Ignacio de Antioquía

Ignacio de Antioquía foi un bispo do século I, considerado santo e mártir, Patriarca de Antioquía e Padre Apostólico, patrón da Igrexa do Mediterráneo oriental e do norte de África; as súas reliquias atópanse na Basílica de San Clemente, en Roma.

Modelo:BiografíaPadres da Igrexa Editar o valor en Wikidata
Ignacio de Antioquía
Nome orixinal(el) Ιγνάτιος ο Θεοφόρος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 35 Editar o valor en Wikidata
Siria, Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Morte108 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro Editar o valor en Wikidata
Bispo
69 – 107
← Evodio de AntioquíaHerodião de Antioquia (pt) Traducir →
Patriarca de Antioquía
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomessvatý Ignác Bohonosec
svatý Theophoros Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo, presbítero Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
ProfesoresXoán o Evanxelista Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa20 de decembro
17 de febreiro Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDe viris illustribus
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX985996 Find a Grave: 8261858 Editar o valor en Wikidata
Icona de Ignacio sendo martirizado por leóns.

Naceu au redor do ano 35 d.C. supostamente en Antioquía, e finou entre o 98 e o 107 d.C.[1] en Roma.

Ignacio foi bispo de Antioquía de Siria (hoxe en Turquía) entre 68 e 100[2] ou 107[3], discípulo do apóstolo Xoán, tamén coñeceu a San Paulo e foi sucesor de San Pedro na igrexa en Antioquía fundada polo propio apóstolo. Segundo Eusebio de Cesarea,[4] Ignacio foi o terceiro bispo de Antioquía de Siria e segundo Oríxenes sería o segundo bispo[5] da cidade. Santo Ignacio foi detido polas autoridades e levado a Roma, onde foi condenado a morte no Coliseo, e foi martirizado por leóns.

Veneración

editar

Venerado polo cristianismo occidental e siríaco o día 17 de outubro, no Rito Romano (forma extraordinaria) o 1° de febreiro, pola Igrexa Ortodoxa Oriental e maila Igrexa Ortodoxa Copta de Alexandría o 20 de decembro (2 de xaneiro no Calendario xuliano). Venérase tamén pola Comuñón Anglicana e a Igrexa luterana.

Antioquía, á marxe do río Orontes, a capital da provincia romana de Siria, terceira cidade do Imperio despois de Roma e Alexandría ocupa un importante lugar na historia do Cristianismo. Foi aquí onde Paulo de Tarso pregou o seu primeiro sermón cristián (nunha sinagoga), e foi aquí onde os seguidores de Xesús foron chamados por vez primeira de cristiáns.[6]

Foi preso por orde do emperador Traxano (98 - 117 d.C) e condenado a ser lanzado aos leóns no Coliseo en Roma. As autoridades romanas esperaban facer del un exemplo e, así, desencoraxar o cristianismo, porén a súa viaxe a Roma ofreceulle a oportunidade de coñecer e ensinar os conceptos cristiáns, e no seu percurso, Ignacio escribiu seis cartas para as igrexas da rexión e unha para un colega bispo, Policarpo. Ao falar sobre a súa execución, Ignacio dixo a famosa expresión: "Trigo de Cristo, moído nos dentes das feras". E na inminencia do martirio prometeu aos cristiáns que mesmo despois da morte continuaría a orar por eles xunto a Deus:

O meu espírito sacrifícase por vós, non soamente agora, mais tamén cando eu chegase a Deus. Eu aínda estou exposto ao perigo, mais o Pai é fiel, en Xesús Cristo, para atender a miña oración e á vosa. Que sexades atopados nel sen reprobación
Ignacio[7]

Santo Ignacio escribiu sete cartas, as chamadas Epístolas de Ignacio, preservadas no Codex Hierosolymitanus:

  • Epístola a Policarpo de Esmirna
  • Epístola aos Efesios
  • Epístola aos Esmirniotas
  • Epístola aos Filadelfos
  • Epístola aos Magnesios
  • Epístola aos Romanos
  • Epístola aos Tralios

Epístolas de Pseudo-Ignacio

editar

Epístolas que foron atribuídas a Ignacio, mais de orixe espuria, inclúen:

  • Epístola aos Tarsos
  • Epístola aos Antioquios
  • Epístola a Hero, un diácono de Antioquía
  • Epístola aos Filipenses
  • Epístola de María, a proselita, para Ignacio
  • Epístola para María de Neápolis (en Zarbo)
  • Primeira Epístola para San Xoán
  • Segunda Epístola para San Xoán
  • A Epístola de Ignacio para a Virxe María

Unidade da Igrexa

editar

Santo Ignacio enfatiza nas súas cartas para que se preserve a unidade da Igrexa de Cristo:

