Nacionalismo asturiano

(Redirección desde «Asturianismo»)

O nacionalismo asturiano é un movemento político e social que defende o recoñecemento de Asturias como unha nación, a procura dun maior autogoberno e o dereito á súa integridade e unidade territorial histórica. Ademais, defende a cultura asturiana, especialmente a lingua asturiana. Esta corrente está inserida nun movemento chamado "asturianismo político", no que tamén está incluído o "rexionalismo asturiano".

Asturina. Bandeira nacionalista asturiana.
Bandeira do "panasturianismo".

O xurdimento do asturianismo na Transición política á democracia ten as súas orixes no Conceyu Bable, e co primeiro partido político nacionalista da historia, que foi Conceyu Nacionalista Astur en 1977. En Asturias, malia non ser un fenómeno tan destacado como nos casos de Galicia, Cataluña ou o País Vasco, o nacionalismo déixase notar na política asturiana, aínda que máis a un nivel de movemento social que de elemento cunha clara representación institucional.

Malia este menor arraigamento do nacionalismo, Asturias ten vivido varias etapas de soberanía política como a declaración de soberanía da Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1808, e o Consello Soberano de Asturias e León de 1937.[1]

Historia

editar

O nacionalismo asturiano nace durante a Transición. O Conceyu Nacionalista Astur, fundado en 1976, sería o primeiro partido nacionalista en Asturias. Na década de 1980, con ocasión da promulgación do Estatuto de Autonomía de Asturias, xorden varios partidos nacionalistas de diversas tendencias ideolóxicas como Andecha Astur, Conceyu Independiente d'Asturies, Ensame Nacionalista Astur ou Partíu Asturianista.[2]

Nas eleccións asturianas de 1991, Xuan Xosé Sánchez Vicente, do Partíu Asturianista logrou un escano na Xunta Xeral do Principado de Asturias representado a Coalición Asturiana. Nas eleccións de 1995 o PAS acada un deputado en solitario, repetindo Xuan Xosé Sánchez Vicente. Nas eleccións de 2003, Bloque por Asturies presentouse en coalición con Izquierda Unida, logrando formar parte do goberno xunto á FSA-PSOE.

Oposición ó "covandonguismo"

editar

Unha das características do nacionalismo asturiano é a oposición ó uso que o nacionalismo español fai da figura de Don Paio e a batalla de Covadonga, o chamado "covandonguismo", como Pelayo Rojo indica nun artigo titulado Por un nuevo nacionalismo asturiano.[3]

Diferenciación coa cultura mediterránea e reivindicación da cultura atlántica

editar

Asturias, como unha zona de influencias culturais celtas, presenta para os nacionalistas asturianos diferenzas significativas con outras zonas de España máis influídas por unha cultura mediterránea.[4] No primeiro nacionalismo asturiano hai un forte celtismo o cal aínda forma parte do movemento.

A cuestión do asturleonés

editar

O asturiano (tamén chamado bable), carece de oficialidade na comunidade autónoma asturiana, aínda que o Estatuto de Autonomía lle recoñece unha especial protección. Tódolos anos adóitanse facer concentracións e concertos en favor da oficialidade do asturiano.

Durante o franquismo, ó contrario que noutras comunidades como Cataluña ou o País Vasco, onde o idioma catalán e o éuscaro foron reprimidos, o que provocou un ascenso do sentimento nacional, en Asturias a lingua local foi ridiculizada, o que tivo como consecuencia que a poboación tendese a esquecela e deixar de empregala, ó considerarse socialmente "pouco culto" a quen falase en asturiano. Hoxe estímase que o falan 550.000 persoas en Asturias, onde 100.000 o teñen como primeira lingua e 450.000 como segunda.

Loita violenta

editar

No mes de marzo de 1980, a Policía detivo sete persoas pola súa relación co atraco á sede central do Banco Herrero en Oviedo e a organización ETA (p-m). Sete mozos e mozas que militaban no primeiro partído do movemento nacionalista asturiano, o CNA.[5]

Ao longo da década dos anos 80, existiu ademais un grupo armado que baixo o nome de Andecha Obrera, fixo estoupar artefactos en obxectivos típicos das loitas obreiras, como oficinas do INEM.[6]

Partidos nacionalistas

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar