Abrir o menú principal

Peróxido de hidróxeno

composto químico
(Redirixido desde "Auga osixenada")

O peróxido de hidróxeno que, en solución acuosa, é coñecido comercialmente como auga osixenada, é un líquido claro de fórmula química H2O2. É un pouco máis viscoso que a auga, ten propiedades oxidantes fortes, é incoloro á temperatura ambiente e ten un característico sabor amargo. Ten propiedades oxidantes fortes, polo que é un axente branqueador moi poderoso. Emprégase como desinfectante, oxidante e como propelinte en foguetes.

Peróxido de hidróxeno
Identificadores
Número CAS 7722-84-1
PubChem 784
ChemSpider 763
UNII BBX060AN9V
Número CE 231-765-0
Número UN 2015 (>60% soln.)
2014 (20–60% soln.)
2984 (8–20% soln.)
KEGG D00008
ChEBI CHEBI:16240
ChEMBL CHEMBL71595
Ligando IUPHAR 2448
Número RTECS MX0900000 (>90% soln.)
MX0887000 (>30% soln.)
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular H2O2
Masa molecular 34,0147 g/mol
Aspecto Cor azul moi clara; incoloro en solución
Densidade 1,11 g/cm3 (20 °C, 30% (w/w) solución )[1]
1.450 g/cm3 (20 °C, puro)
Punto de fusión −43 °C; −45 °F; 230 K
Punto de ebulición 1,502 °C; 2,736 °F; 1,775 K
Solubilidade en auga Miscible
Solubilidade soluble en éter, alcohol
insoluble en éter de petróleo
Presión de vapor 5 mmHg (30 °C)
Acidez (pKa) 11,75
Índice de refracción (nD) 1,4061
Viscosidade 1,245 cP (20 °C)
Momento dipolar 2,26 D
Termoquímica
Entalpía estándar
de formación
ΔfHo298
−187,80 kJ/mol
Capacidade calorífica, C 1,267 J/(g·K) (gas)
2,619 J/(g·K) (líquido)
Perigosidade
Clasificación da UE Hazard O.svgOxidante (O)
Hazard C.svgCorrosivo (C)
Hazard X.svgDaniño (Xn)
Frases R R5, R8, R20/22, R35
Frases S S1/2, S17, S26, S28, S36/37/39, S45
NFPA 704
NFPA 704.svg
0
3
2
Punto de inflamabilidade Non inflamable
LD50 1518 mg/kg
2000 mg/kg (oral, rato)[2]

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O peróxido de hidróxeno gasoso aparece naturalmente en cantidades pequenas no aire. É inestábel e descomponse rapidamente en osíxeno e auga con liberación de calor. Aínda que non sexa inflamábel, é un axente oxidante poderoso que pode causar a combustión espontánea en contacto con materia orgánica ou algúns metais como o cobre ou o bronce.

Atópase en concentracións baixas (3-9%) en moitos produtos domésticos de uso medicinal e como clarexador da roupa e o cabelo. Na industria, o peróxido de hidróxeno emprégase en concentracións máis elevadas para clarexar tecidos e pasta de papel, como combustíbel para axuste e corrección nas traxectorias de naves espaciais. Na medicina utilízase como desinfectante ou axente esterilizante en autoclaves de plasma. Na área química úsase como compoñente da espuma de goma orgánica e outras substancias químicas. Tamén se utiliza para medir a actividade dalgunhas enzimas, como a catalase.

Tamén se lle fai actuar en diversos mecanismos de degradación de aminoácidos (en asociación con amino-oxidases), por causa do seu poder oxidante elevado. Pode actuar tamén na fotosíntese (ciclo do glioxilato) e na síntese de glicosa a partir de fontes que non conteñan carbohidratos (gliconeoxénese).

A auga osixenada utilízase tamén nos branqueamentos dentarios. Colócase na superficie dos dentes e actívase mediante un LED que facilita a penetración no esmalte dentario, actuando sobre os compostos cromóforos (conferen cor), quer da dentina, quer do esmalte, alterándoos ou eliminándoos.

O control do ASSET para probar vehículos non tripulados de reentrada atmosférica subescalados levaba propulsores de reacción de Peróxido de hidróxeno.

NotasEditar

  1. Easton, M. F.; Mitchell, A. G.; Wynne-Jones, W. F. K. (1952). "The behaviour of mixtures of hydrogen peroxide and water. Part 1.?Determination of the densities of mixtures of hydrogen peroxide and water". Transactions of the Faraday Society 48: 796. doi:10.1039/TF9524800796. 
  2. "Hydrogen peroxide". Immediately Dangerous to Life and Health. National Institute for Occupational Safety and Health (NIOSH). 

 
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.