"Convén estardes sempre de acordo co xeito de pensar do voso Bispo. Por outra banda, xa o estades, pois o voso presbiterio, famoso xustamente por isto e digno de Deus, sintoniza co Bispo da mesma forma que as cordas dunha arpa. Cos vosos sentimentos unánimes, e na harmonía da caridade, constituídes un canto a Xesucristo. Mais tamén cada un debe formar xuntamente cos outros, un coro. A concordia fará que sexades unísonos. A unidade vos fará tomar o don de Deus, e poderedes cantar a unha soa voz ao Pai por Xesucristo. Tamén el, entón, escoitaravos e recoñecerá polas obras que sodes membros do seu Fillo. Importante, por conseguinte, vivirmos nunha irrepreensíbel unidade. Así poderemos participar constantemente da unión con Deus".[8]

Pois así, unidos nunha mesma Fe tanto será máis forte a oración. A caridade esta directamente ligada a unidade da Igrexa, por iso Ignacio chama orgulloso aquel que non garda a unidade da Igrexa xunto co Bispo:

"Se a oración de dúas persoas xuntas ten tal forza, canto mais a do bispo e de toda a Igrexa! Aquel que non participa da reunión é orgulloso e xa está por si mesmo xulgado, pois está escrito: "Deus resiste aos orgullosos." Teñamos coidado, polo tanto, para non resistirmos ao Bispo, a fin de estarmos sometidos a Deus.".[9]

Primacía da Sé de Roma

editar

Os discípulos de Xesús eran chamados nazarenos vistos como unha seita dentro do xudaísmo, posteriormente como vimos antes os discípulos de Xesús entón son coñecidos como cristiáns, como rexistrado nos Actos dos Apóstolos. Iso é un feito moi significativo, pois os discípulos de Xesucristo non son reducidos a seren só máis ca unha seita do xudaísmo, mais son os discípulos do Mesías prometido a humanidade, e, por tanto, a obra da salvación atinxe a súa plenitude en Cristo tornándose universal, de aí dos cristiáns seren chamados de católicos, pois pertencen á Igrexa católica (Universal):

"Onde está Cristo Xesús, está a Igrexa Católica.".[10]

"Seguide ao Bispo, vós todos, como Xesucristo ao Pai. Seguide ao presbítero como aos Apóstolos. Respectade os diáconos como ao precepto de Deus. Ninguén ouse facer sen o Bispo cousa algunha respecto da Igrexa. Como válida só se teña a Eucaristía celebrada so a presidencia do bispo ou dun delegado seu. A comunidade reúnese onde estea o Bispo e onde está Xesucristo está a Igrexa católica. Sen a unión do Bispo non é lícito Bautizar nin celebrar a Eucaristía; só o que tivese a súa aprobación será do agrado de Deus e así será firme e seguro o que fixerdes".[11]

Ignacio tamén afirma nas súas cartas o primado da Sé de Roma: "Roma preside a Igrexa na caridade." (Carta aos Romanos Prólogo).

Xesucristo

editar

Ignacio revélase coñecedor das procesións divinas en Deus, ao recoñecer no Cristo a procesión intelectiva de Deus: "De feito, Xesucristo, a nosa vida inseparábel, é o pensamento do Pai",[12] o que sería máis tarde explicado á luz da filosofía por San Tomé de Aquino.[13]

É interesante constatar como as comunidades cristás no século I tiña un coñecemento profundo da natureza de Deus, Xesucristo é: "xerado e non creado, Deus feito carne".[14] Xerado e non creado (inxénito).

Con este testemuño, Ignacio trouxo para a construción do Dogma, pedras sólidas que axudaron ao Primeiro Concilio de Nicea (325 d.C.) a fixar no Credo o genitum non factum, isto é, xerado e non creado. Aínda que Ignacio aínda non tivese esta precisión, Santo Atanasio de Alexandría, que colaborou na elaboración do vocábulo, recoñeceu a perfecta ortodoxia no texto desta carta.

Ignacio recoñecía a autoridade da Igrexa de Roma sobre as demais igrexas. Para el, Pedro e Paulo terían pregado naquela cidade.

Santísima Trindade

editar

"Procurade mantervos firmes nas ensinanzas do Señor e dos apóstolos, para que prospere todo o que fagades na carne e no espírito, na fe e no amor, no Fillo, no Pai e no Espírito, no principio e no fin, unidos ao voso dignísimo bispo e á preciosa coroa espiritual formada polos vosos presbíteros e diáconos segundo Deus. Sexan submisos ao bispo e tamén uns aos outros, así como Xesucristo se someteu, na carne, ao Pai, e os apóstolos sometéronse a Cristo, ao Pai e ao Espírito, a fin de que haxa unión, tanto física como espiritual".[15]

María no cristianismo

editar

Ignacio alén de afirmar a Divindade de Cristo tamén afirma a virxindade de María e a súa descendencia do Rei David:

"E permaneceron ocultos ao príncipe dese mundo a Virxindade de María e o seu parto, ben como a morte do Señor: tres misterios de clamor, realizados no silencio de Deus"[16].

"A verdade é que o noso Deus, Xesús, o Unxido, foi concibido de María segundo a economía divina; naceu da estirpe de David, mais tamén do Espírito Santo".[16]

O culto dos cristiáns

editar

Os cristiáns vense confrontados cunha corrente de pensamento chamada docetismo, que vai negar que "o Verbo fíxose carne",[17] ou sexa, van negar que Xesucristo teña asumido a natureza humana. Unha das consecuencias de tal doutrina é que van considerar imposíbel de que no culto que Cristo instituíu na Santa Cea, e pediu, ordenou que fixese na Súa memoria o Pan sexa o Corpo de Cristo e o Viño sexa o Sangue de Cristo:

"Fican lonxe da Eucaristía e da oración, porque non queren recoñecer que a Eucaristía é a Carne do noso Salvador, Xesucristo, a cal padeceu polos nosos pecados e a cal o Pai, na Súa bondade, resucitou. Estes, que negan o don de Deus, encontran a morte na mesma contestación deles. Sería mellor para eles que practicasen a caridade, para despois resucitar."[18]

E o mesmo Ignacio, na epístola aos Filadelfos, di:[19]

"Aseguren, polo tanto, que se observe unha Eucaristía común; pois hai apenas un Corpo de Noso Señor, e apenas un cáliz de unión co Seu Sangue, e apenas un altar de sacrificio - así como hai un bispo, un clérigo, e meus caros servidores, os diáconos. Isto asegurará que todo o seu proceder está de acordo coa vontade de Deus."

Así esa corrente de pensamento motivou testemuños preciosos das comunidades cristiás respecto da súa Fe na presenza real (Corpo, Sangue, Alma e Divindade) de Cristo na Eucaristía.

O día no que os cristiáns se reunían

editar

Ignacio tamén declara que os cristiáns herdeiros da Nova Alianza non gardan máis o sábado, mais se reúnen no día do Señor (o domingo):

"Aqueles que vivían na antiga orde de cousas chegaron á nova esperanza, e non observan máis o sábado, mais o día do Señor, no que a nosa vida se levantou por medio del e da súa morte. Algúns negan iso, mais é por medio dese misterio que recibimos a fe e no cal perseveramos para ser discípulos de Xesucristo, o noso único Mestre".[20]

  1. See "Ignatius" in The Westminster Dictionary of Church History, ed. Jerald Brauer (Philadelphia:Westminster, 1971) e tamén David Hugh Farmer, "Ignatius of Antioch" in The Oxford Dictionary of the Saints (New York: Oxford University Press, 1987).
  2. "Primates of the Apostolic See of Antioch" (en inglés). St. John of Damascus Faculty of Theology, University of Balamand. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2011. Consultado o 27 de agosto de 2013. 
  3. "Patriarchs of Antioch: Chronological List" (en inglês). Syriac Orthodox Resources. Arquivado dende o orixinal o 04/01/2012. Consultado o 24/12/2011. 
  4. Eusebio de Cesarea. "Ignatius and His Epistles.". História Eclesiástica (en inglés) III. 
  5. Hom. VI, en Luc. par. 1
  6. Feitos 11:26: "Foi en Antioquía onde por primeira vez ós discípulos lles chamaron "cristiáns"
  7. Epístola aos Trálios (13:3) (en inglés). Christian Classics Ethereal Library. Arquivado dende o orixinal o 13/08/2006. Consultado o 29/01/2011. 
  8. Ignacio de Antioquía. Carta aos Efesios, 4
  9. Ignacio de Antioquía. Carta aos Efesios, 5
  10. Ignacio de Antioquía. "Epístola aos Esmirniotas (8:2)". New Advent. Consultado o 29/01/2011. 
  11. Ignacio de Antioquía. "Epístola aos Esmirniotas". New Advent. Consultado o 29/01/2011. 
  12. Ignacio de Antioquía. Epístola aos Efesios, 3,2
  13. San Tomé de Aquino. Suma Teolóxica
  14. Ignacio de Antioquía. Epístola aos Efesios, 7,2
  15. Ignacio de Antioquía. Carta aos Magnesios 13, 1-2, ano 107.
  16. 16,0 16,1 Ignacio de Antioquía. Carta aos Efesios, px. 644 ss
  17. Xoán 1:14
  18. Ignacio de Antioquía. "Epístola aos Esmirniotas (6-7)". New Advent. Consultado o 29/01/2011.  citado en Brillant, Maurice (1949). Dedebec, ed. Eucaristía (en español). Bos Aires: Desclée de Brouwer. p. 40. 
  19. Ignacio de Antioquía. Carta aos Filadelfos IV
  20. Magnesios 9,1

Véxase tamén

editar