Arquidiocese católica latina de Esmirna

A arquidiocese de Esmirna (en latín: Archidioecesis Smyrnensis) é unha sé metropolitana católica latina en Turquía. En 2006 tiña xurisdición sobre arredor 1.950 bautizados. O seu arcebispo actual é o franciscano Martin Kmetec.

Arquidiocese de Esmirna
Archidioecesis Smyrnensis
Datos xerais
Erixida18 de marzo de 1818
LocalizaciónAnatolia suroccidental, Turquía
Información
Igrexa particularIgrexa latina
RitosRito romano
Xerarquía
PapaFrancisco
ArcebispoMartin Kmetec
Outros datos

Historia editar

O cristianismo foi predicado aos habitantes de Esmirna moi cedo, e xa no ano 93 existía unha comunidade cristiá guiada por un bispo para quen o apóstolo Xoán tiña palabras de eloxio.[1] Consérvanse dúas cartas escritas no século II por san Ignacio de Antioquía aos cristiáns de Esmirna e ao seu bispo Policarpo.

A antiga sé (non latina), inicialmente sufragánea da arquidiocese de Éfeso, arredor do século IX foi elevada ao rango de sé metropolitana, con cinco dioceses sufragáneas: Focea, Magnesia ad Sypilum, Clazomenae, Arcangelo e Petra.

Na época das Cruzadas, en 1318 foi elixido bispo de Esmirna Guillaume Adam, dominico francés que volvía dunha misión en Persia.

A sé latina de Esmirna foi erixida canonicamente polo papa Clemente VI en 1346, e tivo unha serie ininterrompida de arcebispos titulares até o século XVII. Isto foi o principio da vigairía apostólica de Asia Menor ou de Esmirna.

En 1625 os católicos de Esmirna non superaban os 65 fieis, e a antiga catedral, dedicada a San Policarpo, fora transformada en mesquita polos Turcos. Unha nova catedral, dedicada á Virxe, foi construída polos venecianos.

A arquidiocese, dende 1659 vigairía apostólica, foi restabelecida polo papa Pío VII o 18 de marzo de 1818 coa bula Apostolatus officium. A sé non ten ninguna sufragánea.

O 20 de agosto de 1931 cedeu a illa de Lesbos á diocese de Quíos.

Territorio editar

A arquidiocese abrangue as seguintes provincias de Turquía: Esmirna, Manisa, Kütahya, Uşak, Aydın, Denizli, Muğla, Afyonkarahisar, Isparta, Burdur, Adalia e Konya. O territorio está dividido en 10 parroquias.

A sé arcebispal é a cidade de Esmirna, onde se atopa a catedral de San Xoán. No territorio da arquidiocese está a antiga cidade de Éfeso, e nela a Casa da Virxe María, a poucos quilómetros da cidade de Selçuk. Outro lugar de peregrinación son o bosque de san Xoán, unha igrexa que leva o seu nome, e a prisión onde foi confinado san Paulo.

Episcopoloxio editar

Vigairos apostólicos de Asia Menor e Arcebispos de Esmirna editar

Os vigairos apostólicos de Asia Menor, co título de "arcebispos de Esmirna" (sé titular) foron os seguintes:[2]

Arcebispos de Esmirna editar

Dende o restabelecemento da arquidiocese, os arcebispos teñen sido os seguintes:[3]

Notas editar

  1. Ap 1, 11 e Ap 2, 8-11.
  2. Pontificium Institutum Orientalium Studiorum (1935). Orientalia christiana periodica 1. p. 466. 
  3. Datos do Annuario Pontificio, en Catholic-Hierarchy.org (en inglés)