Abrir o menú principal

José Julián Martí, nado na Habana o 28 de xaneiro de 1853 e finado en Dos Ríos o 19 de maio de 1895, foi un poeta e político cubano.

José Martí
MartiJohnManuel K TRestauration.jpg
Nacemento28 de xaneiro de 1853
 A Habana
Falecemento19 de maio de 1895
 Provincia de Oriente
CausaMorto en combate
NacionalidadeEspaña
EtniaCriollo people
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid e Universidade de Zaragoza
Ocupaciónlingüista, poeta, escritor, tradutor, Soldado, político, ensaísta, xornalista, pintor e revolucionario
PaiLeonor Pérez Cabrera
CónxuxeMaría del Carmen de Zayas-Bazán e Hidalgo
FillosJosé Francisco Martí Zayas Bazán
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de pai español e nai natural das Illas Canarias, José Martí está considerado o gran mártir da independencia de Cuba en relación a España. Alén de poeta e pensador fecundo, desde a súa mocidade demostrou a súa inquietude cívica e a súa simpatía polas ideas revolucionarias.

Influenciado polas ideas de independencia de Rafael Maria de Mendive, o seu mestre na escola secundaria da Habana, iniciou a súa participación política escribindo e distribuíndo xornais con contido separatista no inicio da Guerra dos Dez Anos. Co encarceramento e desterro do seu mestre Mendive, cristalizou a actitude de rebeldía de Martí contra a dominación española.

 
Estatua en Pontevedra.
 
A Martí en Cádiz.

En 1869, con 16 anos, publica unha folla impresa separatista, El Diablo Cojuelo e o primeiro e único número da revista La Patria Libre. No mesmo ano pasa a distribuír un xornal manuscrito titulado El Siboney. O goberno español prendeuno pouco despois e procesouno por posuír papeis considerados revolucionarios. Foi condenado a 6 anos de traballos forzados, mais pasou só 6 meses na prisión até que, en 1871, coa saúde debilitada, a súa familia conseguiu un indulto e obtivo a permuta da pena orixinal pola deportación a España. En España Martí publicou, naquel mesmo ano, o seu primeiro traballo de importancia El Presidio Político en Cuba, onde expón as crueldades e os horrores vividos no período en que estivo no cárcere. Nesta obra xa se atopan o idealismo e o estilo vigoroso que popularizarían a Martí nos círculos intelectuais da época. Máis tarde dedicouse ao estudo de Dereito, obtendo o doutoramento en Leis, Filosofía e Letras da Universidade de Zaragoza en 1874.

Viviu logo en México e Guatemala, regresando a Cuba de onde foi novamente desterrado en 1879.

Durante o seu exilio nos Estados Unidos dedicouse ao xornalismo e fundou o Partido Revolucionario Cubano en 1892. Como escritor foi o precursor do modernismo latinoamericano, representado en numerosas obras entre as que se destacan, Ismaelillo (1882), Versos sencillos (1891) e Versos libres (1892).

O 19 de maio de 1895, no comando dun pequeno continxente de rebeldes cubanos, despois dun encontro inesperado con tropas españolas nas proximidades do vilar de Dos Ríos, José Martí foi abatido, falecendo axiña. O seu corpo, mutilado polos soldados españois, foi exhibido e posteriormente sepultado na cidade de Santiago de Cuba, o 27 de maio do mesmo ano.

PoemaEditar

Cultivo una rosa blanca

Cultivo una rosa blanca,
en julio como en enero,
para el amigo sincero
que me da su mano franca.
Y para el cruel que me arranca
el corazón con que vivo,
cardo ni ortiga cultivo:
cultivo una rosa blanca.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar