Acisclo Manzano

escultor galego
(Redirección desde «Acisclo Manzano Freire»)

Acisclo Rogelio Manzano Freire, nado en Ourense o 6 de maio de 1940, é un escultor galego.

Modelo:BiografíaAcisclo Manzano

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de maio de 1940 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoExpresionismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFrancisco Asorey Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX895406 BUSC: manzano-acisclo-1940

Traxectoria

editar

Estudou na Escola de Formación Profesional Acelerada e na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Traballou nun curto período no obradoiro de Francisco Asorey. Integrouse no grupo "O volter" con Xaime Quessada e Xosé Luís de Dios e no grupo "Sete artistas galegos", con Manuel Buciños, Arturo Baltar, Virxilio Fernández Cañedo e Xavier Pousa Carrera.

Foi medalla nacional de Arte Xuvenil e realizou exposicións individuais en España e fóra dela. No ano 2008[1] é nomeado académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes na sección de escultura.

En 2023 premio Alecrín da Cultura das entidades culturais galegas en Cataluña.[2]

Empezou cun expresionismo de extraordinaria forza. Máis tarde foi cara a formas recluídas, vagamente figurativas. A etapa ibicenca está directamente inspirada nos restos fidianos do Partenón.

Ten ilustrado distintas obras dos escritores Luís González Tosar e Miguel Mosquera Paans.

Publicacións

editar

Archivos de la memoria y el mar[3][4], Ourense, 2008.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar