Coalición Asturiana

Coalición Asturiana foi unha coalición electoral entre os partidos políticos de Asturias Unidá Nacionalista Asturiana (UNA) e o Partíu Asturianista (PAS) para participar nas eleccións autonómicas de Asturias de maio de 1991. Nas eleccións xerais de 1989 UNA obtivo 3.218 votos e PAS 5.414. O cabeza de lista foi Xuan Xosé Sánchez Vicente, presidente do PAS, que foi elixido deputado autonómico con 14.500 votos. O número dous era José Suárez "Felechosa", da UNA. Pouco despois dunha frustrada negociación de fusión entre ambas organizacións (un ano despois do comezo da lexislatura) rompeuse a Coalición Asturiana cun cruzamento dialéctico entre os líderes de ambas, José Suárez "Felechosa" da UNA e Xuan Xosé Sánchez Vicente do PAS, disolvéndose a UNA pouco despois. Membros de UNA como Felechosa (que despois estaría na Liga Asturiana, e logo de concelleiro en Oviedo polo PP), Pepe Fernández Alonso (actualmente Secretario de Organización do Partíu Asturianista) e Juan Carlos Fernández Castañón (actualmente na nova Unidá Nacionalista Asturiana) por razón das negociacións chegarían a rexistrar no Rexistro de Partidos o Partido de Coalición Asturiana.[1]

Coalición Asturiana
IdeoloxíaNacionalismo asturiano
Data de fundación1991
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Nas seguintes eleccións o PAS presentouse en solitario en 1995 e Sánchez Vicente conservou o escano.

Notas editar

  1. "Partido de Coalición Asturiana, no Rexistro de Partidos 16/06/1992". Arquivado dende o orixinal o 29/10/2017. Consultado o 16/03/2016.