Arcediago

posición eclesiástica
Arcediago de Ilya Repin (1877).

O arcediago[1] ou arquidiácono[2] (do grego ἀρχι: o primeiro e διάκονος: servidor, ministro) era o membro principal dun cabido catedralicio, encargado de dirixir o cabido e que seguía na importancia do seu cargo ao bispo.[3]

Ocupábanse principalmente de obras de caridade que exercían de parte do bispo, de administrar as dioceses e finalmente de dirixir algunhas zonas (especialmente rurais) chamadas arquidiaconados ou arcediagados. Estas zonas foron substituídas polo Concilio de Trento e a figura do arcediago foi decaendo desde entón até desaparecer por completo.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arcediago.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arquidiácono.
  3. Definición en Dicionario de galego. Vigo, Ir Indo, 2004; e Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar