Antonio Beiras García


Antonio Beiras García, coñecido tamén como Antón Beiras García, nado o 8 de outubro de 1915 en Santiago de Compostela e finado en Santiago de Compostela o 1 de abril de 1968, foi un médico oftalmólogo especializado en estrabismo. A súa principal contribución como inventor foi o sinoptóforo de TV ou vigoscopio, que permitía observar como se formaba a imaxe no fondo dun ollo en actividade e corrixir a desviación do ollo estrábico mediante exercicios de ortóptica baseados na visión en combinación co tacto.

Infotaula de personaAntonio Beiras García
Biografía
Lugar de sepulturaVigo 
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Coñecido porAs súas achegas no campo da estraboloxía (estudo do estrabismo)
Actividade
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela, Sociedad Española de Oftalmología, Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana, Academia Médico-Quirúrgica de Pontevedra.
Premios
1° Premio da Sociedade Oftalmolóxica de Madrid 1961
Premio INDO da Sociedade Española de Oftalmoloxía 1963
Socio de honra da Academia Médico-Cirúrxica de Pontevedra 1968
“Alguén pode ter dúbidas de que se tivesen continuado as investigacións de Conrad Cüppers (Alemaña), Antón Beiras (España), Alfred Banguerter (Suíza), Bruno Bagolini (Italia), Arthur Jampolsky (EEUU) ou Maurice Quéré (Francia) non avanzase máis a estraboloxía?
Creo que estes autores se aburriron por non ser comprendidos!”[1]
José Perea. Membro de Mérito da Sociedade Española de Oftalmoloxía. Membro Titular da Sociedade Francesa de Oftalmoloxía. Membro Fundador da Sociedade Española de Estraboloxía.

Biografía editar

Antonio Beiras García nace no seo dunha familia de modestos comerciantes composteláns en 1915. Estuda o bacharelato en Santiago de Compostela e, vencidas as primeiras reticencias familiares, convence os seus pais para que lle permitan estudar medicina.

Comeza os estudos dunha carreira á que se entrega vocacionalmente.

Mentres estuda a carreira para poder estar a carón dos doentes examínase para exercer como practicante no Hospital Provincial en setembro do ano 1935.

Durante a Guerra Civil interrompe os seus estudos de medicina sendo mobilizado e destinado no hospital de León para, unha vez finalizada, reanudalos novamente e obter a licenciatura no ano 1941, realizando os exames de reválida con cualificación de sobresaínte.

Establece a súa primeira clínica oftalmolóxica en Santiago de Compostela. Comeza a publicar os seus primeiros traballos nas coleccións científicas do CSIC.

Traslada a súa clínica á cidade de Vigo.

Coa tese “Contribución al tratamiento quirúrgico de la obstrucción de las vías lagrimales” obtén o título de Doutor na Universidade Central de Madrid no ano 1945.

A partir de 1946 reforza a súa participación nos Congresos da Sociedade Oftalmolóxica Hispano-Americana. Nos arquivos desta sociedade encontraremos a meirande parte dos seus traballos científicos e esta participación non cesará ata o seu falecemento.

O 29 de xuño de 1947 casa en Muras (Lugo) coa pedagoga Antía Cal Vázquez e establecen a súa residencia na cidade de Vigo, onde nacerán os seus catro fillos.

Nos anos 50 a asistencia a congresos, con comunicacións sobre moi diversos temas oftalmolóxicos multiplícase e a repercusión que estas teñen incorporan o nome de A. Beiras á comunidade científica internacional.

Non cesa de investigar e pronto comeza a patentar os froitos do seu traballo. A súa preocupación pola ergonomía no traballo lévao a desenvolver un estativo para clínicas —sistema para racionalizar o uso dos aparatos dunha consulta oftalmolóxica e a ocupación de espazo que supoñen—que cambiará a organización e o modo de traballar nas clínicas oftalmolóxicas e noutros ámbitos. Traballa tamén no desenvolvemento dunhas lentes elásticas, o quinepleoscopio, o estimulador da musculatura ocular por radio frecuencia ou marcapasos oftálmico entre outros asuntos dos que se ocupou na súa curta pero intensa vida como investigador.

En 1962 comeza a traballar no primeiro prototipo do sinoptóforo de TV e faino sen interrupción ata o seu pasamento no ano 1968.

editar

A intuición que o caracteriza á hora de atopar camiños novos, a constancia no traballo e unha intelixencia brillante, que os seus colegas máis destacados sempre salientan ao lembralo, son os principais activos cos que conta para desenvolver a súa investigación. A isto hai que sumar unha sólida formación teórica e a paixón coa que enfronta a práctica clínica.

Beiras especialízase en oftalmoloxía e é arredor de 1950 cando un acontecemento familiar —o nacemento da primeira das fillas con estrabismo— orienta as súas investigacións cara ese ámbito da oftalmoloxía.

A partir deste momento o estrabismo, doenza que afecta a un 6% da poboación mundial, ocupa practicamente toda a súa atención. Preocupado pola perda da visión binocular que sufrían os doentes con estrabismo comeza unha viaxe de estudos por hospitais e universidades de toda Europa para coñecer os métodos utilizados no seu tratamento. Iníciase a obra principal de Beiras: o desenvolvemento do sinoptóforo de TV ou vigoscopio para corrixir o estrabismo garantindo a visión binocular do doente a través de exercicios de ortóptica.

En palabras do propio Beiras na súa Memoria sobre os estudos do vigoscopio, outubro 1967:

“Os nosos traballos iniciáronse por propia iniciativa e financiamento en 1957 e cristalizaron nunha comunicación á Academia Médico-Cirúrxica de Vigo en febreiro de 1958; “Ensaios para mellorar os resultados terapéuticos no Estrabismo”. Presentábanse experiencias que criamos inéditas. Non obstante axiña soubemos que o Catedrático de Oftalmoloxía de Sttetin (Polonia), W. Starkiewicz, viña realizando traballos case idénticos. Puxémonos en contacto e decidimos seguir comunicándonos en diante os resultados. Máis tarde nunha conferencia científica, que fai a invitación da Universidade de Burdeos en 1961, despois de relatar as súas experiencias di que os traballos nosos significan o procedemento ideal no tratamento do estrabismo […]".

No congreso oftalmolóxico da Toxa (1963) os traballos que se converterían no vigoscopio recibiron o máis importante premio de dito congreso, o Premio INDO na súa primeira edición.

Con todo isto quedaron sentados os precedentes científicos de garantía en que se apoiou a Caixa de Aforros de Vigo para conceder os créditos necesarios para intentar a realización de dito proxecto. Esta decisión tomouse en 1963.

Na mesma Memoria de 1967 Beiras continúa dicindo:

“Inmediatamente comezáronse os traballos preliminares, que tiveron lugar nos laboratorios da ETEA, principalmente polo Enxeñeiro Electrónico Ángel Martín Caloto. En xuño de 1964 conséguese o primeiro prototipo de Vigoscopio e é presentado no Congreso Europeo de Oftalmoloxía de Viena e en setembro do mesmo ano ao Consilium Europeo de Estrabismo de Palma de Mallorca onde foi moi ben recibido e favorablemente comentado polo Dr. Thomas, Presidente do mesmo”.

Sucesivos prototipos, cada vez máis completos, foron presentados noutras citas científicas entre as que cabería destacar a presentación en 1965 do prototipo que se exhibe na aula Pasteur da Universidade de París. O oculista polaco Witold Starkiewicz, reitor da Universidade polaca de Pomerania, abraza emocionado a Beiras: co vigoscopio conseguira demostrar as súas teorías da tridimensionalidade. O Dr. Thomas, presidente da Sociedade Estrabolóxica Europea, proclama o éxito futuro do vigoscopio.

A raíz da presentación feita en Múnic en 1966 a Universidade de Columbia recoñece o mérito das investigacións realizadas e cursa unha invitación a Beiras para continualas no seu centro experimental da Sección de Oftalmoloxía.

O éxito do sinoptóforo de TV baseábase en dúas destacadas achegas:

  • Posuía dous aparellos oftalmoscópicos que permitían ver a imaxe proxectada sobre o fondo do ollo como se fose unha pequena pantalla.
  • Permitía tocar os obxectos e velos ao mesmo tempo, de modo que o neno estrábico mediante exercicios de ortóptica realizados no sinoptóforo, recuperaba a coordinación a través da sensación táctil.

