Antonio Nariño

político colombiano

Antonio Amador José de Nariño y Bernardo Álvarez del Casal, nado en Santa Fe de Bogotá, o 9 de abril de 1765 e finado en Villa de Leyva o 13 de decembro de 1823, foi un político e militar que participou na independencia do Vicerreinado de Nova Granada. Xunto a Pedro Fermín de Vargas, Francisco de Miranda, José Cortés de Madariaga e Eugenio Espejo, é considerado un precursor da emancipación das provincias americanas do Imperio español.

Antonio Nariño
Nacemento9 de abril de 1765
Lugar de nacementoBogotá
Falecemento14 de decembro de 1823
Lugar de falecementoVilla de Leyva
CausaBatalla do Atlántico, tuberculose e Sapo
SoterradoCatedral primada de Colombia
NacionalidadeVicerreinado de Nova Granada e España
Alma máterSt. Bartholomew Major College
Ocupaciónpolítico, oficial, militar e pai
CónxuxeMagdalena Ortega de Nariño
editar datos en Wikidata ]

Orixe editar

Hai constancia de que tanto o seu pai, Vicente Nariño e Vázquez como o seu avó Juan Nariño Domínguez eran oriúndos da comarca de Santiago de Compostela, concretamente de Val do Dubra.[1]

José Vicente Nariño, oficial das caixas reais do vicerreinado, contraeu matrimonio coa crioula santafereña Catalina Álvarez de Casal.[2]

Traxectoria editar

Dende a súa mocidade, Nariño encamiñouse a actividades políticas que soubo combinar con especulacións financeiras e comerciais que o levaron a acumular fortuna. Tamén foi alcalde de segundo voto elixido polo cabido de Santa Fé en 1789, tesoureiro interino de décimos do arcebispado, designado en xullo do mesmo ano.[3]

A finais de 1793 ou comezos de 1794, Nariño traduciu o texto aprobado pola Asemblea Nacional de Francia a comezos da revolución (4 de agosto de 1789) consagratorio dos dereitos do home e do cidadán, o cal lle valeu ser feito prisioneiro.[4]

Entre o momento da súa captura na súa casa de habitación en Santafé, en agosto de 1794 e a súa liberación en Cartaxena en xuño de 1810, un lapso de case dezaseis anos, Nariño estivo preso agás o intervalo que pasou oculto en Europa e América entre o momento da súa fuga en Cádiz (17 de marzo de 1796) e a súa entrega voluntaria en Santa Fe (o 19 de xullo de 1797).[5]

Tras a súa liberación en Cartaxena, Nariño regresou a Santa Fe a tempo para colaborar na organización do primeiro congreso neogranadino do cal é designado secretario ó comezo de sesións en decembro de 1810.[6]

Nariño non foi militar de carreira pois os seus primeiros pasos nesa dirección iniciáronse en 1813 cando era presidente de Cundinamarca e ofreceuse para comandar as forzas unidas do Estado que o gobernaba con aquelas das Provincias Unidas de Nova Granada, achegadas dende Tunja polo seu rival político Camilo Torres Tenorio, co fin de marchar ó sur para recuperar Popayán e evitar que tropas realistas avanzasen cara ó interior da república nun empeño de invasión ordenado dende a presidencia de Quito.

O éxito inicial da campaña, que Nariño conduciu vitoriosamente até as portas da cidade de Pasto, terminou en fracaso ó verse Nariño precisado a entregarse ó xefe militar de Pasto en maio de 1814. O seguintes seis anos pasounos de novo en prisión.[7]

Nariño regresou a América polo Caribe e Venezuela. O 20 de febreiro de 1821 reportouse a Simón Bolívar dende Angostura e este convidouno a que se reunise con el nas chairas do Apure. Alí, Bolívar pediu a Nariño proceder a instalar o congreso de Villa del Rosario e escolleuno como vicepresidente de Colombia.[8]

Notas editar

  1. "O galego que foi presidente da gran Colombia". Historia de Galicia. Consultado o 26/06/2020. 
  2. "Genealogía de Antonio Nariño". Universidad de Sevilla. Arquivado dende o orixinal o 15/05/2006. Consultado o 26/06/2020. 
  3. "Antonio Nariño Álvarez". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 21 de agosto de 2016. 
  4. "Nariño, 'Precursor de la Independencia', inculcó a los criollos la necesidad de emanciparse". 19 de xullo de 2009. Consultado o 21 de agosto de 2016. 
  5. "Nariño pierde toda esperanza y se entrega á los españoles". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2016. Consultado o 21 de agosto de 2016. 
  6. Suárez Fernández. Historia general de España y América. Ediciones Rialp. ISBN 9788432121104. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 08 de maio de 2019. 
  7. "Antonio Nariño 250". 9 de abril de 2015. Consultado o 21 de agosto de 2016. 
  8. "Nariño, caballero de infortunios". 19 de decembro de 1993. Consultado o 21 de agosto de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Posada Eduardo, Pedro María Ibáñez. El Precursor. Documentos sobre la vida pública y privada del general Antonio Nariño. Bogotá: Imprenta Nacional, 1903.
  • Acosta de Samper, Soledad. Biografía del general Antonio Nariño. Pasto: Imprenta del Departamento de Nariño, 1910.
  • Henao, Jesús María + Gerardo Arrubla. Historia de Colombia para la enseñanza secundaria. Bogotá: Librería Colombiana. Camacho Roldán & Cía., 1929.
  • Rivas, Raimundo. El Andante Caballero Don Antonio Nariño. Bogotá: Imprenta de la Luz, 1936.
  • Vergara y Vergara, José María. Vida y Escritos del General Antonio Nariño. Bogotá: Ministerio de Educación Nacional, 1946.
  • Vejarano, Jorge Ricardo. Nariño. Su vida, sus infortunios, su talla histórica. Bogotá: Instituto Colombiano de Cultura, 1978.
  • Santos Molano, Enrique. Antonio Nariño. Filósofo Revolucionario. Bogotá: Planeta Colombiana Editorial, S. A., 1999.
  • Michelena, Carmen L., Luces revolucionarias:De la rebelión de Madrid (1795) a la rebelión de La Guaira (1797), Caracas: CELARG, 2010