Ergonomía
A ergonomía é unha disciplina tecnolóxica que se encarga de aplicar o coñecemento científico sobre o ser humano para deseñar obxectos, sistemas e contornas de uso humano. Trátase dun campo multidisciplinar que incorpora achegas da psicoloxía, da enxeñaría, da biomecánica, do deseño industrial, do deseño gráfico, da estatística e da antropometría. Tamén se coñece popularmente como a forma na que as empresas deseñan tarefas e áreas de traballo para maximizar a eficiencia e a produtividade dos seus empregados.