Lingua fula
A lingua fula (tamén chamada peul, fulani, pulaar, fulbe, fulfulde) é unha lingua de África Occidental, especialmente da África subsahariana máis próxima ao Sahel, falada pola etnia fula, que abrangue dende Senegal até o Camerún e o Sudán. É falada por unhas 10-16 millóns de persoas e ten un status de lingua oficial en Mauritania, Senegal, Malí, Guinea, Burkina Faso, Níxer, Nixeria e mais no Camerún.
Fula Fulfulde, Pulaar, Pular | ||
---|---|---|
Outros nomes: | fulani | |
Falado en: | Sahel | |
Rexións: | África Occidental, África Central | |
Total de falantes: | 10-16 millóns | |
Familia: | Atlántico-Congo Atlántico Atlántico setentrional Senegambiano Fula-wolof Fula | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Malí e Burkina Faso Recoñecido como lingua minoritaria en Níxer, e o Camerún. | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | sw
| |
ISO 639-2: | swa | |
ISO 639-3: | swa
| |
SIL: | SWA
| |
Mapa | ||
Status | ||
Fonoloxía
editarO inventario de consoantes do fula é o seguinte:
Labial | Alveolar | Palatal | Velar | Glotal | |
---|---|---|---|---|---|
oclusiva | p, b | t, d | k, g | ʔ | |
implosiva | ɓ | ɗ | ʄ | ||
fricativa | f | s | ʝ | x | |
nasal | m | n | ɲ | ŋ | |
aproximante | r, l | y | w |
Nalgúns dialectos do fula non existe a serie de implosivas. Polo demais o inventario anterior é moi semellante á da lingua wolof, coa excepción de que nesa outra lingua atlántica non existe nin serie de implosivas nin a oclusiva glotal.
Xeitos de escritura
editaralfabeto latino
editarCando se escribe úsase o alfabeto latino, con algúns caracteres adicionais para representais fonemas ou sons específicos Ɓ/ɓ, Ɗ/ɗ, Ŋ/ŋ, Ñ/ñ, Ƴ/ƴ (ex. implosiva B, implosiva D, velar N [sons coma o grafo "nh" galego en "unha" por exemplo], palatal N, exectiva Y). O apóstrofo (ʼ) úsase coma unha pausa glotal. En Nixeria ʼy substitúe ƴ, e no Senegal ñ úsase no canto de ɲ.
Alfabeto fula
editara, aa, b, mb, ɓ, c, d, nd, ɗ, e, ee, f, g, ng, h, i, ii, j, nj, k, l, m, n, ŋ, ny (ou ñ ou ɲ), o, oo, p, r, s, t, u, uu, w, y, ƴ
As letras q, x, z só se empregan nalgúns casos en estranxeirismos. No pular de Guinea atopamos unha letra adicional: ɠ.
Escritura árabe
editarO fula tamén se escribiu no pasado con caracteres árabes ou Ajami pero foi antes da colonización. Nalgunhas zonas de Guinea aínda os usan.
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua fula |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- M. Orozco e F. Roca (2006): El Fula i el Wòlof:Estudi comparatiu entre les gramàtiques del Fula i el Wòlof, Barcelona, ISBN 84-393-7034-2.