Chiquinquirá

concello do departamento de Boyacá, Colombia

Coordenadas: 5°37′3″N 73°48′59″O / 5.61750, -73.81639

Chiquinquira é un concello colombiano, capital da provincia de Occidente no departamento de Boyacá, que se atopa no val do río Suárez, a 134 km ó norte de Bogotá e a 73 km de Tunja, a capital do departamento. Con 65 274 habitantes é o cuarto concello máis poboado do departamento, despois de Tunja, Duitama e Sogamoso (que superan os 100 000 habitantes). É o centro económico e comercial da rexión occidentel do departamento de Boyacá, á que prové de materiais, alimentos elaborados, roupa, téxtiles e produtos agroveterinarios. É a sede da Basílica da Virxe de Chiquinquirá pertencente á Igrexa católica, que visitou o Papa Xoán Paulo II en 1986. É un destino turístico do centro do país, pois moitos visitantes e peregrinos chegan á cidade para visitar, entre outros, a basílica e a imaxe da Virxe María exhibida no seu interior.

Chiquinquirá
Flag of Chiquinquirá.svg
Escudo de Chiquinquira.svg
Chiquinquira Boyaca HD 06.JPG
Vista de Chiquinquirá.
Localización
Chiquinquirá en Colombia
Chiquinquirá
Chiquinquirá
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoBoyacá
Xeografía
Altitude2 556 msnm
Superficie133[1] km²
Demografía
Poboación66 203 (2016)
Densidadehab/km²
XentilicioChiquinquireño, -a
Outros datos
Código postal154640-154649[2]
AlcaldeCesar Augusto Carrillo Ortegón (2016-2019)
Páxina oficial

ToponimiaEditar

Etimoloxicamente o seu nome pode provir da verba muisca Xequenquirá, que significaba «lugar pantanoso e cuberto de néboas» ou tamén «vila sacerdotal» polas cerimonias que tiñan lugar na Illa da lagoa de Fúquene, onde se facían ofrendas ós deuses muiscas.[3]

XeografíaEditar

O concello de Chiquinquirá forma parte do territorio coñecido como altiplano Cundiboyacense e da conca do río Suárez na cordilleira oriental.[4] A maior parte do territorio é unha chaira aluvial propicia para as actividades agrícolas e gandeiras na periferia do concello atópanse algúns terreos elevados como os Arrayanes, a Bromadora, a Boca de Monte e o Boquerón de la Palestina.

NotasEditar

  1. "Información general de Chiquinquirá". Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2014. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  2. "4-72". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2011. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  3. Gobernación de Boyacá. "Chiquinquirá". 
  4. Gobernación de Boyacá. "aspectos geográficos de Boyacá". 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1

Ligazóns externasEditar