Mercedes Gallego

historiadora da arte e política galega
(Redirección desde «Mercedes Gallego Esperanza»)

María de las Mercedes Gallego Esperanza, nada en Ourense o 1 de xaneiro de 1952, é unha historiadora da arte e política galega.

Infotaula de personaMercedes Gallego
Biografía
Nacemento(es) Mercedes Gallego Esperanza Editar o valor em Wikidata
1 de xaneiro de 1952 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 634049

Traxectoria editar

Licenciouse e posteriormente doutorouse en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid. Posteriormente aprobou unhas oposicións para dar clase no ensino secundario como catedrática de Xeografía e Historia no IES O Couto da cidade de Ourense, do que foi directora entre 1999 e 2004.[Cómpre referencia] Nese ano presentouse ás eleccións de 2004 encabezando a candidatura ourensá do PPdeG ao Senado, pola que resultou elixida.[1] Permaneceu na Cámara Alta durante os catro anos da lexislatura,[2] tempo tras o que se reincorporou ao ensino. No ano 2012 ocupou a xefatura Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense.[3]

Foi presidenta do Grupo de Arte Francisco de Moure (Ourense) entre 1993 - 2005.[Cómpre referencia]

Obra editar

Tamén escribiu os textos dos catálogos de diversas exposicións, como as dos artistas Xavier Cuíñas ou Carmucha Vázquez Prats, ademais de numerosos artigos de arte en xornais e revistas especializadas.[5]

Notas editar

  1. "El PP renueva en Ourense a tres, mantiene otros tantos y permuta los cónyuges del matrimonio González-Leyte". ourensedixital.com. Consultado o 20 de febreiro de 2019. 
  2. "Ficha da senadora". senado.es (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2019. 
  3. "La exsenadora Mercedes Gallego, jefa territorial de Educación". La Región (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2020. 
  4. "Mercedes Gallego se inicia en el relato de ficción". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xaneiro de 2018. Consultado o 20 de febreiro de 2019. 
  5. "María de las Mercedes Gallego Esperanza". Dialnet (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar