Arquidiocese católica latina de Braga

arquidiocese católica con sé en Braga
(Redirección desde «Arcebispos de Braga»)

A arquidiocese de Braga é unha arquidiocese con sé eclesiástica na catedral de Braga.

Catedral de Braga.
Arquidiciocese de Braga en cor vermella.
José Cordeiro, arcebispo desde 2021.

Historia editar

Data do século III, sendo coñecido do primeiro período da súa historia só o Bispo Paterno cuxo nome figura nas actas do Concilio de Toledo de 400. Non obstante, a tradición fai de San Pedro de Rates o primeiro bispo da cidade, cerca do ano 45 da nosa era.

Xa neste primeiro período tiña dignidade metropolítica, con xurisdición sobre todo o noroeste da Península (Galécia), e dela dependían os bispados de Conímbriga, Viseu, Dume, Lamego, Porto e Egitânia. Do período suévico-visigótico coñécense os nomes de 12 Prelados bracarenses. Canda a invasión musulmá, Braga ficou no dominio dos infieis: e os seus bispos pasaron a residir en Lugo.

Tras a reconquista cristiá, foi definitivamente restaurada a Arquidiocese (1070) polo rei García de Galiza, tomando o seu arcebispo o título de metropolita de Braga. Despois de contendas coa sé de Compostela, o papa Pascual II dá en 1103 a Braga como sufragáneas as dioceses de Porto, Coímbra, Lamego e Viseu (en Portugal), e cinco máis no territorio actual de España.

Célebre ficou tamén a contenda con Toledo sobre a primacía. Aínda hoxe o arcebispo de Braga usa o título de Primaz das Espanhas. Nos fins do século XIV, as dioceses dos reinos de León e Galiza deixaron de prestar obediencia a Braga. A área da arquidiocese foi posteriormente reducida coa creación das dioceses de Miranda (1545), Braganza (1770), Vila Real (1922) e Viana do Castelo (1977) e aínda pola anexión á de Braganza-Miranda do Arcediagado de Moncorvo (1881). De igual forma, a elevación de Lisboa a arquidiocese en 1394 subtraeu do seu control as antigas sufragáneas do sur do país.

Entre as particularidades máis notábeis desta sé, considerada das máis antigas da Península Ibérica, está a de posuír un rito litúrxico propio (bracarense), semellante ao romano; cando da reforma litúrxica tridentina, Braga puido manter os seus libros, por teren máis de 200 anos e polo coidado que tivo niso o Arcebispo D. Frei Bartolomeu dos Mártires. Despois dalgunhas terxiversacións resultantes da tentativa de introducir o rito romano, o bracarense foi restaurado polo Sínodo de 1918: os novos breviario e misal, aprobados por bulas de 1919 e 1924 respectivamente, tornáranse obrigatorios en toda a arquidiocese en 1924.

O rito bracarense permanece válido, mesmo despois da reforma litúrxica do Concilio Vaticano II, mais o seu uso tornou facultativo, desde esta reforma, o 18 de novembro de 1971.

Actualmente, a arquidiocese cínguese ao distrito de Braga e ás trinta parroquias do Porto situadas ao norte do río Ave, nos concellos de Santo Tirso, Póvoa de Varzim e Vila do Conde. Abrangue 551 parroquias, agrupadas en 14 arciprestados, nunha área de 2.832 km², con cerca de 1 000 000 de habitantes. Os arciprestados, á súa vez, forman tres zonas pastorais. Esta organización conflúe para o vértice da pastoral na arquidiocese, con tres órganos consultivos (Consello Presbítero, Consello Pastoral e Colexio Arciprestal) e un executivo (o Consello Episcopal).

Lista de Bispos de Braga editar

A seguir, preséntase unha listaxe co nome dos bispos da arquidiocese de Braga. Os bispados considerados lendarios van sinalados cun asterisco:

  1. San Pedro de Rates (45-60) *
  2. Basilio (60-95) *
  3. Santo Ovídio (95-130) *
  4. Policarpo (130-200) *
  5. Serfriano (200-230) *
  6. Fabián (230-245) *
  7. Félix (245-263) *
  8. Secundo (263-268) *
  9. Caledonio (268-270) *
  10. Narciso (270-275) *
  11. Paterno I (275-290) *
  12. Grato (290-299) *
  13. Salomón (299-300) *
  14. Sinagrio (300-326) *
  15. Lenoncio (326-328) *
  16. Apolonio (328-366) *
  17. Idacio I (366-381) *
  18. Lampadio (381-400) *
  19. Paterno II (400-405), primeiro bispo historicamente referenciábel
  20. Profuturo I (405-410) *
  21. Pancraciano (410-417) *
  22. Balconio (417-456)
  23. Valerio (456-494) *
  24. Idacio II (494-518) *
  25. Apolinario (518-524) *
  26. Castino (524-525)*
  27. Valério (525-527) *
  28. Ausberto (527-537) *
  29. Xulián I (537-538) *
  30. Profuturo II (538-550)
  31. Eleuterio (550-561) *
  32. Lucrecio (561-562)
  33. Martiño de Dumio, Apóstolo dos Suevos (562-579)
  34. Pantardo (580-589)
  35. Benigno (589-612) *
  36. Tolobeu (612-633) *
  37. Xulián II (633-653)
  38. Potamio (653-656)
  39. Froitoso de Braga (656-660)
  40. Manucino (660-661) *
  41. Pancracio (661-675) *
  42. Leodegísio Julião ou Leodecísio Julião (675-678)
  43. Liúva (678-681)
  44. Quirico (681-687) *
  45. Faustino (688-693)
  46. San Félix Torcato (693-734), último bispo residente en Braga até a elevación arquiepiscopal en 1070, debido á invasión musulmá da Península Ibérica; os seus sucesores estabelecéronse en Lugo
  47. San Vítor de Braga (734-736)
  48. Eronio (736-737) *
  49. Hermenexildo (737-738) *
  50. Tiago (738-740) *
  51. Odoario (740-780)
  52. Ascárico (780-811) *
  53. Arximundo (821-832) *
  54. Nostiano (832) *
  55. Ataúlfo (832-840)
  56. Ferdizendo (840-842) *
  57. Dulcidio (842-850) *
  58. Gladila (850-867)
  59. Gomado (867-875) *
  60. Flaviano Recaredo (875-881)
  61. Flaiano (881-889) *
  62. Arximiro (889-910) *
  63. Teodomiro (910-924) *
  64. Hero (924-930)
  65. Silvatano (930-942) *
  66. Gundisalvo ou Gonzalo (942-950)
  67. Hermenexildo (951-985)
  68. Pelagio ou Paio (986-1003)
  69. Diogo ou Tiago (1003-1004)
  70. Flaviano (1004-1017)
  71. Pedro (1017-1058)
  72. Maurelo (1058-1060)
  73. Sigefredo (1060)
  74. Vistrario (1060-1070)

Lista de arcebispos de Braga editar

  1. Pedro (I) de Braga (1071 - 1091)
  2. Xiraldo de Moissac (1096 - 1108)
  3. Mauricio Burdino (1109 - 1118)
  4. Paio Mendes (1118 - 1137)
  5. Xoán(I) Peculiar (11391175)
  6. Godiño (1176 - 1188)
  7. Martiño (I) Pires (1189 - 1209)
  8. Pedro (II) Mendes (1209 - 1212), electo
  9. Estevo Soares da Silva (1213 - 1228)
  10. Sancho (I) (1229)
  11. Silvestre Godiño (1229 - 1240)
  12. Gualterio (1240 - 1245)
  13. Xoán (II) Egas (1245 - 1251)
  14. Sancho (II) (1251 - 1265)
  15. Martiño (II) Geraldes (1265 - 1271)
  16. Pedro (III) Xulián (12721274), electo
  17. Sancho (III) (1275)
  18. Cardeal Ordoño Alvares (12751278)
  19. Frei Telo (1279 - 1292)
  20. Martiño (III) Pires de Oliveira (1295 - 1313)
  21. Xoán(III) Martins de Soalhães (1313 - 1325), antes bispo de Lisboa
  22. Gonzalo Pereira (1326 - 1348), antes bispo de Évora e bispo de Lisboa
  23. Guillerme de la Garde (1349 - 1361)
  24. Xoán(IV) de Cardaillac (1361 - 1371)
  25. Vasco (1371 - 1372), antes bispo de Lisboa
  26. Martinho (IV) de Zamora (1372), electo, non confirmado polo Papa; tamén bispo de Silves e bispo de Lisboa
  27. Lourenço Vicente (1374 - 1397)
  28. Xoán(V) García Manrique (1397 - 1398)
  29. Martinho (V) Afonso de Miranda ou Martinho Afonso da Charneca (1398 - 1416), antes bispo de Coímbra
  30. Fernando da Guerra (1417 - 1467), antes bispo do Algarve e do Porto
  31. Luís (I) Pires (1468 - 1480)
  32. João (VI) de Melo (1481)
  33. João (VII) Galvão (1482 - 1485), electo, tamén bispo de Coímbra-conde de Arganil
  34. Jorge (II) Vaz da Costa (1486 - 1501)
  35. Cardeal Jorge (III) da Costa (1501 - 1505), dito Cardeal da Alpedrinha, administrador da diocese a partir de Roma
  36. Diogo (I) de Sousa, bispo do Porto e arcebispo de Braga (1505 - 1532)
  37. Cardeal Infante D. Henrique de Portugal (15331540)
  38. Frei Diogo (II) da Silva, O.F.M. (1540 - 1541)
  39. Duarte de Portugal, arcebispo de Braga (1542 - 1543)
  40. Manuel (I) de Sousa (1545 - 1549)
  41. Frei Baltasar Limpo (1550 - 1558)
  42. D. Frei Bartolomeu Fernandes dos Mártires, O.P. (15591581)
  43. João (VIII) Afonso de Menezes (1581 - 1587)
  44. Frei Agostinho de Jesus (1588 - 1609), nado Pedro de Castro
  45. D. Frei Aleixo de Menezes (16121617)
  46. Afonso Furtado de Mendonça (1618 - 1626), tamén bispo da Guarda, bispo de Coímbra-conde de Arganil, arcebispo de Lisboa e vice-rei de Portugal
  47. Rodrigo (I) da Cunha (16271635), tamén arcebispo de Lisboa
  48. Sebastião de Matos de Noronha (16351641), tamén bispo de Elvas; sospeitoso de conxura contra D. João IV
  49. Pedro (IV) de Lencastre (1654-1670), antes bispo da Guarda e arcebispo de Évora e despois 5.º Duque de Aveiro, non confirmado polo Papa;
  50. Veríssimo de Lencastre (16701677)
  51. Luís (II) de Sousa (16771690)
  52. José (I) de Menezes (16901696)
  53. João (IX) de Sousa (16961703), despois arcebispo de Lisboa
  54. Rodrigo (II) de Moura Teles (17041728)
  55. Cardeal João da Mota e Silva (1732), electo, non obtivo confirmación pontificia
  56. José de Braganza (17411756)
  57. Gaspar de Braganza (17581789)
  58. Frei Caetano Brandão, T.O.R. (17901805)
  59. José (III) da Costa Torres (1807 - 1813)
  60. Frei Miguel da Madre de Deus da Cruz, O.F.M. (18151827)
  61. Pedro (V) Paulo de Figueiredo da Cunha e Melo (18431855)
  62. José (IV) Joaquim de Azevedo e Moura (18561876)
  63. Frei João (X) Crisóstomo de Amorim Pessoa, O.F.M. (18761883)
  64. António (I) José de Freitas Honorato (18831898)
  65. Manuel (II) Baptista da Costa (18991913)
  66. Manuel (III) Vieira de Matos (19151932)
  67. António (II) Bento Martins Júnior (19331963)
  68. Francisco Maria da Silva (19631977)
  69. Eurico Dias Nogueira (19771999)
  70. Jorge (IV) Ferreira da Costa Ortiga (1999 - 2021)
  71. José Manuel Garcia Cordeiro (2021 - )

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar