Enciclopedia Espasa

enciclopedia española

Enciclopedia Espasa ou Enciclopedia Espasa-Calpe (cuxo nome orixinal era Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana) é o título dunha enciclopedia española en lingua castelá de cento quince volumes (en 2008), publicada por primeira vez en 1908 pola editorial Espasa-Calpe.

Enciclopedia Espasa
A Enciclopedia Espasa é considerada a maior enciclopedia impresa do mundo, con máis dun millón de artigos.
Título orixinalEnciclopedia universal ilustrada europeo-americana
Autor/aAA.VV.
Linguacastelán
Xénero(s)enciclopedia
EditorialEspasa-Calpe
Data de pub.1908
editar datos en Wikidata ]

A Espasa conta con máis dun millón de artigos, sendo considerada a maior enciclopedia impresa do mundo.

Versións e controversia de copyright editar

Até hai pouco críase que os volumes da Espasa foran reimpresos ao longo dos anos sen alteracións no seu contido, xa que calquera actualización tería forma de anexos e suplementos publicados para completar o contido dos volumes orixinais.[1] Porén, isto é refutado polo descubrimento de que as biografías de Flora Osete e José Pérez Hervás, incluídos orixinalmente nos volumes 40 (1919) e 43 (1921), respectivamente, foron eliminados e substituídos por outros contidos nas páxinas impresas despois da Guerra civil española. [2][3]

Pérez Hervás traballou como director artístico da enciclopedia de 1919 a 1933, e en 1935 publicou un libro titulado Espakalpe (La Gran Ladronera) no que acusaba aos responsables da editorial de precarizar aos traballadores e de ter reutilizado gran cantidade de contido doutras publicacións sen ter abonado os correspondentes dereitos de autor e reprodución.[1][3] O conflito levou non só ao borrado do artigo biográfico de Pérez Hervás, pero tamén ao de Flora Osete, “polo pecado de ser a súa muller e compañeira de aventuras lexicográficas”.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Castellano, Philippe (2000). Enciclopedia Espasa: historia de una aventura editorial (en castelán). Espasa. ISBN 978-84-239-9325-3. 
  2. Silva-Villar, Luis; Silva Villar, Susana (2015). "Pérez Hervás: borrado del mapa, y del Espasa". Estudios de lingüística del español (Barcelona: Universidade Autónoma de Barcelona) 36: 485–495. ISSN 1139-8736. 
  3. 3,0 3,1 Silva Villar, Susana Ángela (2016-01-18). "José Pérez Hervás: escritor, traductor y lexicógrafo". 
  4. Silva-Villar, Luis; Silva Villar, Susana (2018). "El Gran diccionario de la lengua castellana como cápsula del tiempo" (PDF). Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral. Universidade de Vigo; uvigo.gal (en castelán) (Colorado Mesa University / Instituto Cervantes de Casablanca). pp. 822–829. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.