustrosa que a envolve. No mercado galego as variedades máis comúns son a híbrida, grande e roxa, a híbrida super F-100, no ton vermello escuro brillante e a embú, de cor roxa avermellada, todas con pedúnculo verde.
Uso medicinal
editarA eficacia da berinxela no tratamento de hipercolesterolemia e no control do colesterol é controversa. Unha investigación realizada no Instituto de Biociências de Botucatu - São Paulo amosou que a berinxela pode reducir até 30% as taxas do colesterol. Un estudo clínico do Instituto do Corazón de São Paulo non confirmou tales resultados; o traballo publicado afirma que a berinxela non debe ser encarada como substituto de estatina.[8]. Aínda non se sabe cal é o principio activo responsábel da redución das taxas de colesterol, mais os científicos sospeitan dun alcaloide existente na berinxela.
O froito é rico en proteínas, vitaminas (A, B1, B2, B5, C), minerais (calcio, fósforo, ferro, potasio, magnesio) e alcaloides, que actúan diminuíndo a presión sanguínea, previndo a arterosclerose, os naturistas recomendan o seu consumo para previr algúns males referentes ao fluxo sanguíneo.
Tamén é recomendada nos casos de artrite, presentando bos resultados na gota e no reumatismo, ben como na diabetes e nas inflamacións da pel en xeral.
É tamén moi dixestiva, nutritiva e laxante, por ese motivo é indicada nos casos de desnutrición, indixestión e prisión de ventre. O consumo da berinxela está tamén indicado para problemas do fígado e do estómago.
Con fin medicinal, tamén pode ser usada cortada en pedaciños con casca e colocado nun xerro de auga na neveira, bebendo 200 ml 3 veces ao día (nos casos de crise: diabete alta, hipertensión) e para manutención diminuír a dose. Véndese tamén en po como hortaliza medicinal.
As mellores berinxelas son as de estrutura firme e cascas ben brillantes. As opacas e amolecidas xa están vellas e perderon as súas propiedades nutricionais.
Uso culinario
editarEn Galiza o uso é recente, en pratos estranxeiros. Úsase na preparación de pratos como o cuscús, escalivada, tortas, ensaladas etc. Tamén é moi boa para facer a lasaña grega: a musaca. Cocida, fritida, asada ou grellada, a berinxela combina ben co pemento, tomate, cebola e olivas, tornándose un óptimo acompañamento para carnes grelladas e asadas.
Galería
editarNotas
editar- ↑ "Sinónimos en Tela Botanica". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2009. Consultado o 03 de marzo de 2013.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para berenxena.
- ↑ FERREIRA, A. B. H. Novo dicionário da língua portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro. Nova Fronteira. 1986. p. 250.
- ↑ "Dicionario de dicionarios". ilg.usc.gal. Consultado o 2022-03-17.
- ↑ "Dicionario de dicionarios". ilg.usc.gal. Consultado o 2022-03-17.
- ↑ "Dicionario de dicionarios". ilg.usc.gal. Consultado o 2022-03-17.
- ↑ Cultivo de la berenjena, Zoilo Serrano Cermeno, Hojas divulgadoras Ministerio de Medio Ambiente
- ↑ Juliana Marchiori Praça, Andréa Thomaz, Bruno Caramelli. "Eggplant (Solanum melongena) Extract Does Not Alter Serum Lipid Levels". Arq Bras Cardiol, volume 82 (nº 3), 273-6, 2004.