Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo
A Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo é unha corporación de dereito público, de carácter cultural, fundada polos bispados de Ourense e Mondoñedo-Ferrol, que ten como fins a investigación e difusión da figura de San Rosendo. [1]
Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo | |
---|---|
Tipo | asociación cultural |
Data de fundación | 2008 |
Sede | Mondoñedo |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarFoi constituída en Celanova o 22 de novembro de 2008, coincidindo coa clausura do Ano Xubilar de San Rosendo. Foi promovida polas dioceses de Mondoñedo-Ferrol e Ourense, sendo os seus padroádegos os correspondentes bispos Luís Quinteiro Fiúza e Manuel Sánchez Monge. Está presidida polo teólogo Segundo Leonardo Pérez López.
Entre os académicos hai teólogos, historiadores, escritores, artistas plásticos e investigadores.[2].
A Academia edita a revista Rudesindus[3].
Ten a súa sede no pazo episcopal de Mondoñedo. Foi inaugurada o 28 de febreiro de 2009, coincidindo co cabodano do pasamento de Álvaro Cunqueiro.
Académicos
editar- Julián Barrio Barrio, arcebispo de Santiago de Compostela.
- José María Díaz Fernández, cóengo arquiveiro da catedral de Santiago de Compostela.
- Pilar de Torres Luna, xeógrafa. Universidade de Santiago.
- José Manuel García Iglesias, historiador da arte. USC.
- José Miguel Andrade Cernadas, historiador da arte. USC.
- Manuel Carriedo Tejedo, investigador medievalista. León.
- Juan M. Monterroso Montero, historiador da arte. USC.
- Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, historiador. Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.
- Domingo L. González Lopo, historiador. USC.
- María Beatriz Vaquero Díaz, historiadora. Universidade de Vigo.
- Ramón Yzquierdo Perrín, historiador da arte. Universidade da Coruña.
- Ramón Pernas López, escritor e xornalista. Viveiro.
- Manuel Recuero Astray, historiador. Universidade da Coruña.
- Ramón Loureiro Calvo, escritor e xornalista. Ferrol.
- Manuel García de Buciños, escultor. Ourense.
- Cesáreo Iglesias Grande, párroco de San Rosendo de Celanova.
- Francisco Singul Lorenzo, historiador da arte. Santiago de Compostela.
- Antonio Piñeiro Feijoo, xornalista. Celanova.
- Segundo Leonardo Pérez López, teólogo cóengo da catedral de Mondoñedo.
- Miguel Ángel González García, cóengo arquiveiro da catedral de Ourense.
- Rubén Lois González, xeógrafo. Universidade de Santiago.
- Francisco Carvalho Correia, historiador. Santo Tirso (Portugal).
- José Luis López Sangil, historiador medievalista. A Coruña.
- Francisco J. Rodríguez Pérez, historiador. Universidade de Vigo.
Notas
editar- ↑ Delegación para el Año Santo de San Rosendo (27 de maio de 2008). "Decreto de aprobación de la constitución de la Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo" (PDF). Boletín Oficial Obispado de Ourense (BOO) (en castelán). xuño 2008: 844–845. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de febreiro de 2016. Consultado o 12 de abril de 2019.
- ↑ "Contitúese a Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo", artigo en culturagalega.org, 24 de novembro de 2008.
- ↑ García, Jesús Manuel (11 de xuño de 2008). "La revista «Rudesindus» nace como portavoz de la Academia de Estudios Rosendianos" ["A revista Rudesindus nace como portavoz da Academia de Estudos Rosendianos"]. La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30/06/2012. Consultado o 04/10/2010.