Villa de Leyva

concello do departamento de Boyacá, Colombia

Villa de Leyva é un concello colombiano que se atopa na provincia de Ricaurte do departamento de Boyacá. Está situado a 40 km ó oeste de Tunja, capital do departamento. Foi fundado en 1572 co nome de Villa de Santa María de Leyva e recoñecida como monumento nacional en 1954.[1] Caracterízase por conservar a súa arquitectura de estilo colonial, e polas súas variadas paisaxes rurais que van dende a zona de páramo cos seus nacementos e reservorios de auga até a zona desértica. Salienta tamén a súa enorme praza principal, empedrada (área de 1,4 ha) que se atopa arrodeada por vellos edificios coloniais. É considerada unha das vilas máis fermosas de Colombia, sendo o vila e os seus arredores un dos destinos turísticos máis importante no país. A Villa de Leyva chégase por vía terrestre a través de estradas que a comunican con Tunja (capital do departamento de Boyacá), con Chiquinquirá, Arcabuco e Santa Sofía (Boyacá).

Modelo:Xeografía políticaVilla de Leyva
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 5°37′59″N 73°31′32″O / 5.6331, -73.5256Coordenadas: 5°37′59″N 73°31′32″O / 5.6331, -73.5256
EstadoColombia
DepartamentosBoyacá Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación21.953 (2021) Editar o valor em Wikidata (171,51 hab./km²)
Xeografía
Superficie128 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude2.000 m Editar o valor em Wikidata
Creación1572 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata

Páxina webvilladeleyva-boyaca.gov.co… Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

O concello de Villa de Leyva conta con 128 km², atópase sobre a cadea montañosa chamada cordilleira oriental que forma parte dos Andes, na rexión central do departamento de Boyacá, nunha zona montañosa que rodea un val coñecido dende épocas precolombianas chamado inicialmente polo indíxenas val de Zaquencipá, logo val de Monquirá e que ocupa a provincia de Ricaurte. A vila áchase a 2.143 msnm.

Notas editar

  1. El mundo.com. "Pueblo que conserva su arquitectura colonial - Villa de Leyva, todo un monumento nacional". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2018. Consultado o 15 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1

Ligazóns externas editar