O sinoptóforo de TV sería suficiente para situar o seu nome na historia da oftalmoloxía pero non foi esta a súa única achega. En palabras do propio Beiras “o equipo encargado destes traballos obtiveron ademais outros achados en investigacións que, case como un agasallo, saíron ao paso. En principio considerámolas como “subprodutos” deste proceso. Porén, o certo é que se foron desenvolvendo ata tal extremo que chegan a ter personalidade propia e unha importancia que algúns estiman igual ou quizais superior ao propio vigoscopio”.

Son estas:

  • QUINEPLEOSCOPIO: era un aparato destinado a tratar por procedementos de pleóptica os trastornos da fusión. Pode utilizarse como sinoptóforo de mesa e portátil e permite que os nenos sometidos a tratamento poidan facer o mesmo nos seus domicilios, baixo control periódico da clínica. En palabras de Beiras “se o sinoptóforo é útil traballando nel uns minutos diariamente, infinitamente máis o será un sipnotóforo de uso permanente e a reeducación da sensibilidade obterase nun tempo proporcionalmente inferior, que é o caso do quinepleoscopio”.
  • OCLUSOR OCULAR: trátase dun oclusor que vale de apósito curativo, permitindo o libre exercicio do movemento da pálpebra e a función visual ao mesmo tempo que o illamento de axentes exteriores e absorción de secrecións. Resultaba moi útil na oclusión dos estrábicos. Igualmente era práctico para evitar a perda de lentes de contacto no período de irse afacendo ao seu uso.
  • MARCAPASOS OFTÁLMICO: permitía que calquera músculo ocular en funcionamento deficitario, ou mesmo con parálise total, puidese ser excitado a distancia e na dose desexable mediante ondas hertzianas, deste modo un ollo estrábico podía ser endereitado sen necesidade de acurtamento cirúrxico. A Universidade de Columbia, que realizara experiencias deste tipo sen éxito, convida a Beiras a continuar alí as súas investigacións e impresións igualmente positivas causaron nas clínicas universitarias de Heidelberg, Florencia e San Francisco.
  • LENTES ELÁSTICAS: permitían enfoques variables e por tanto a persoa pode ver con claridade de lonxe, preto e en distancias intermedias. Para este traballo contou coa colaboración do Dr. Fernández Refojo do Retina Foundation de Chicago que dende USA enviaba os materiais que Beiras non conseguía na España do momento.
  • ESTATIVO ELEVADOR DE INSTRUMENTOS OFTÁLMICOS: Beiras, preocupado pola eficiencia na clínica, busca remedio aos principais problemas que se lle formulaban encontrando o xeito de aforrar espazo, tempo e esforzo e faino a través dun aparato pendurado do teito e que permite concentrar sobre un mesmo punto todos os elementos necesarios para a exploración clínica: a primeira dimensión cobra protagonismo e mellora o rendemento do traballo.

En abril de 1968 nun Congreso da Sociedade oftalmolóxica hispano-americana celebrado en Madrid lese o último traballo sobre o vigoscopio ditado por Beiras nunha habitación dun hospital de París a onde chegara buscando remedio a un cáncer diagnosticado uns meses antes. No mesmo día que se leu o seu traballo un telegrama anuncia ao seus compañeiros o prematuro e doloroso falecemento do Dr. Beiras.

A vida de A. Beiras García remataba “no momento máis alto da súa actividade científica”, segundo as sentidas palabras de W. Starkiewicz, reitor da Universidade polaca de Pomerania, sen poder atender os convites cursados dende distintas universidades de Europa e América para coñecer o sinoptóforo de mans do seu creador e impulsor. O prototipo definitivo de vigoscopio viaxa por última vez en outubro de 1968 ao Congreso hispano-luso-brasileiro de Porto.

Á súa morte amigos, familiares e entidades públicas e privadas crean o Instituto Beiras pensado para continuar o labor de A. Beiras. Grazas a el as experiencias clínicas co sinoptóforo de TV, que xa comezaran nos meses previos, continúan ata o ano 1974. Centos de nenos e nenas de Vigo e outros chegados dende distintos lugares asisten a sesións para corrixir o estrabismo no vigoscopio instalado no Colexio Fogar da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Alí dúas auxiliares de clínica formadas en ortóptica por Beiras eran as encargadas de realizar as sesións que curaron a tantos nenos estrábicos devolvéndolles a visión binocular. Eles son hoxe testemuñas vivas do éxito do sinoptóforo de TV ideado por Beiras.

