Manuel Sánchez Salorio

oftalmólogo e humanista galego

Manuel Sánchez Salorio, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1930 e finado na mesma cidade o 16 de marzo de 2023, foi un médico oftalmólogo e humanista galego que configurou unha escola científica española coñecida actualmente como Escola Galega de Oftalmoloxía.[1][2][3] Foi académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e foi o creador da primeira Rede de Investigación Colaborativa en Oftalmoloxía (Oftared).[4]

Infotaula de personaManuel Sánchez Salorio
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1930 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de marzo de 2023 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Tese académica'La regulación nerviosa de la tensión ocular (1955)
Actividade
Ocupaciónoftalmólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 3336946

Traxectoria editar

Fillo do oculista Manuel Sánchez Mosquera[1] e sobriño de Juan José Barcia Goyanes,[5] percibiu precozmente o seu ambiente familiar: a cátedra universitaria.[6] Un irmán da súa nai foi Demetrio Salorio Suárez, alcalde da Coruña.[1]

Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1946-52), con Premios Extraordinario e Nacional Fin de Carreira, e doutorouse pola mesma Universidade, con Premio Extraordinario cunha tese titulada La regulación nerviosa de la tensión ocular ("A regulación nerviosa da tensión ocular", 1955). Realizou a especialidade de oftalmoloxía primeiro co seu pai e logo co profesor Ángel Moreu González-Pola, catedrático de oftalmoloxía de Santiago de Compostela. Este nomeouno o seu profesor adxunto (1956-63), devindo logo á súa morte encargado de cátedra e finalmente catedrático desa disciplina en 1963, sendo o primeiro catedrático de Oftalmoloxía da universidade compostelá. Aprendeu cirurxía ocular asistindo aos servizos de Hermenegildo Arruga, Ignacio Barraquer e Ramón Castroviejo.

Fiel expoñente da universidade autárquica creou a escola científica inicialmente coñecida como Escola Profesional de Oftalmoloxía e que adoita chamarse hoxe Escola Galega de Oftalmoloxía anexa a devandita Cátedra. Foi ademais Vicedecano da Facultade de Medicina e Vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela (1975).

O 27 de febreiro de 1981 ingresou como Académico Numerario na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.[7]

Un dos membros máis antigos do corpo médico da comunidade galega e remiso á xubilación, en 2015 continuaba a ser o director da Fundación Instituto de Oftalmoloxía de Galicia (Ingo).[2]

Escribiu numerosos artigos para a Revista Española de Oftalmología e outras publicacións da especialidade. A súa escola fixo importantes achegas científicas sobre a circulación da retina e, moi especialmente, ofreceu unha solución ao tratamento da enfermidade ocular chamada glaucoma, frecuente en Galicia.[8]

Outras actividades editar

Sánchez Salorio foi un dos fundadores en 1961 do Real Club de Golf da Coruña.[9]

Recoñecementos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Interesante contacto con D. Manuel Sánchez Salorio". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 El oftalmólogo Sánchez Salorio, medalla de oro de Galicia 2015 La Voz de Galicia.
  3. "Fallece el oftalmólogo y humanista coruñés Manuel Sánchez Salorio". La Opinión de A Coruña (en castelán). 2023-03-16. Consultado o 2023-03-16. 
  4. Homenaje en Madrid a Manuel Sánchez Salorio La Voz de Galicia.
  5. Historia de la neurocirugía española. La escuela de Valencia: J.J. Barcia Goyanes
  6. Sanchez Salorio, M.: Demetrio Pita en la memoria y en el corazón. Rev.Soc.Esp.Oftal.,81, 2006
  7. "Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia: Miembros de la Real Academia - Manuel Sánchez Salorio". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  8. Sanchez Salorio y Pita Salorio, D.: Atlas de retinopatías vasculares. Sandoz. Barcelona. 1972
  9. Manuel Sánchez Salorio, medalla de oro de Galicia 2015
  10. DOG Núm. 117 do 14 de xuño de 1996
  11. El Colegio de Médicos de A Coruña concede la medalla de oro y brillantes a Sánchez Salorio La Voz de Galicia.
  12. Neira Vilas, David Cal, Sánchez Salorio y Enrique Beotas, Medallas de Oro de Galicia

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar