Amadou Diallo, nado o 2 de setembro de 1975 en Sinoe e finado o 4 de febreiro de 1999 en Nova York, foi un mozo inmigrante guineano de 23 anos de idade que morreu asasinado pola policía de Nova York.

Amadou Diallo
Nacemento2 de setembro de 1975
Lugar de nacementoSinoe, Liberia
Falecemento4 de febreiro de 1999
Lugar de falecementoNova York, Estados Unidos de América
Causaferida por arma de fogo
NacionalidadeLiberia e Guinea
RelixiónIslam
Ocupaciónestudante
NaiKadiatou Diallo
Na rede
WikiTree: Diallo-22 Find a Grave: 21434 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Diallo morre de resultas dos 41 disparos realizados por catro axentes da extinta Unidade de Crimes na Rúa do Departamento de Policía de Nova York, que estaban de servizo. Estes eran Sean Carroll, Richard Murphy, Edward McMillon e Kenneth Boss. O feito tivo lugar no número 1157 da Avenida Wheeler, na parte sueste do Bronx.

Diallo era un dos catro fillos de Saikou e Kadiatou Diallo, unha familia pertencente a un dos pobos nómades máis vellos do mundo, os fulani, provenientes da rexión guineana de Futa Yallon. Naceu en Sinoe, Liberia, mentres o seu pai traballaba alí, e creceu seguindo á súa familia por Togo, Bangkok e Singapur, indo a colexios en Tailandia, e logo en Guinea e Londres, incluíndo o Instituto Asiático de Microsoft.

En 1996 chega a Nova York, onde xa estaban a vivir outros membros da súa familia e empeza a traballar cun curmán seu. Polo que parece, Diallo chegou a Nova York para estudar, aínda que é certo que non se chegou a matricular en ningún centro educativo. Tratou de quedar nos Estados Unidos a longo prazo por medio da firma dunha solicitude de asilo político. Vendía cintas VHS, luvas e calcetíns na rúa e estudaba polas noites.

Acontecementos ao redor da morte editar

Na mañá do 4 de febreiro de 1999, Diallo estaba preto da súa casa tras volver dunha comida. Os catro axentes, Sean Carroll, Richard Murphy, Edward McMellon e Kenneth Boss, que estando de servizo, pasaban co seu Ford Taurus, ao ver a Diallo e pensar que coincidía coa descrición dun violador, achegáronse a el. Eles aseguraron que se identificaron como axentes de policía e que Diallo correu escaleiras arriba cando se achegaron ignorando as ordes de que se detivese e de que levantase as mans.A lámpada do soportal estaba fundida, o que provocaba que Diallo estivese a contraluz e só se vise a súa silueta. Foi entón cando Diallo meteu a man na chaqueta collendo a súa carteira. Ao mesmo tempo, o oficial McMellon, tropezou co bordo, o que provocou que caese e disparase ao pavimento.

Ao ver ao sospeitoso levar un pequeno obxecto cadrado, ouvir un disparo e ver ao seu compañeiro caer, o oficial Carroll gritou "pistola" para alertar aos seus compañeiros. Os oficiais abriron fogo contra Diallo. Dos 41 disparos que realizaron, 19 deles deron de cheo no seu corpo. A investigación posterior ao tiroteo demostrou que Diallo non levaba ningunha arma encima, xa que o único obxecto que levaba era a súa carteira. A investigación interna do Departamento de Policía de Nova York decretou que os catro axentes actuaran segundo a súa política, argumentando que era o que tería feito calquera bo oficial de policía nas mesmas circunstancias e coa información que tiñan.

O 25 de marzo, un xulgado do Bronx acusou ós oficiais de asasinato en segundo grao e conduta temeraria. O 16 de decembro en Nova York un Tribunal de Apelación ordenou un cambio de sede a Albany, Nova York, alegando que toda a publicidade existente previa á vista era nefasta para un xuízo xusto. Así que, tras dous días de deliberacións, o 25 de febreiro de 2000, un xurado composto por persoas brancas e negras, absolveu ós oficiais de todos os cargos.

Consecuencias editar

Por este asasinato celebrouse un xuízo en Albany, Nova York, capital do Estado de Nova York no que o catro axentes quedaron libres de toda culpa. Amadou Diallo estaba desarmado no momento dos feitos, o que propiciou que houbese unha gran controversia e unha total indignación así que se coñeceron os feitos tanto dentro como fóra de Nova York. Asuntos como brutalidade policial, discriminación racial e "tiroteo contaxioso" (un axente dispara cando ve disparar a outro), foron determinantes para que aparecese dita controversia.

A morte de Diallo, o cambio de sede e o veredicto suscitaron manifestacións masivas contra a brutalidade policial e a discriminación racial, o que provocou que se realizasen máis de 1.700 detencións ó longo de varias semanas. Os detidos nas protestas que había día tras día na porta da sede do Departamento de Policía de Nova York proviñan de todas as clases sociais. Entre estes atopábanse antigos oficiais de policía, o exalcalde de Nova York David Dinkins, os congresistas Charles B. Rangel e Gregory Meeks, os reverendos Al Sharpton e Jesse Jackson, o asembleísta Rubén Díaz, Jr., a actriz Susan Sarandon, o documentalista Louis Theroux, así como máis dunha ducia de rabinos, outros clérigos e numerosos políticos estatais, federais e locais.

Os cargos dos detidos retiráronse previamente e en 2001, o Departamento de Xustiza dos Estados Unidos anunciou que non acusaría ós oficiais de violar o dereitos civís de Diallo.

O 18 de abril do 2000, a nai de Diallo, Kadiatou e o seu padrasto Sankarella Diallo presentaron unha demanda de 61.000.000 dólares contra a cidade de Nova York e os oficiais, alegando neglixencia, homicidio con culpabilidade, discriminación racial e outras violacións dos dereitos civís de Diallo. En marzo de 2004, aceptaron un acordo de 3.000.000 dólares. Esta foi unha das demandas máis grandes que se pediron á cidade de Nova York por un home solteiro e sen familiares ao seu cargo baixo as restritivas leis do Estado de Nova York sobre homicidio con culpabilidade, xa que limitan os danos á perdida de diñeiro por parte dos familiares.

A morte de Diallo converteuse nun problema nas eleccións á alcaldía de Nova York. O presidente do municipio do Bronx e candidato á alcaldía Fernando Ferrer, quen no seu momento condenou as circunstancias da morte de Diallo, dixo nunha reunión dos sarxentos de policía que, aínda que o tiroteo fora unha traxedia, acusouse en exceso ós axentes implicados. Estas declaracións produciron que a familia de Diallo criticase fortemente a Ferrer.

O acontecemento suscitou investigacións psicolóxicas. O psicólogo Eberhad e os seus colegas levaron a cabo experimentos con oficiais de policía que disparaban máis rápido a xente negra desarmada que a xente branca desarmada e que disparaban máis rápido a xente negra armada que a xente branca armada.

O corpo de Diallo está enterrado na vila de Hollande Bourou, en Futa Yallon, unha rexión do centro de Guinea, onde residen todos os seus familiares.

Referencias culturais a Amadou Diallo editar

En música, Diallo e o tiroteo foron citados en traballos de 88 keys, Aesop Rock, Agnostic Front, Akon, Anthony David, Army of the Pharaohs, Beanie Sigel, Beastie Boys, Blue Scholars, Brothers Keepers, Bruce Springsteen en su canción American skin, Bun B, Capone-N-Noreaga, Common, CunninLynguists, Dead Prez, DMX, Strike Anywhere, Elliot Sharp, Erykah Badu, Fabolous, Gangstagrass, Game (rapeiro), Greenhouse Effect, Immortal Technique, Jay-Z, Jedi Mind Tricks, Jen Chapin, Jemeni, J-Live, Kool G Rap, KRS-One, Lauryn Hill, Le Tigre,Eskera(50 Shots + Any Cop),Leftöver Crack, Mash Out Posse, Merauder,Mike Ladd, Mischief Brew, Monsta Island Czars, Mos Def, Northern State Band, Organized Noize, Papoose, París, Percee P, Pharoahe Monch, Posdnous, Public Enemy, Rah Digga, Rage Against the Machine, Roni Size, Roy Campbell Jr., Saigon, Shabaam Sahdeeq, The Spooks, Sporty Thievz, State Radio, Sun Rise Above, Talib Kweli, Terry Callier, Trivium, Shyne, Wyclef Jean, Youssou N'Dour, Zack de la Rocha, Bunny Wailer, Damian Marley, Ziggy Marley e Wu-Tang Clan.

En libros e poesía, atópanse referencias na obra de Mumia Abu-Jamal, Lorenzo Thomas, Ross Gai, Dave Eggers, Malcolm Gladwell, Jeffrey McDaniel, Harlan Coben, Inga Muscio e Charlie Huston.

Tamén hai referencias ao caso Diallo no cinema e a televisión : atopámolas en 25th Hour, Phone Booth, Double Take, The Awful Truth, Louis Theroux's Weird Weekends, NYPD Blue, Law & Order, The Boondocks (serie de televisión) e Tell No One.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar