Abrir o menú principal

Coordenadas: 23°8′N 82°22′O / 23.133, -82.367

Baracoa, chamada tamén a Cidade Primada, é unha cidade situada na provincia de Guantánamo (Cuba).

Baracoa
Baracoa
Cuidad de Baracoa.jpg
Vista aérea da cidade
Localización
PaísCuba Cuba
ProvinciaGuantánamo
Situación do municipio (vermello) dentro de parovincia (amarelo).
Unha cabana tradicional (bohío) taína nas montañas de Baracoa.

É o máis antigo asentamento da illa establecido polos colonizadores españois, de aí o seu alcume de Ciudad Primada.

En 1518 recibiu o título de cidade. Foi a primeira capital e o primeiro bispado da Illa.

Índice

XeografíaEditar

O municipio esténdese sobre unha superficie de 976,6 km², e está situado na costa sudoriental da illa, a unha altitude media de 5 msnm.

A súa poboación, no ano 2012, era de 82 000 habitantes, polo que a súa densidade nese ano era de 58,5 hab/km².

Os principais produtos da rexión son o coco, o cacao e o café, aínda que desde finais da década dos 90 do pasado século o turismo converteuse nunha das súas principais fontes de ingresos debido á súa extraordinaria beleza.

Declarada Monumento Nacional, a cidade está situada entre os ríos Macaguanigua e Miel. Entre os seus atractivos naturais encóntrase o río Toa, con numerosas fervenzas, sendo a máis coñecida El Saltadero, con 17 m de altura, a chamada Bella Durmiente, que vista desde lonxe semella unha moza deitada, e, sobre todo, a montaña do Yunque (bigornia), que debe o seu nome á similitude da mesma coa peza que usan os ferreiros.

 
Tibaracón e enseada (praia) do río Miel. Ao fondo, a elevación coñecida como El Yunque.

No Yunque, símbolo de Baracoa e declarado Monumento Nacional, desde o seu punto máis, alto pódese ver a exuberante natureza da paisaxe baracoense, así como o seu litoral costeiro e a súa baía, resaltada por Cristóbal Colón cando chegou por primeira vez á Illa.[1]

Accesos á cidadeEditar

O acceso á cidade desde a capital provincial constitúe unha aventura, xa que hai que percorrer unha vía mou peculiar que serpentea entre as montañas e que leva o nome de Viaducto de la Farola. Esta estrada conta con 11 pontes levadizas e o seu punto máis elevado está no Alto de Cotilla, a máis de 600 m sobre o nivel do mar, onde se encontra un miradoiro desde o que se pode alcanzar a ver a costa Norte e a costa Sur e, segundo a lenda, as luces de Haití. Nesta mesma vía celébrase anualmente unha carreira de maratón.

O acceso desde o Oeste transcorre a través da estrada Holguín-Mayarí-Moa-Baracoa, consistente nunha estrtada asfaltada en 180 km até Moa e uns 16 km até Punta Gorda. O treito restante, duns 60 km é de terra, e cruza importantes ríos sobre pontes de formigón.

Cambios territoriaisEditar

El termo municipal modificou a súa xurisdición varias veces. Moits dos actuais territorios de Moa pertenceron a Baracoa, e os nativos desta parte holguineira comparten costumes e trazos moi similares cos dos baracoenses.

EtimoloxíaEditar

Presúmese que o nome da cidade proveña dun vocábulo aborixe que significa "presenza do mar" en alusión ao ambiente mariño que contrasta coas montañas e os ríos da rexión, de gran beleza natural.

HistoriaEditar

 
Diego Velázquez de Cuéllar.
1º Adelantado do Iucatán, conquistador de Cuba e 1º Tenente gobernador da Illa.
 
Casa de Diego Velázquez de Cuéllar en Santiago de Cuba.

A cidade foi fundada o 15 de agosto de 1511 co nome de Nuestra Señora de la Asunción de Baracoa (por ser fundada o día da festa da Asunción) polo conquistador español de Cuba Diego Velázquez de Cuéllar, que ostentaba entón o título de Adelantado do Iucatán.

É o máis antigo asentamento da illa establecido polos colonizadores españois, de aí o seu alcume de Ciudad Primada. En 1518 recibiu o nomeamento de cidade. Foi a primeira capital e o primeiro bispado da Illa.

O dominio español deixou as súas pogadas nas construcións da localidade, entre as que destacan as fortificacións de El Castillo e La Punta, e os torreóns de Joa e do Cemiterio.

Durante os XVI e XVII, ao estar incomunicada co resto da illa por terra, fixo que a súa escasa poboación comerciara de contrabando con franceses e ingleses.

