Louis de la Saussaye

historiador, numismático e erudito francés do século XIX


Jean François de Paule Louis Petit de La Saussaye, nado en Blois, Loir e Cher, o 6 de marzo de 1801 e finado no castelo de Troussay, en Cheverny, Loir e Cher, o 25 de febreiro de 1878, foi un historiador, numismático e erudito francés do século XIX.

Infotaula de personaLouis de La Saussaye

Louis de la Saussaye,
pintado por Emma Leroux de Lincy (1845)
Biografía
Nacemento7 de marzo de 1801
Blois, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte25 de febreiro de 1878 (76 anos)
Cheverny, Loir e Cher.
Q48702972 Traducir
1856 – 1873
Presidente Société nationale des Antiquaires de France (en) Traducir
1846 – 1846
← Arthur Nouail de La Villegille (pt) TraducirAlphonse Taillandier (pt) Traducir →
Q61744647 Traducir
1842 – 1870 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Francesa.
Coñecido porPresidente da Sociedade de Anticuarios de Francia.
Reitor da Academia de Lión.
Actividade
Campo de traballoHistoriografía e numismática.
Ocupaciónnumismático , historiador , arqueólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAcadémie des inscriptions et belles-lettres.
Académie des sciences, belles-lettres et arts de Lyon.
Société linnéenne de Lyon.
Société des sciences et lettres de Loir-et-Cher.
Comité des travaux historiques et scientifiques.
Société française d'archéologie.
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAméliePetit-Parreau (1828).
Premios
Comendador da Lexión de honra (1869).

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Louis de la Saussaye naceu na vila de Blois, departamento de Loir e Cher, o 15 ventoso do ano IX do calendario republicano francés, equivalente ao 6 de marzo de 1801.[1][2][3] Procedía dunha antiga familia de Orleáns,[4] fillo de Anne Louise e de François de Paule de La Saussaye.[5] Ao morrer o seu pai cara a 1815, foi acollido polo seu tío, M. de Réméon, e pasou a residir no castelo de Troussay, en Cheverny.[2]

Carreira erudita editar

Logo de estudar o bacharelato de letras no Collège de Blois, iniciouse na carreira militar e logo ocupou diversos postos ao servizo do rei, entre eles o de recadador de impostos en Blois e bibliotecario na mesma cidade.[2] Posteriormente dedicouse aos estudos históricos e participou en diversas escavacións arqueolóxicas nos castelos do Val do Loira e na rexión de Blésois, onde realizou debuxos dos achados que se sucedían.[2] En 1835, acadou unha medalla no concurso nacional de antigüidades, pola publicación dunha memoria sobre a historia da zona de Sologne, na rexión de Centro-Val de Loira.[3][5]

 
O castelo de Troussay, onde residiu e finou Louis de La Saussaye

En 1828, Louis de la Saussaye recibiu en herdanza do seu tío castelo de Troussay,[6] cuxa restauración dirixiu posteriormente, xunto co arquitecto Jules de la Morandière.[1][7]

Foi un erudito autodidacta. Como numismático, foi o fundador e primeiro director da revista Revue de la numismatique française,[3] entre 1835 e 1855, xunto con Étienne Cartier.[5][8] Esta revista, cuxo primeiro número apareceu en 1836, simplificou posteriormente o seu nome a Revue numismatique e tivo unha grande influencia no coñecemento das moedas celtas da Galia, asunto no que de la Saussaye centrou algunhas das súas publicacións.[9][10]

Durante o Segundo Imperio foi nomeado conselleiro xeral de Loira e Cher, polo cantón de Blois oeste, cargo que exerceu entre 1842 e 1869. O 22 de agosto de 1854 recibiu o nomeamento como reitor da Academia de Poitiers, e en setembro 1856 da de Lión.[1] Xubilouse do ámbito académico o 1 de setembro de 1874, despois de 20 anos de servizo, por causa da súa deficiente saúde.[2][3][5]

De la Saussaye participou tamén, como benfeitor, no acrecentamento dos fondos da biblioteca de Blois, entre 1832 e 1855.[1] En 1863, parte da súa colección numismática, sinaladamente composta por moedas galas, foi adquirida para o Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión.[11]

Foi recoñecido coa pertenza a varias institucións eruditas, entre elas a Société nationale des antiquaires de France (desde 1833),[3] a Académie des inscriptions et belles-lettres (desde o 17 de xaneiro de 1845), a Académie des sciences, belles-lettres et arts de Lyon (desde o 9 de xuño de 1857) ou o Comité des travaux historiques et scientifiques (de 1838 a 1870). Ademais, en 1855 concedéuselle o título de Oficial da Lexión de Honra,[1] e en 1869 foi nomeado a comendador.[2][5]

En 1828, Louis de la Saussaye casou con Amélie Petit-Parreau, con quen tivo varios fillos.[2] Amélie era filla do de Blois, quen lle cedeu o seu cargo a Louis.[1]

Faleceu no castelo de Troussay o 24 de febreiro de 1878,[1][2][3][5] e foi soterrado no cemiterio de Blois.[12]

Publicacións editar

Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Louis de la Saussaye ao longo da súa traxectoria académica:[1][2][3][5][13]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "La Saussaye Jean-François-de-Paule-Louis de". Comité des travaux historiques et scientifiques.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "La Saussaye Jean François Paule Louis Petit de". En Condette, J-F. (2006). Les recteurs d'académie en France de 1808 à 1940. Tome II. Institut national de recherche pédagogique. Páxina 248. ISBN 2-7342-1046-0
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Bulletin de la Société nationale des antiquaires de France. París, 1879. Páxinas 37-38.
  4. Péan, A. (1860). Histoire généalogique de la maison de La Saussaye. Louis Perrin, Lión.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Poidebard, W. et al. (1907). Armorial des bibliophiles de Lyonnais de Lyonnais, Forez, Beaujolais et Dombes. Páxina 340.
  6. "Route François Ier en Val de Loire". Routesfrancois1.com
  7. "Sur les traces de Louis de la Saussaye au château de Troussay, à Cheverny". La Grenouille (Lagrenouilleenvue.blogspot.com).
  8. "Directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. "La Revue Numismatique a 150 ans"". En Revue Numismatique. 1986. Páxina 47.
  9. Lafaurie, J. "La Revue Numismatique a 150 ans". En Revue Numismatique. 1986.
  10. "Les précurseurs de la numismatique gauloise au XIème siècle". Sacramoneta.com
  11. Béghain, P. et al. (2009). Dictionnaire historique de Lyon. Stéphane Bachès, Lión. Páxina 834. ISBN 978-2-915266-65-8
  12. "Blois (41): cimetière de Blois-ville". Cimetières de France et d'ailleurs (Landrucimetieres.fr).
  13. "Louis de La Saussaye". Books.google.com

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Donné, J-P. (2016). "La Saussaye Louis de (1801-1878)". En Saint-Pierre, D. (dir.). Dictionnaire historique des académiciens de Lyon 1700-2016. Éditions de l'Académie, Lión. Páxinas 732-735. ISBN 978-2-9559433-0-4