Antón Beiras García

oftalmólogo galego

Antón Beiras García, nado en Santiago de Compostela o 8 de outubro de 1915 e finado en Vigo o 1 de abril de 1968, foi un oftalmólogo, humanista e poeta galeguista.[1]

Infotaula de personaAntón Beiras García

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1915 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de abril de 1968 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaGaleguismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Coñecido porAs súas achegas no campo da estraboloxía (estudo do estrabismo)
Actividade
Ocupaciónoftalmólogo , investigador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAntía Cal Editar o valor em Wikidata
FillosBeatriz Beiras Cal, Antón Beiras Cal, Hixinio Beiras Cal, Antía Beiras Cal Editar o valor em Wikidata
IrmánsManuel Beiras Editar o valor em Wikidata
ParentesXosé Manuel Beiras (sobriño) Editar o valor em Wikidata
Premios
1° Premio da Sociedade Oftalmolóxica de Madrid 1961
Premio INDO da Sociedade Española de Oftalmoloxía 1963
Socio de honra da Academia Médico-Cirúrxica de Pontevedra 1968
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

   
Edificio Sanchón, o doutor Beiras atendía aos pacientes no 1ª andar.

Irmán de Manuel Beiras García e tío de Xosé Manuel Beiras Torrado, Antón Beiras licenciouse en Medicina en 1942 na USC e en 1946 asentouse definitivamente en Vigo. Casou en 1947 coa pedagoga Antía Cal. A mediados dos anos cincuenta detéctanlle estrabismo á súa filla Antía, polo que decide comezar a facer investigación nesta enfermidade ocular e a visitar centros de pescuda en Europa. Como consecuencia diso, ademais de sandar a filla, converteuse nunha referencia da oftalmoloxía nese campo e en 1958 publica a que está considerada a primeira publicación científica en galego dende a guerra civil: "Ensaios para mellorar os resultados terapéuticos do estrabismo", en Referatas, a revista da Academia Médico Cirúrxica Provincial de Pontevedra, que recollía o texto dunha conferencia.

Neste campo, tamén foi o inventor do vigoscopio, un aparello que permitía o exame do fondo do ollo, e que nunca se chegou a desenvolver plenamente. En 1962 concédenlle o premio da Sociedade Española de Oftalmoloxía.

Militou activamente nas Mocedades Galeguistas, foi membro fundador e conselleiro da Editorial Galaxia e mantivo unha fonda amizade con Otero Pedrayo e outros intelectuais.

Falecido de cancro en abril de 1968, recibiu a homenaxe da comunidade médica e intelectual da época (Darío Álvarez Blázquez, Celso Emilio Ferreiro...). Oficiou o seu funeral o xesuíta padre Seixas, na que foi a primeira homilía pronunciada en galego en Vigo logo da guerra.

O concello de Vigo adicoulle unha rúa.[2]

Obra editar

  • O arte e a sua historia. Xunto con Antía Cal (Edicións Laiovento, 2017)

Notas editar

  1. Antón Beiras, ciencia y compromiso con Galicia, Faro de Vigo, 3/6/12 (en castelán).
  2. 42°14′11.7″N 8°42′19.7″O / 42.236583, -8.705472

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar