Lorenzo Piretto

sacerdote católico italiano

Lorenzo Piretto, nado en Mazzè (provincia de Turín, Italia) o 15 de decembro de 1942, é un arcebispo católico italiano e relixioso dominicano.

Lorenzo Piretto
Mons. Piretto.png
Arcebispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento15 de decembro de 1942 en Mazzè
Ordes
Ordenación sacerdotal4 de agosto de 1966
Consagración episcopal20 de decembro de 2015, por Boghos Lévon Zékiyan
Arcebispo de Esmirna
7 de novembro de 2015 - actualidade
PredecesorRuggero Franceschini
Sucesoractualidade
Outros
Coat of arms of Lorenzo Piretto.svg
Escudo de Lorenzo Piretto
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Entrou moi novo na Orde dos Predicadores, e foi ordenado sacerdote desta orde o 4 de agosto de 1966.

Obtivo a licenza en teoloxía na Universidade de Boloña en 1967 e o doutoramento en teoloxía na Universidade de Turín en 1972. Dende 1967 ata 1974 foi profesor de filosofía no seminario dominicano de Chieri e dende 1983 ata 2005 foi profesor de lingua italiana na Universidade de Marmara preto de Istambul.

É xornalista na revista Présence, e dende 2014, párroco na igrexa dos santos Pedro e Paulo en Istambul.

O 7 de novembro de 2015 [1] foi nomeado arcebispo de Esmirna, e consagrado o 20 de decembro polo arquieparca católico armenio de Istambul Boghos Lévon Zékiyan.[2]

NotasEditar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Ruggero Franceschini
 Arcebispo de Esmirna 
2015 - actualidade
Sucesor:
actualidade