Póvoa de Varzim
Coordenadas: 41°25′01″N 08°45′58″O / 41.41694, -8.76611
Póvoa de Varzim é unha cidade portuguesa do distrito do Porto, Rexión Norte e subrexión do Grande Porto.
Póvoa de Varzim | |||
---|---|---|---|
| |||
![]() | |||
No sentido das agullas do reloxo: Nova Póvoa, Rúa Santos Minho, Touro, Parque da Cidade, Praia da Lagoa, Igrexa Senhora das Dores e Praza do Almada. | |||
Localización | |||
![]() | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Rexión Norte | ||
Subrexión | Grande Porto | ||
Distrito | Distrito do Porto | ||
Xeografía | |||
Superficie | 82,1 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 63.408 hab. (2011) | ||
Densidade | 772,33 hab./km² | ||
Xentilicio | poveiro/a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 4490-000 — 4490-999, 4494-909, 4495-001 — 4495-613, 4496-903, 4750-010 — 4750-554 | ||
Alcalde | Aires Pereira (PSD) | ||
www.cm-pvarzim.pt |
Descrición Editar
Situada nunha chaira costeira areosa, ao sur do Cabo de Santo André, a medio camiño entre os ríos Miño e Douro, está poboada por 42.396 habitantes na área urbana, cun total de 63.408 no municipio, segundo o censo de 2011. Aínda que a porción urbanizada esta estendida, ao sur, cara Vila do Conde, habendo uns 100.000 habitantes na aglomeración. Cos concellos veciños de Vila do Conde e Esposende forma un dos polos urbanos do Norte de Portugal.
As primeiras poboacións fixáronse no seu territorio entre catro a seis mil anos atrás. Ao redor de 900 a.C., a inestabilidade na rexión levou á fundación dunha cidade amurallada, a Cividade de Terroso, que desenvolveu rutas de comercio marítimo coas civilizacións da antigüidade clásica. A Póvoa de Varzim moderna emerxeu despois da conquista da cividade pola República Romana ao redor do 138 a.C., a pesca e unidades de procesamento de pescado desenvolvéronse pouco despois, constituíndo as bases da economía local desde entón. No século XI, a industria pesqueira e campos fértiles formaron a base dun gran señorío feudal e Varzim foi ferozmente disputada entre os señores de Varzim e os primeiros reis de Portugal, o que levou á creación do municipio en 1308 e ser sometida ao poder monástico medieval poucos anos despois. A importancia da Póvoa de Varzim volveu emerxer coa era dos descubrimentos debido á competencia e riqueza dos seus construtores navais e navegantes, que negociaban ao redor do mundo en rutas comerciais complexas. Polo século XVII, a industria de transformación de pescado tomou novo alento e, algún tempo máis tarde, a Póvoa tornouse no porto pesqueiro dominante no Norte de Portugal.[1][2]
A Póvoa de Varzim é unha recoñecida praia balnearia desde hai tres séculos, a máis popular no Norte de Portugal,[1] o que instituíu unha cultura literaria influente e patrocinio na música e no teatro. É unha das poucas zonas de xogo legal en Portugal e posúe industria téxtil e alimentaria significativas.[1] A cidade mantén unha identidade cultural propia, unha cociña mariñeira rica e tradicións antigas, tales como siglas poveiras, a técnica agrícola das masseiras[3] e festas.
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Póvoa de Varzim." Grande Enciclopédia Universal (2004), vol. 16, pp. 10683-10684, Durclub
- ↑ "Povoa de Varzim." Arquivado 13 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. Encyclopædia Britannica 11th edition, 1911 (en castelán).
- ↑ Campos de Masseira Arquivado 18 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. (en portugués).
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Póvoa de Varzim |
Bibliografía Editar
- Barbosa, V.: (1941): A Povoa de Varzim: ensaio da historia desta villa.
- Ferreira de Almeida, C. A. (1972): A Póvoa de Varzim e o seu aro na antiguidade.