Publicacións editar

  • 01. BEIRAS GARCÍA, A. “Lacrorrinoplastia”. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Consello Superior de Investigacións Científicas (1943).
  • 02. BEIRAS GARCÍA, A. “Ensayos de circulación artificial en el territorio vascular de la arteria oftálmica, en el cadáver. Su posible interés como método de estudio”. Consejo Superior de Investigaciones Científicas (1943).
  • 03. BEIRAS GARCÍA, A. “Conjuntivitis seca y queratititis filamentosa en el síndrome de Sjogren”[2]. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volumen VII, Número 6. (1946).
  • 04. BEIRAS GARCÍA, A. “Fotodacriocistoscopia. Dacriocistorrinofotografía”. Published fot the XVIth International Congress by the British Medical Association Tavistock Square, London. Reprinted from Acta XVI Concilium Ofthalmologicum (Britannia) (1950).
  • 05. BEIRAS GARCÍA, A. “Cisticerco en Vitreo”. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volume X, Nº 8 (1950).
  • 06. BEIRAS GARCÍA, A. “Dacriofotografía”. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volume XI, Nº 3 (1951).
  • 07. BEIRAS GARCÍA, A. “Nota clínica sobre fendoscopia”[3]. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volumen XV; Número II (1955).
  • 08. BEIRAS GARCÍA, A. “Quiste prerretiniano”[4]. Arquivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volumen XV. Número II Madrid (1955).
  • 09. BEIRAS GARCÍA, A. “Ensaios pra mellorar os resultados terapéuticos no estrabismo”. Referatas. Academia Médico Quirúrgica Provincial. Volume II nº 4 (1958).
  • 10. BEIRAS GARCÍA, A. “Lentes elásticas”. Referatas. Academia Médico quirúrgica provincial. II Jornadas médicas Galaico-Portuguesas. Volume III Nº 4 (1959).
  • 11. BEIRAS GARCÍA, A. “Nuevo modelo de Quinepleoscopio. Crítica teórica del procedimiento de fusión y oclusión alternativa en el tratamiento del estrabismo”[5]. Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana. Volume XIX Número I (1959).
  • 12. BEIRAS GARCÍA, A. “Nuevo procedimiento para la oclusión alternativa en el tratamiento del estrabismo”[6]. Archivos de la Sociedad oftalmológica Hispano-Americana. Volume XIX. Número 3 (1959).
  • 13. BEIRAS GARCÍA, A. “Ortóptica cinematográfica”[7]. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volume XIX. Número 4 (1959).
  • 14. BEIRAS GARCÍA, A. “Sugerencias para mejorar la ortóptica”[8]. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volume XX. Número 2 (1960).
  • 15. BEIRAS GARCÍA, A. “Control fotográfico de la desviación estrábica”[9]. Archivos de la Sociedad oftalmológica Hispano-Americana. Volume XX. Número 10 (1960).
  • 16. BEIRAS GARCÍA, A. “Imágenes de Dacrio-Rino-Fotografía”. Referatas. Academia Médico quirúgica provincial. Volume IV Nº2 (1960).
  • 17. BEIRAS GARCÍA, A. “Oclusor Ocular”[10]. Archivos de la Sociedad oftalmológica Hispano-Americana. Volume XX. Número 11 (1960).
  • 18. BEIRAS GARCÍA, A. “Estudio para una estimulación birretinal al ángulo objetivo, bajo control televisado y automático”. Referatas. Volume IV nº 5 (1960).
  • 19. BEIRAS GARCÍA, A. “El alfa-quimotripsina en el tratamiento de las uveitis”[11]. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volume XXI. Número 12 (1961).
  • 20. BEIRAS GARCÍA, A. “Ideas para una ortóptica de control automático”. Archivos de la Sociedad oftalmológica Hispano-Americana. Volume XXI. Número 6 (1961).
  • 21. BEIRAS GARCÍA, A. “Tipos de pleoscopio electrónico”[12]. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volume XXII. Número 4 (1962).
  • 22. BEIRAS GARCÍA, A. “Fibras transmisoras de luz; su aplicación a la endoscopia en general, a la Ortóptica-Pleóptica y a la terapia localizatriz de Starkiewicz”[13]. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volume XXIII. Número 6 (1963).
  • 23. BEIRAS GARCÍA, A. “Novas Orientaciós na cirurxía da catarata”. Revista médica de Galicia. Santiago de Compostela. Marzo-Abril (1964).
  • 24. BEIRAS GARCÍA, A et alli “Mejoras al proyecto de Sinoptóforo de TV”[14]. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volumen XXIV. Número 7 (1964).
  • 25. BEIRAS GARCÍA, A. “Tiempo, Espacio y esfuerzo en la práctica oftalmológica”[15]. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volumen XXIV. Número 7 (1964).
  • 26. BEIRAS GARCÍA, A. “Prototipo de ensayo para un sinoptóforo de TV”[16]. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volumen XXV. Número 8 (1965).
  • 27. BEIRAS GARCÍA, A. “Etat actuel du synoptophore a television”. Bulletins et Mémories de la Societé Française d´Opftalmologie (1965).
  • 28. BEIRAS GARCÍA, A. “Ensayos para una lente hídrica a espejo orientable para exploración biomicroscópica”. Referatas. Academia Médico quirúrgica provincial. Volume VII. Nº 3 (1966).
  • 29. BEIRAS GARCÍA, A. “Sinoptóforo de TV. Segunda fase”. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volume XXVI. Número 7 (1966).
  • 30. BEIRAS GARCÍA, A. “Ensayos de estimulación muscular por radio-frecuencia”[17]. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volume XXVII. Número 6 (1967).
  • 31. BEIRAS GARCÍA, A. “Bivisuscopio”. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana[18]. Volumen XXVII. Número 5 (1967).
  • 32. BEIRAS GARCÍA, A. “Tratamento sensoriomotor combinado en estrabismo”. Arquivos Portugueses de Oftalmologia. Volume 19º (1967).
  • 33. BEIRAS GARCÍA, A. et allii. “Lentes elásticas”[19]. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volumen XXVII. Número 6 (1967).
  • 34. BEIRAS GARCÍA, A. “Ensayos clínicos con el marcapasos ocular en el tratamiento del estrabismo”[20]. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volumen XXVIII. Número 4 (1968).
  • 35. BEIRAS GARCÍA, A. “Estado actual de las lentes elásticas”[21]. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volume XXIII. Número 4 (1968).
  • 36. BEIRAS GARCÍA, A. “Posibilidades inmediatas de un sinoptóforo televisor miniaturizado”[22]. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volume XXVII. Número 4 (1968).
  • 37. BEIRAS GARCÍA, A. “Experiencias Clínicas con el sinoptóforo de Televisión”[23]. Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana. Volume XXIII. Número 6 (1968).

Patentes editar

Epistolario editar

A intensa actividade científica que desenvolveu Beiras nos últimos 20 anos da súa vida levárono a manter un contacto directo con moitos dos estrabólogos, oftalmólogos e investigadores máis destacados do momento. Hoxe permanece inédito un rico epistolario de Beiras con eses científicos entre os que destacan nomes como:

  • ALBAREDA, J. M. Director do Consejo Superior Investigaciones Científicas.
  • ARRUGA FORGAS, A. Barcelona.
  • BARRAQUER, T.. Madrid.
  • BRALEY, S. Director. Dow Corning Center for Aid to Medical Research (Michigan, EE.UU.).
  • CARDONA, H. Corneal Center. New York.
  • CASTROVIEJO, R. New York.
  • DECAUDIN, A. Societe Française D’Ophtalmologie.
  • FERNÁNDEZ REFOJO, M., Department of Cornea Research. Retina Foundation. Institute of Biological and Medical Sciences. Boston (Massachusetts, EE.UU.).
  • MULLISON, Ethel G. Staff Associate. Dow Corning Center for Aid to Medical Research. (Michigan, EE.UU.).
  • PÉREZ LLORCA, Jose. Catedrático - Profesor de Oftalmoloxía. Facultade de Medicina. Madrid.
  • PIGASSOU-ALBOUY, Renée. Ancien Interne des Hôpitaus e Ancien Chef de Clinique a la Faculté. Maladies des yeux. Toulouse (Francia).
  • RIDLEY, Harold. Ofhthalmic Department. St. Thomas Hospital. London.
  • SÁNCHEZ SALORIO, M. Catedrático de Oftalmoloxía. Facultade de Medicina. Universidade de Santiago de Compostela.
  • STARKIEWICZ, W. Kierownik Katedry Okulistyki. Pomorska Akademia Medyczna. Szczecin (Polonia).
  • THOMAS Charles, Professeur de Clinique Ophtalmologique a la Faculté de Médecine. Centre Hospitalier Régional de Nancy (Francia).

Premios editar

  • Premio da Sociedade Oftalmolóxica de Madrid. 1961.
  • Premio INDO da Sociedade Española de Oftalmoloxía. 1963.
  • Socio de honra da academia médico-cirúrxica de Pontevedra. 1968.
  • Louvor de Honra. Pedrón de Ouro. 1969.
  • Rúa Antón Beiras. Concello de Vigo.
  • Placa recordatoria en Policarpo Sanz 22, Vigo. Colexio oficial de Médicos de Pontevedra e Irmandade da Sanidade Galega. 2013.

Notas editar

  1. Perea, José. "Estrabismos" (PDF). 
  2. Beiras García, Antonio (1946). "Conjuntivitis seca y queratititis filamentosa en el síndrome de Sjogren" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana VII (6). 
  3. Beiras García, Antonio (1955). "Nota clínica sobre fendoscopia" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana XV (II). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  4. Beiras García, Antonio (1955). "Nota clínica sobre fendoscopia" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmológica Hispano-Americana XV (II). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  5. Beiras García, Antonio (1959). "Nuevo modelo de Quinepleoscopio. Crítica teórica del procedimiento de fusión y oclusión alternativa en el tratamiento del estrabismo" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica hispano-americana XIX (I). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  6. Beiras García, Antonio (1959). "Nuevo procedimiento para la oclusión alternativa en el tratamiento del estrabismo" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana XIX (3). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  7. Beiras García, Antonio (1959). "Ortóptica cinematográfica" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana XIX (4). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  8. Beiras García, Antonio (1960). "Sugerencias para mejorar la ortóptica" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana XX (2). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  9. Beiras García, Antonio (1960). "Control fotográfico de la desviación estrábica" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana XX (10). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  10. Beiras García, Antonio (1960). "Oclusor Ocular" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana XX (11). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  11. Beiras García, Antonio (1961). "El alfa-quimotripsina en el tratamiento de las uveitis" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana XXI (12). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  12. Beiras García, Antonio (1961). "Tipos de pleoscopio electrónico" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana XXII (4). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  13. Beiras García, Antonio (1963). "Fibras transmisoras de luz; su aplicación a la endoscopia en general, a la Ortóptica-Pleóptica y a la terapia localizatriz de Starkiewicz" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana. XXIII (6). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  14. Beiras García, Antonio (1964). "Mejoras al proyecto de Sinoptóforo de TV" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana XXIV (7). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  15. Beiras García, Antonio (1964). "Tiempo, Espacio y esfuerzo en la práctica oftalmológica" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana XXIV (7). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  16. Beiras García, Antonio (1965). "Prototipo de ensayo para un sinoptóforo de TV" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana XXV (8). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  17. Beiras García, Antonio (1967). "Ensayos de estimulación muscular por radio-frecuencia" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana. XXVII (6). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  18. Beiras García, Antonio (1967). "Bivisuscopio" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana. XXVII (5). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  19. Beiras García, Antonio (1967). "Lentes elásticas" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana. XXVII (6). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  20. Beiras García, Antonio (1968). "Ensayos clínicos con el marcapasos ocular en el tratamiento del estrabismo" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana. XXVIII (4). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  21. Beiras García, Antonio (1968). "Estado actual de las lentes elásticas" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana. XXIII (4). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  22. Beiras García, Antonio (1968). "Posibilidades inmediatas de un sinoptóforo televisor miniaturizado" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana. XXVII (4). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  23. Beiras García, Antonio (1968). "Experiencias Clínicas con el sinoptóforo de Televisión" (PDF). Archivos de la Sociedad Oftalmólogica Hispano-Americana. XXIII (6). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar