Adrien Prévost de Longpérier

numismático e orientalista francés


Henri Adrien Prévost de Longpérier, nado en París o 21 de setembro de 1816 e finado na mesma cidade o 14 de xaneiro de 1882, foi un numismático, orientalista e conservador de museo francés.

Infotaula de personaAdrien Prévost de Longpérier

Caricatura de
Adrien Prévost de Longpérier

Biografía
Nacemento21 de setembro de 1816
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xaneiro de 1882 (65 anos)
París.
President of the Société de l'histoire de Paris et de l'Île-de-France (en) Traducir
15 de xuño de 1875 – 13 de xuño de 1876
← Léopold Delisle (pt) TraducirFerdinand Guilhermy (pt) Traducir →
Conservador Department of Egyptian Antiquities of the Louvre (en) Traducir
1847 – 1848
← Jean-François ChampollionEmmanuel de Rougé (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Francesa.
Coñecido porConservador do Louvre.
Director de Revue numismatique.
Actividade
Campo de traballoNumismática, arqueoloxía e museoloxía.
Ocupaciónnumismático , conservador , arqueólogo , Asiriólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAcadémie des inscriptions et belles-lettres.
Accademia delle Scienze di Torino.
Comité des travaux historiques et scientifiques.
Commission scientifique du Mexique.
Société de l'histoire de Paris et de l'Îlle-de-France.
Société royale des antiquaires de France.
Société asiatique.
Société française de numismatique.
Royal Numismatic Society.
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Premios
Comendador da Lexión de Honra.

Traxectoria editar

Adrien era fillo de Henri Simon Prévost de Longpérier, comandante da Garda Nacional que chegou a ser alcalde de Meaux de 1840 a 1848.[1][2]

En Meaux, unha vila da Illa de Francia, Longpérier estudou grego, latín, hebreo, persa e árabe, e xa na súa xuventude comezou a interesarse pola numismática, disciplina que o ocuparía durante toda a súa vida.[3]

O 18 de maio de 1836 ingresou, con 20 anos, no Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, onde en 1842 acadou a condición de primeiro empregado.[1] O 11 de febreiro de 1847 foi nomeado conservador da segunda división de antigüidades do Museo do Louvre, que abranguía os obxectos árabes, exipcios e orientais de todas as épocas.[3] Foi o único conservador desta institución que en 1848 non resultou despedido durante o cambio de réxime,[4] e permaneceu vinculado a este museo ata a súa dimisión en 1869, provocada por unha discusión co superintendente de Belas Artes, Nieuwerkerke.[5][6][7]

Entre os seus numerosos intereses científicos figuran tamén as civilizacións americanas e as antigüidades nacionais: Longpérier foi o impulsor da creación dun museo americano no Louvre (1850),[8] e un dos membros da comisión que creou o Museo de Saint-Germain-en-Laye.[6] Entre outros fitos, durante o seu período no Louvre participou na creación do museo asirio desta institución (1847), organizou a galería de antigüidades americanas (1851) e recibiu a colección Campana (1861)

En paralelo ao seu traballo no Gabinete de Medallas, redactou varios catálogos de venda de grandes coleccións de medallas, entre elas as de John Staples Harriot (1843), Linck (1843) e Faudel (1844).[7]

Xunto con Jean de Witte fundou en 1855 o Bulletin archéologique de l'Athenaeum français, que só durou un ano, e en 1856, logo da marcha de Louis de la Saussaye, Adrien de Longpérier asumiu a dirección da Revue numismatique, tamén con Jean de Witte, e ocupou este cargo ata 1876.[6][9] Durante ese período publicáronse 15 volumes da revista.[7]

Entre outras sociedades eruditas e entidades asociativas, en 1838 ingresou na Sociedade de Anticuarios de Francia. O 27 de maio de 1854 foi elixido membro da comisión de antigüidades francesas da Académie des inscriptions et des belles-lettres,[10] e en 1875 foi un dos fundadores da Asociación para a Promoción dos Estudos Gregos en Francia.[6] Ese mesmo ano ingresou na Accademia dei Lincei e foi tamén membro da Sociedade de Anticuarios de Londres.[7] Igualmente, pertenceu á Academia Real de Bélxica,[11] ao Instituto de Francia e á Real Academia das Ciencias de Turín.[12][13]

Longpérier foi tamén membro do Comité de Traballos Históricos e Científicos de Francia, desde 1858, formando parte da comisión central e da comisión de México desta institución.[6]

En recoñecemento da súa traxectoria erudita, foi recoñecido como cabaleiro (1830), oficial (1863) e finalmente comendador (1878) da Lexión de Honra.[6][7][14]

Finou en París o 14 de xaneiro de 1882, no número 47 da rúa Scheffer, aos 65 anos.[6]

Publicacións editar

Esta é unha escolma dalgúns dos traballos monográficos publicados por Adrien Prévost de Longpérier ao longo da súa traxectoria académica:

Monografías editar

Separatas de Revue numismatique editar

 
Lámina XI de Notices de cent deniers de Pépin, de Carloman et de Charlemagne trouvés près d'Imphy en Nivernais (1858).

Separatas de Revue Archéologique editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Sarmant, Thierry (1994). Páxina 286.
  2. Witte, J. de. (1884). Páxina 6.
  3. 3,0 3,1 Caubet, A. (2009). Páxina 208.
  4. Sarmant, Thierry (1994). Páxina 279.
  5. Caubet, A. (2009). Páxina 210.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 "Prévost de Longpérier Henry Adrien". Comité des travaux historiques et scientifiques (Cths.fr).
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Longpérier, Adrien (de)". Dictionnaire critique des historiens de l'art (INHA.fr).
  8. Caubet, A. (2015).
  9. "Directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. (1986). "La Revue Numismatique a 150 ans". En Revue Numismatique. Páxinas 24-25, 47.
  10. "Académiciens depuis 1663". Académie des inscriptions et des belles-lettres (Aibl.fr).
  11. Witte, J. de. (1884).
  12. "Henri Adrien Prevost de Longpérier". Accademia delle Scienze di Torino (Accademiadellescienze.it).
  13. Vincenzo, P. (1882).
  14. "Prevost de Longpérier". Base de donées Léonore. Archives Nationales (Leonore.archives-nationales.culture.gouv.fr).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar