Luís Quinteiro Fiúza
Luís Quinteiro Fiúza, nado en Sabrexo (Vila de Cruces) o 26 de xuño de 1947, é un relixioso católico galego, dende o ano 2010 bispo da diocese de Tui-Vigo.[1]
Luís Quinteiro Fiúza | |
---|---|
![]() | |
Bispo da Igrexa católica latina | |
Biografía | |
Nacemento | 26 de xuño de 1947 en Sabrexo, Vila de Cruces |
Alma máter | Universidade Pontificia de Comillas Universidade Pontificia Gregoriana |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 27 de xuño de 1971 |
Consagración episcopal | 19 de xullo de 1999, por Julián Barrio |
Bispo de Tui-Vigo | |
2010 - actualidade | |
Predecesor | Xosé Diéguez Reboredo |
Cargos anteriores | Bispo de Ourense (2002-2010) Bispo auxiliar de Santiago de Compostela (1999-2002) |
Outros | |
![]() Escudo de Luís Quinteiro Fiúza | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Traxectoria Editar
Luís Quinteiro Fiúza naceu en Sabrexo (Vila de Cruces) o 26 de xuño de 1947.
Realizou os seus estudos eclesiásticos no seminario de Santiago de Compostela, a Universidade Pontificia de Comillas, a Universidade Pontificia Gregoriana de Roma e o Instituto de Teoloxía de Múnic. Licenciouse en Teoloxía e Filosofía, e doutorouse en Filosofía pola Universidade Pontificia Gregoriana de Roma.
Foi formador do seminario menor de Santiago, coadxutor da parroquia de San Xoán Apóstolo de Santiago, capelán das Rvdas. Relixiosas Calasancias de Santiago e profesor do Instituto Teolóxico Compostelán.
Ocupou os cargos de director do Burgo das Nacións (da USC), director do Instituto Teolóxico Compostelán, reitor do seminario maior de Santiago de Compostela, deán da S.A.M.I. Catedral de Santiago de Compostela, vigairo xeral do arcebispado de Santiago de Compostela e bispo auxiliar de Santiago de Compostela (1999-2002).
Foi nomeado bispo da diocese de Ourense o 22 de setembro de 2002, e bispo da diocese de Tui-Vigo o 28 de xaneiro de 2010.[1]
Obra Editar
- El realismo trascendental de J. I. de Alcorta. Roma: Pontificia Universidade Gregoriana. 1987.
- Jesucristo ayer, hoy y siempre. Fundación Pedro Barrié de la Maza. 2001.
- Repensar la metafísica: desde el realismo trascendental de J. I. de Alcorta. Instituto Teolóxico Compostelán. 2002.
- ¡Llévame! Take me!: las flechas amarillas te conducen a Compostela, este libro quiere caminar contigo. 2003.
Cartas pastorais Editar
- La eucaristía, fuente de vida eclesial: carta pastoral del Obispo de Ourense. Bispado de Ourense. 2006.
- El obispo Rosendo Salvador Rotea, apóstol del Evangelio en Australia y desde Australia: carta pastoral. Bispado de Tui-Vigo. 2014.
Sucesión apostólica Editar
- Artigo principal: Sucesión apostólica.
- Luís Quinteiro Fiúza (1999)
- Julián Barrio (1993)
- Antonio María Rouco Varela (1976)
- Ángel Suquía (1966)
- Antonio Riberi (1934)
- Pietro Fumasoni (1916)
- Domenico Serafini (1900)
- Serafino Vannutelli (1869)
- Constantino Patrizi Naro (1828)
- Carlo Odescalchi (1823)
- Giulio Maria della Somaglia (1788)
- Hyacinthe-Sigismond Gerdil (1777)
- Marcantonio Colonna (1762)
- Carlo della Torre Rezzonico (1743)
- Prospero Lorenzo Lambertini (1724)
- Pietro Francesco Orsini (1675)
- Paluzzo Paluzzi Altieri degli Albertoni (1666)
- Ulderico Carpegna (1630)
- Luigi Caetani (1622)
- Ludivico Ludovisi (1621)
- Galeazzo Sanvitale (1604)
- Girolamo Bernerio (1586)
- Giulio Antonio Santorio (1566)
- Scipione Rebiba (1541)
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 "Biografía do bispo de Tui-Vigo". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de marzo de 2018.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Carlos Osoro Sierra |
2002 - 2010 |
Sucesor: Leonardo Lemos Montanet |
Predecesor: Xosé Diéguez Reboredo |
2010 - actualidade |
Sucesor: no cargo |