A principios do século XIX instaláronse nela numerosos colonos franceses que fuxiron da revolución independentista de Haití, e que se dedicaron ao cultivo do café e do cacao, de aí a influencia francesa que existe na cidade, como tamén noutras partes da antiga provincia de Oriente.

En 1807 grazas aos avisos de Sebastián de Kindelán y O'Regan, gobernador de Santiago de Cuba, a cidade quedou a salvo de ser saqueada por corsarios ingleses procedentes das Bahamas, logrando rexeitalos.

A partir de mediados do século XIX, en que se intensifican os esforzos dos patriotas cubanos por lograr a independencia de Cuba, as costas foron escenario do desembarco de numerosas expediciones libertadoras.

En outubro de 1854 o xove matanceiro Francisco Estrampes, Juan Enrique Félix e dous estadounidenses desembarcaron duna goleta (coñecida hoxe como a Goleta de Honor) con armas de guerra para iniciar unha revolución. Pero foron sorprendidos por tropas españolas antes de que puideran recibir acuda, caendo prisioneiros e conducidos a La Habana, onde Estrampes foi executado o 31 de marzo de 1855.

Entre os primeiros baracoenses que se vincularon ao esforzo libertador debe mencionarse a Manuel Borges Navarro (1827-1869), que despois de terse dedicado á ensinanza con verdadeira vocación, implicouse na conspiración revolucionaria de López y Agüero e encarcerado por diio motivo. Máis tarde, en 1868 incorporouse ao movemento de Yara e foi apresado e asasinado pola escolta española que o conducía a Santiago de Cuba, en setembro de 1869.

En marzo de 1885 desembarcaron en Caleta (costa sur) o brigadier Limbano Sánchez e un grupo de patriotas; foron perseguidos e Sánchez e Ramón González morreron en combate; os outros foron feitos prisioneiros, salvando a vida soamente dous deles.

Iniciada xa a Guerra da Independencia, o 1 de abril de 1895, desembarcaron na praia de Duaba, moi cerca de onde o fixera a expedición da Goleta de Honor, algúns dos máis prestixiosos xefes cubanos, entre eles o xeneral Antonio Maceo e o seu irmán José Maceo, Flor Crombet, Agustín Cebreco, Silverio Sánchez e Patricio Corona. Poucos días despois, o 11 de abril, desembarcaron en Playitas o xeneral Máximo Gómez, o apóstol José Martí, Ángel Guerra, Paquito Borrero, Marcos del Rosario e César Salas, aos que se unen o día 14 o coronel baracoense Félix Ruenes e as súas tropas. Estas expedicións axudaron moito na loita poa independencia de Cuba, a cal finalmente se logrou, grazas á intervención estadounidense, cando, despois do tratado de París, que deixara a Illa baixo o control dos Estados Unidos, estes concedérona o 20 de maio de 1902.

 
A Cruz de la Parra.

Na cidade de Baracoa consérvase dentro dunha vitrina e cun pedestal de prata, a Cruz de la Parra, símbolo da cristiandade, que levara Cristóbal Colón na súa primeira viaxe.

Nova dioceseEditar

A partir do 24 de xaneiro de 1998, a raíz da visita do papa Xoán Paulo II á illa de Cuba, Baracoa, xunto con Guantánamo, pasan a formar unha nova diocese que ten como bispo a monseñor Carlos Baladrón Valdés, que até entón exercía como bispo auxiliar da Habana.

GastronomíaEditar

A gastronomía da rexión é moi peculiar, con pratos como o "bacán", confeccionado a base de plátano verde que se envolve en follas de plátano da mesma forma que o tamal de millo en follas.

Para os amantes dos doces a maior atracción é o cucurucho, unha especie de xalea de coco, laranxa e piña que se envasa nun cono feito de yaguas.[2]

A Baracoa chámana a Cidade do chocolate, por algo será.[3]

AeroportoEditar

O Gustavo Rizo és un pequeno aeroporto que opera usualmente só voos nacionais. Encóntrase localizado ao oeste da baía cerca do hotel Porto Santo e ao redor de 4 km ao NNW do centro da cidade (cruzando a boca da baía de Bolsa, está a poucos metros). Aínda que os voos até este lugar son pouco frecuentes actualmente, Cubana voa ocasionalmente desde Santiago de Cuba e Aerocaribe desde Ciudad de La Habana.

Cidades irmandadasEditar

NotasEditar

  1. 7 Baracoa, Guantánamo en Cuba.travel (en castelán).
  2. A yagua é un tecido fibroso que rodea a parte superior e máis tenra do tronco da palma real, do cal se desprende naturalmente todas as lunacións, e serve para varios usos, especialmente para envolver tabaco en rama.
  3. Como para chocolate.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar